Eleccións municipais 2023

 Mañá hai eleccións municipais de novo. Dende a perspectiva dese canódromo en que desemboca a política cando se reduce a mera contenda electoral, o can con máis posibilidades de gañar é o amado líder vigués, o Pablo Motos da política-show para o cal a única dúbida é saber se sacará 19, 20 ou 21 actas das 27 en xogo. Di o escritor de ciencia ficción Ted Chiang que a Intelixencia Aritificial é "un JPG borroso de toda a internet". Ás veces penso no alcalde desta cidade neses mesmos termos. Unha media aritmética dos desexos e esperanzas da cidadanía viguesa, máis hiperrealista que borroso pero igual de axustado ás esperanzas e ilusións medias desas supostas clases medias que viven nesta vila de tamaño medio. Unha media de medias que reflicte unha tristura contemporánea relacionada coa conformidade absoluta co-que-hai, unha situación de impasse entre a defunción do postcapitalismo e o xurdimento dese algo horrible que vai prefigurándose no horizonte como consecuencia da conxunción simultánea de varias crises solapadas.

O amado líder vigués, socialdemócrata polas mañás e neoliberal polas noites, que diría @ofunambulista (aka David Rodríguez), político criado no franquismo e economista postmarxista reconvertido a non-se-sabe-que, ten reducido a política local a unha sucesión de performances que, máis alá da vergoña allea que nos producen a algúns, resultan eficaces no seu propósito de non saírse do estreito carril da medianía, da mediocridade calculada e abrazada con alegría. A vella dimensión exemplarizante da política ten sido suprimida con violencia. O lema trumpista "a o conflito xenera atención, e a atención xenera influencia" ten sido aquí levado moito máis alá das súas premisas iniciais. Non so o conflito xenera a atención. O desleixo da institucionalidade reemplazada por shows vergoñentos produce unha simpatía estraña similar a que no circo se experimenta polo paiaso que cae e recibe tartazos unha e outra vez. A tontería hiperbólica xenera un espazo ambiguo no que un pode rirse mentras empatiza de forma algo enferma coa persoa que fai as estupideces. A area política, reducida a unha pista circense amplificada polos medios de comunicación e as redes sociais, é ocupada por unha figura que le correctamente as coordenadas emocionais e morais da nosa sociedade contemporánea. Ausente claquera proxecto emancipador ilusionante do horizonte da maior parte da cidadanía, e reducida a política a simple xestión do-que-hai e a promoción incesante da marca "Vigo", so nos queda contemplar con fatiga a perspectiva doutros catro anos máis do mesmo: "humanizacións" (beirarúas máis anchas, xardineiras por todas partes, tala de árbores), gastos descomunais en intervencións urbanas con moi pouco sentido, promoción turística incesante, victimismo localista fronte a unha Xunta de Galicia que aparece como a némese da cidade, e control absoluto dos medios de comunicación locais.

En fin, mañá toca outro episodio desa teleserie chamada "a festa da democracia". Disfrutemos. Yupi.

 

Apuntes para unha nova cartografía sentimental: o cadillac solitario como síntoma

Escoito na radio (en Radio 3 concretamente) unha versión en modo trap da coñecida canción "Cadillac solitario" de Loquillo, pequeno himno sentimental dos que vivimos a adolescencia nos remotos anos oitenta. O ritmo lento que lle impón o autor, Chico Blanco, coa súa autotuneada voz declamando como se estivera recitando unha oración queixosa, xunto cun fondo narcótico de sintetizadores que reempraza a sonoridade clásica de guitarra-baixo-batería, dalle unha nova dimensión musical ao tema. A melodía principal segue funcionando con éxito. Na miña cabeza unha voz vai cantando as estrofas milimétricamente ao ritmo terminal que marca Chico Blanco. Ao tempo, outra parte de min analiza o que se está a dicir, o contido textual e, claro, as alarmas van saltando por todas partes. O meu eu de 2023 remata mirando con certo asombro ao meu eu de 1983 (84?) preguntándose: WTF? Vexamos porqué.

O estereotipo que reproducía o personaxe Loquillo atopaba a súa máxima expresión sentimental no protagonista desta canción: un home que, víctima dun desengano amoroso, entregáse a unha espiral de sexo e alcohol buscando olvidar o dano infrinxido pola amante fuxida. Esta mística do home-illa incapaz de expresar emocións e unicamente capacitado para tratar de enterralas en litros de alcohol e sexo mecánico (isto, probablemente, outra fantasmada propia da época), procede dun estereotipo cunha raigame moito máis antiga.

Porén, a súa expresión artística na Expaña de 1984 (83?) tiña un público especialmente receptivo a este tipo de mensaxes. A etapa do postfranquismo, lonxe de abrir un horizonte de liberdade entendida como transformación democrática radical da sociedade da época, serviu para engancharse á estela do carro neoliberal de entón. Os ecos dos movementos polas liberdades que mobilizaran con forza as sociedades occidentais dos anos 60 e 70 capturaron o fluxo do desexo desatado tras o final do nacional catolicismo coas bridas do consumo e a idea do "eu" como marca persoal por riba de todas as cousas. A sociedade expañola de mediados dos oitenta, como xa se ten dito moitas veces, tras a etapa de mobilizacións obreiras e politización antifranquista dos anos setenta, transicionou dende o fascismo nacional-católico a unha seudodemocracia liberal (que evolucionaría a neoliberal con rapidez). Polo camiño produciría un tipo de subxectividade -fundamentalmente entre as súas clases medias- a medio camiño entre ambos polos ideolóxicos: machista, individualista, conservadora para os asuntos públicos, liberal para os asuntos privados, profundamente desconfiada de calquera reinvidicación de tipo "político" e desexosa de deixar atrás toda a etapa de conflitividade social que atravesara a década anterior.

Neste caldo de cultivo, moitas expresións artísticas recollen os valores dominantes e os encapsulan en formas "novedosas" para o gran público da época. Digo "novedosas" porque o rock dos oitenta non deixou de ser unha volta ás prácticas musicais do mundo anglosaxón dos anos cincuenta, sesenta e setenta. A estética, case tan fundamental como as propias cancións, xogou un papel crucial nos procesos de identificación, en especial no que se refire ás capas adolescentes da poboación da época. E así, unha serie de mensaxes profundamente conservadoras sobre a masculinidade e as relacións sentimentais, pasaron de contrabando como o colmo da modernidade e do progresismo grazas ao contraste cos valores dominantes da época anterior e ao verniz subministrado polas prácticas estéticas. Mentras o resto do mundo aprestábase a acoller os discursos da terceira ola feminista do século XX, en Expaña o máximo da modernidade musical na súa versión máis popular consistía en cantarlle ao desamor dende unha perspectiva profundamente retrógada.

Por resumir, que ven sendo o Cadillac solitario para quen esto escribe visto cos ollos de 2023? Fundamentalmente, unha cristalización ideolóxica dun momento histórico moito máis conservador do que pensabamos entonces e que non pasa a proba do nosos estándares actuais do que debería ser "ser un home". Porén, o artefacto conta cunha tonada afortunada (grazas a un compositor en estado de gracia -Sabino Méndez-), e, crucialmente, está cantada por un Loquillo imponente (alto, macarra, sobrado de chulería) que representaba o culmen da masculinidade do tempo, reforzada, ademais, por esa idea horrible de "autenticidade" que destilaban os rockers naquel momento baseada nas orixes obreiras do cantante. Hoxe sabemos que a letra da canción é simplemente estúpida -como case todas as de entón-, e que na sintonización cos valores dominantes da época está parte do segredo do seu éxito. O meu eu de entón, fascinado pola combinación de música e estética e seducido polo contido do que alí se dicía, adoptou interiormente a canción como unha sorte de himno propio, como un ideal de vida para un homiño habitante do último cuarto do século XX. Por sorte, demasiado cobarde para afrontar a vida dende semellantes coordenadas, incapaz nunca de adoptar semellante pose na realidade.

Visto cos ollos de 2023, o Cadillac solitario é un produto case arqueolóxico (un destinado ás emisoras como rock fm e similares), considerado por gran parte dos integrantes da miña xeración como unha cima da musica de entón. Para min supón un fito. Unha baliza que da conta do meu propio percorrido. De cando era un machista ignorante de tal condición (agora sigo sendo machista, penso que é inevitable con tantos anos enriba, pero como o sei, procuro ir corrixíndome). De alguén que fun, inxenuo, acrítico,  impresionable con estupideces, desfrutando de privilexios dos que nin sequera tiña conciencia. Non estou orgulloso.

O diario de Willy Sifones 2022-2002

 Da man da editorial (efémera) (ou non) Romero&Romero, chega o ladrillo que ninguén estaba esperando:


Ideado e producido por Cristina Romero e Rafa Romero, con un limiar do propio Rafa e outro de Antonio Doñate, e maquetado exquisitamente por Xose Carlos Hidalgo, o libro recolle todas as entradas deste blog (sen revisións nin cambio algún) dende 2022 ata 2002. Edición limitadísima de 25 exemplares, dos cales a metade están reservados para ser repartidos entre as amizades/familia do autor e a outra metade... veremos.

Síntome moi querido. E moi afortunado.

Grazas Cris. Grazas Rafa. Grazas Toni. Grazas Carlos. Sigo en shock, como un surfista borracho sobre unha onda inmensa coa que non contaba, ebrio sobre unha táboa de papel facendo saudiños tontainas aos bañistas e ás gaivotas. Que sensación.

Remata 2022

E esta vez precisaba deixalo consignado.

Que non se me esqueza máis adiante que este ano rematou malia parecer que non ía rematar nunca.

Que non me se esqueza que o 31 de decembro de 2021 paseino ceando na UCI con todo apagado e Cris rodeada por unha constelación de luces vermellas e brancas e por varias pantallas fosforescentes con números que parpadeaban e por vías que entraban como serpes polos seus brazos e o seu pescozo mantendo a súa vida en pé pese a todo.

Que non se me esqueza que no cambio de 2021 a 2022, ás 00.00 horas, tiñamos os auriculares postos para compartir os tres minutos do "Luz" do noso querido Marco Maril mentras entre bágoas nos diciamos feliz 2022, imos saír disto, amor. 

Que non se me esqueza que ás 00.10 do 1 de xaneiro de 2022 saín do hospital coas rúas aínda baleiras, no intervalo no que as celebracións comezan o proceso de trasladarse das casas ao exterior. Que percorrín o tramo que leva a casa dos meus pais co corazón encollido polo medo. Que sentín a beirarúa como unha masa branda que se agarraba aos meus pés. Que me deitei sen saber a hora, o día, o ano no que vivía. E que espertei en 2022 e todas as sensacións seguían alí conmigo.

Que non se me esqueza. Ou, quizais, que si.

Ruido de fondo, 25 anos despois



Un dos libros que máis me marcou no final do século XX foi "Ruido de fondo", de Don DeLillo. Non so a historia, unha sátira sobre o pavor á morte nun mundo de confort material hiperbólico e preocupacións miserabeis sobre aspectos secundarios da existencia, senón o estilo delilliano, un conglomerado de frases tensas e concentradas interrumpidas por fragmentos de anuncios televisivos e conversas alucinadas arredor do absurdo da vida cotiá. Volto a el animado pola estrea da película do mesmo nome a cargo de Noah Baumbach. Vexo o trailer -a peli estreouse en Netflix o pasado 28 de decembro so para o público USA polo de agora- e sorpréndome do look hiperoitentas. Os diálogos que saen neste son calcados aos do libro, os fragmentos das esceas fan pensar que están transplantadas directamente de cada un dos capítulos, e mesmo os personaxes parécense de forma preocupante á imaxe que me fago deles na cabeza nesta segunda lectura do libro. Malia todo isto, unha sensación de pronunciada impostura quédaseme prendida ao corpo. Sen saber moi ben porqué lémbrome do "Psicosis" de Gus Van Sant, copia plano por plano da peli de Hitchcok que xenera unha mestura de irritación e aburrimento no seu visionado.


Así pois, leo por segunda vez, vintecinco anos despois, "Ruido de fondo", na súa edición en castelá a cargo de Gian Castelli Gair en editorial Circe. Descubro que, máis alá das sensacións sobre a paranoia e a vida corroída no occidente máis rico, apenas lembro nada do seu argumento. O Dylar, o accidente químico, os diálogos televisivos e as esceas familiares. Ata aí chega a miña exigua memoria. O resto, un bosque inmenso de microhistorias rizomáticas e de personaxes definidos con precisión e brutalidade ao tempo, sorpréndeme como a primeira vez. O deslumbramento acontece de novo e isto si que me sorprende. No fondo da miña cabeza certos receptores neuronais asociados á fascinación e ao encantamento actívanse de novo tras moito tempo de oxidada inactividade. A prosodia delilliana abruma. En cada párrafo hai mil reflexións agudas que obríganme a repetir lecturas varias veces. Indo no coche, enfebrecido polos efluvios da novela, léolle a Cris un capítulo enteiro en voz alta, unha conversa entre Jack e Babette sobre quen morirá primeiro, un diálogo entre o tráxico e o humorístico que incorpora certo grao de falsedade e actuación e que, enunciado de viva voz, adquire unha dimensión inesperada rodeados de tráfico na AP9. "Que intenso, non?" dime Cris, nun ton ambiguo que parece oscilar de forma borrosa entre a admiración e o aburrimento. "Si", acerto a dicir espertando da miña declamación do capítulo. "Demasiado".


Porén, o que máis me ten chamado a atención nesta segunda lectura é o sentido do humor que vai por debaixo do texto. Un pouco de contrabando, como facendo pequenos malabares nas conversas e nas descricións. A un volume case subliminal, como facendo honra ao título. Unha corrente subterránea na que a sátira e os elementos irónicos rebumbian baixo as reflexións hiperdramáticas e os acontecementos máis tráxicos. Na primeira lectura non me decatara dese ton, así que o primeiro que penso e que é probablemente sexa un defecto da miña lectura. Porén, case no final, atopo un monólogo completo que sintetiza ese espíritu semisarcástico do libro. Trátase do momento no que o pai de Babette despídese da familia Gladney tras unha curta estancia na súa casa, e, para min, recolle as pequenas correntes humorísticas que percorren de forma espallada a narración nunha síntese robusta e coherente:


- No os preocupeis por mí -dijo-. El hecho de que cojee un poco al andar no tiene ninguna importancia. A mis años, las personas cojeamos. La cojera es algo completamente normal cuando se alcanza cierta edad. Y olvidaos también de la tos. Toser es sano. Así mueves la porquería. La porquería no te hace daño a no ser que permanezca inmóvil en un mismo lugar durante años. Resumiendo, que la tos es buena. Lo mismo que el insomnio. El insomnio está muy bien. ¿Qué gano yo con dormir? Uno alcanza una edad en la que cada minuto de sueño es un minuto menos que tienes para hacer cosas útiles como toser o cojear. En cuanto a las mujeres, da igual. Las mujeres también están bien. Alquilas una película y disfrutas del sexo. Ayuda a impulsar la sangre hacia el corazón. Tampoco importan los cigarrillos. Me gusta pensar que me estoy saliendo con la mía en algo. Que dejen de fumar los mormones, si quieren. Terminarán muriéndose de algo igualmente grave. El dinero no es problema. Tengo mis ingresos perfectamente organizados. Pensiones, cero, ahorros, cero, y acciones y bonos cero. Con que no vale la pena que os preocupeis al respecto. De todo eso ya me he ocupado yo. Tampoco os inquieteis por la dentadura. Tengo unos dientes magníficos. Cuanto más sueltos están, más puedes moverlos con la lengua, y con eso la mantienes ocupada. No os preocupeis de los temblores. Todo el mundo tiembla de vez en cuando, y, además, solo me ocurre con la mano izquierda. Para disfrutar de tus propios temblores basta con imaginar que la mano pertenece a otra persona. Y no conviene prestar atención a súbitas e inexplicables pérdidas de peso. No tiene sentido que uno pretenda comer algo que no ve, lo que a su vez resta importancia a los ojos. Tampoco pueden empeorar más de lo que ya están. Olvidaos por completo de la mente. La mente va antes que el cuerpo, tal y como debe ser, así que no os preocupéis por ella. No le pasa nada. Preocupaos del coche. La dirección está fatal. Ha habido que revisar los frenos tres veces. Y el capó se abre de golpe cada vez que hay baches.

O libro sostense de marabilla pasados trinta e cinco anos da súa publicación orixinal. A súa temática ten un renovado interese neste intre pospandémico e de sensación de fin de época derivada da crise medioambiental, social e política. O seu estilo, imitado cando non copiado por lexións de escritores e aspirantes a escritores (xa non digo nada dos blogueiros coma min, en especial fai un par de décadas), segue sendo fascinante. A corrente abrumadora de diálogos e descricións, a mestura de absurdo e lucidez que impregna cada páxina, os intercalados procedentes da tele e a radio, as referencias tecnocientíficas e os momentos anticlimáticos cos que soe pechar os capítulos forman algún dos vimbios que me chaman a atención neste repaso rápido polas súas páxinas. Abraiado pola súa lectura, doume conta da influencia que tivo en min naquel momento da miña vida. Unha especie de detonador do pulo de escribir e un recordatorio constante da potencia da literatura como modo de empuxar a calquera a intentar escribir para explicarse o mundo e un mesmo a si mesmo.

Un diálogo e un (breve) monólogo da serie FLEABAG


 

Na segunda tempada, no terceiro episodio, tras a entrega do premio "á mellor muller de negocios" na empresa da súa irmá, Fleabag toma unha copa coa premiada, unha arrebatadora Kristin Scott-Thomas. O diálogo é simplemente marabilloso:

    ⁃    Cantos anos tes?
    ⁃    58. E ti?
    ⁃     33.
    ⁃    Oh. Non te preocupes. Ponse mellor.
    ⁃    Promételo?
    ⁃     Prométoo. Escoita, estaba nun avión o outro día e deime conta... Bo, eu... Quero dicir, estiven desexando dicir isto en voz alta. As mulleres nacen con dor incorporada. É o noso destino físico. Dores menstruales, dor nos seos, parto, xa sabes. Levámolo dentro de nós mesmas ao longo das nosas vidas. Os homes non. Teñen que buscalo. Inventan todos estes deuses, demos e cousas só para que poidan sentirse culpables polas cousas, que é algo que facemos moi ben pola nosa conta. E logo crean guerras, para que poidan sentir cousas e tocarse entre si, e cando non hai guerras poden xogar ao rugby. E témolo todo sucedendo aquí, dentro. Temos dor nun ciclo durante anos e anos e anos e logo, xusto cando sentes que estás a facer as paces con todo, que sucede? Chega a menopausa. Chega a menopausa e é... ... A máis... ... marabillosa fodida cousa no mundo! E, si, todo o teu chan pélvico se desmorona e tes sofocos e a ninguén lle importa, pero logo... ... Es libre. Xa non es unha escrava, xa non es unha máquina, con partes. Es só unha persoa dedicada aos seus asuntos.
    ⁃    Oh. Dixéronme que era horrible.
    ⁃    É horrendo, pero logo é magnífico. Algo que esperar. Será mellor que volvas a esa festa.
    ⁃    A túa festa.
    ⁃    Mm. Non é unha festa ata que alguén coquetea contigo. E iso é o único realmente malo de envellecer, é que a xente xa non coquetea contigo. A verdade é que non. Non con perigo. Boto de menos entrar nunha habitación e non saber, e que haxa unha especie de enerxía, un desafío. Non o deas por sentado. Non hai nada máis emocionante que unha habitación chea de xente.
    ⁃    Si, agás que a maioría das persoas son ...
    ⁃    Que?
    ⁃    ... Merda.
    ⁃    Mírame. Escoita. A xente é todo o que temos. A xente é todo o que temos. Así que agarra a noite polas súas mamilas e ve a coquetear con alguén. Non, iso non é o que quixen dicir! Oh. Oxalá foses o meu tipo. Lévache esta torta á miña festa e ve a buscar a alguén con quen facer iso.
    ⁃    [Fleabag dálle un bico na boca] Quero facelo contigo.
    ⁃    Non.
    ⁃    Por que non?
    ⁃    Honestamente?
    ⁃    Si.
    ⁃    Non podo estar arrebatada, querida. Vou volver á miña habitación e tomar un martini máis, e se necesitas algo, chámame. Calquera cousa. Podes ter a quen queiras á túa idade.
    ⁃    Excepto a mellor muller nos negocios.
    ⁃    Bo, iso é só porque está esgotada. 33 non é exactamente ... E que fixera Jesús aos 33?
    ⁃    Morrer?
    ⁃    Exactamente! Así que sal e coquetea.  

 


No último episodio da segunda tempada, o cura que vai casar ao seu pai declama un pouco usual sermón sobre o amor:

Entón, resulta que é bastante difícil atopar algo orixinal que dicir sobre o amor. Pero teño unha oportunidade. O amor é horrible! É horrible. É doloroso. É aterrador. Faiche dubidar de ti mesmo, xulgarche a ti mesmo. Afástache das outras persoas na túa vida. Faiche egoísta. Faiche horrible! Fai que che obsesiones co teu pelo. Faiche cruel! Faiche dicir e facer cousas que nunca pensaches que farías! É todo o que calquera de nós quere e é un inferno cando chegamos alí! Entón, non é de estrañar que sexa algo que non queremos facer pola nosa conta. Ensináronme que se nacemos con amor, entón a vida vai de elixir o lugar correcto para poñelo. A xente fala moito diso. Síntese "ben". "Cando se sente ben, é fácil". Pero non estou seguro de que iso sexa certo. Necesítase forza para saber o que é correcto. E o amor non é algo que fan as persoas débiles. Ser un romántico require un inferno de moita esperanza. Creo que o que queren dicir é... ... Cando atopas a alguén que amas... ... Séntelo como esperanza.

 

Wendy Brown, En las ruinas del neoliberalismo

Probablemente este sexa o libro máis importante que levo lido no que levamos de 2022



Cuatro décadas de racionalidad neoliberal han resultado en una cultura política profundamente antidemocrática. Más que sometida a una semiótica economizante, como sostuve en El pueblo sin atributos, la democracia es explícitamente demonizada y al mismo tiempo desguarnecida de protección contra sus peores tendencias. Se la descalifica desde arriba y desde abajo, desde la izquierda y la derecha -Silicon Valley y las élites de las finanzas por momentos la denigran tan ferozmente como los autoritarios y los nacionalistas blancos, aunque por diferentes razones-. Con la democracia así degradada y reducida, el ejercicio del poder político, si no desaparece, está cada vez más privado de modulación por parte de una deliberación informada, de compromiso, responsabilidad y legitimación por voluntad popular. La Realpolitik gobierna, con el resultado de que las maniobras políticas groseras, los negociados, el marketing político, la propaganda engañosa y la indiferencia ante los hechos, el argumento y la verdad, todos siguen descreditando lo político y siguen desorientando a la poblacion sobre el significado o el valor de la democracia. «Interferencias rusas en las elecciones»: en este contexto la frase no tiene el carácter escandaloso que hubiera tenido en otra era de democracia liberal. Lo mismo ocurre con la supresión de votantes, la remoción de las Cortes y del poder legislativo, que se normalizaron y convirtieron en vehículos a través de los cuales el liberalismo plutocrático se vio asegurado. A más desvinculada esté la democracia respecto de los estándares de veracidad, de lo razonable, de responsabilidad y de la solución de los problemas a través de la comprensión y la negociación de las diferencias, más se desacredita como resultado. En combinación con el declive de la calidad de vida en el Norte Global, que fue un rasgo predecible de la globalización neoliberal, y con un futuro existencialmente amenazado, el ataque de la ira populista contra la democracia es inevitable, pero quizás, también, sea el menor de los peligros en el horizonte.

[...]

La privatización económica neoliberal es profundamente subversiva de la democracia. Genera y legitima la desigualdad, la exclusión, la propiedad privada de lo común, la plutocracia y el profundo debilitamiento del imaginario democrático. El otro orden de la privatización que hemos estado considerando, la privatización por familiarización y cristianización, logradas por la extensión de la «esfera personal protegida», subvierte la democracia con valores antidemocráticos de la moral, en vez de con valores antidemocráticos del capital. La infame declaración de Thatcher de que «no existe tal cosa como ˝la sociedad˝» concluye, después de todo: «solo individuos y sus familias».

Al poner en práctica este aspecto de la proclama, se declara la guerra a los principios e instituciones democráticos con una estrategia basada en la familia, más que en el mercado. Convierte la exclusión, el patriarcalismo, la tradición, el nepotismo y el cristianismo en desafíos legítimos a la igualdad de derechos, los límites de los conflictos de interés y el laicismo. Si bien ambos tipos de privatización se producen bajo la rúbrica neoliberal de expandir la libertad contra los dictados del Estado sobre la justicia social o el orden de mercado, la segunda es especialmente importante a la hora de generar la formación psíquica y política de la cultura autoritaria de hoy en día. Los ejes de la religión y la familia -jerarquía, exclusión, homogeneidad, fe, lealtad y autoridad- adquieren legitimidad como valores públicos y forman la cultura pública al unirse a los mercados con el propósito de desplazar la democracia. Cuando este doble modelo de privatización se extiende a la nación misma, la nación se muestra a su vez como un negocio competitivo que necesita hacer mejores tratos y como un hogar inadecuadamente asegurado, asediado por extraños malintencionados. El nacionalismo de derechas oscila entre los dos. Consideremos los discursos de campaña de Trump [de 2016] sobre la historia de los malos negocios internacionales de Estados Unidos desde el comercio hasta la OTAN, de Irán a los acuerdos climáticos y su descripción de Estados Unidos como un país atacado salvajamente por sus fronteras inseguras, así como su promesa de construír un muro en la frontera sur presentando una «grandiosa y bonita puerta grande» a través de la cual los visitantes legales pueden visitar o unirse a «nuestra familia». [...] Lejos de lo público y lo democrático, la nación aparece de forma privada y familiarista con el presidente como el paterfamilias.

Cuando la nación se privatiza y familiariza de esta manera, se vuelve legítimamente intolerante contra las personas aborrecidas en el interior y contra los invasores del exterior; así es como el neoliberalismo planta las semillas de un nacionalismo del que formalmente abjura.

A lentitude do verán

 Estou na praia. Son os minutos que anteceden ao solpor. Unha manta de néboa achégase á nós traendo frío e humidade. O último baño do día resulta estimulante, apurado e mesmo ten un punto urxente. Facemos uns largos coa elegancia dun arroaz lixeiramente despistado. A sensación na auga é de certa inquietude sen foco concreto. O ceo comezando a anubrarse e a luminosidade decrecente van configurando unha atmosfera melancólica. Recollemos as cousas preguiceiramente, a cámara lenta, fotograma a fotograma, entreténdonos en cada segundo do noso proceso como se en calquera momento puidéramos voltear a frecha do tempo e a tendencia á entropía crecente e voltar ao mundo previo a ese segundo. Somos robots que se estiran. Máquinas de carne estimando as probabilidades de que o tempo meteorolóxico e o tempo cronolóxico formen unha unidade quimérica sobre a cal ter algún tipo de control. Sacudimos as areas dos nosos pés, recollemos as toallas, miramos cara a masa húmida que trae esa friaxe penetrante. Pensamos, como algo con ese aspecto algodonoso pode enroscarse nos nosos corpos e atraparnos nunha vaina de incomodidade, coma unha pantasma alieníxena ou un plano secuencia dun filme de John Carpenter ou Bong Jon Hoo. As nosas pegadas van confundíndose cos efectos da brisa sobre a area. O sol esvaece ao fondo da paisaxe, como afogando tras a liña do horizonte. Collidos da man, cruzamos as miradas que as persoas que se sinten afortunadas cruzan tras un día preguiceiro de agosto. Poñerse ao sol, bañarse, saír fuxindo moi despazo da praia.

Meryem El Mehdati, Supersaurio



Nada de lo que hago en mi trabajo me apasiona o me interesa. Lo cierto es que poquísimas cosas me apasionan o me interesan. Muy de vez en cuando un sentimiento de paz me aprieta el pecho y paso las siguientes dos horas tranquila conmigo misma, pero suele coincidir, me he dado cuenta, con los pocos días que me aprieto una palmera XL de chocolate a escondidas. Treinta y tres terrones de azúcar, todos para mi body, sinazucar.org que reviente. La combinación de la cafeína y del azúcar me hace ir como una moto el resto de la jornada y para cuando llego a mi casa no recuerdo nada de lo que he hecho en todo el día. Es lo más parecido a drogarme que he hecho en mi vida. Sospecho que soy bastante buena en mi trabajo, no porque me guste o me motive, sino porque no quiero perderlo. Hija de inmigrantes, el discurso de la meritocracia y el trabajo duro está en mi ADN, por mucho que la meritocracia sea una falacia o que el trabajo duro solo beneficie a quien no ha dado un palo al agua en su vida. ¿Por qué cobra más un business assurance manager que la cajera de un supermercado? Si mañana desaparecieran todas las cajeras y todos los reponedores del mundo nos daríamos cuenta enseguida. Si desaparecieran todos los business assurance managers... no.
[...]
Una vez comienzas a acercarte a la treintena hay una parte de ti que se apaga de forma paulatina. Lo veo en las personas que me rodean en esta mesa. Si vuelves la vista hacia atrás no eres capaz de determinar cuándo comenzaste a ser otra persona, pero sabes que has cambiado. Dejas de entender a los adolescentes y tu móvil se convierte en tu enemigo. El fueguito que se te enciende de joven se empieza a apagar. Yo lo noto: cómo me voy volviendo más insegura, más dudosa. Antes no vacilaba ante nada, era imparable. Se te parte el corazón en dos y comienzas a perder poco a poco todas las cosas que te han entusiamasdo alguna vez. Toca pagar facturas, hacer la declaración de la renta, ir al médico una, dos, tres, cuatro veces porque no se te cura la cistitis. Te haces adulto. Te vuelves gris. Solo es una teoría.


Heathcote Williams, Autogeddon

Grazas á marabillosa páxina en facebook de Luis Boullosa descubro este poema de Heathcote Williams de 1992: Autogeddon, visionaria declaración de odio aos automóbiles e ao seu impacto no medioambiente, na economía e na propia configuración da nosa sociedade global. O que segue é unha tradución de urxencia feita a partires do orixinal en inglés extraído de The Carfree Universe Project sobre a tradución automática de GAIO. A entrada orixinal de Luis está adicada ao disco homónimo de Julian Cope (que non coñecía), o cal é parte dunha triloxía que inclúe os LPs Peggy Suicide e Jehovakill que, por suposto, estou escoitando en bucle coa fe algo tontaina dos conversos.


 AUTOGEDDON

EN 1885 Karl Benz construíu o primeiro automóbil.
Tiña tres rodas, como un coche para inválidos,
 E corría con alcol, como moitos condutores.

Dende entón uns dezasete millóns de persoas morreron por eles
Nunha guerra non declarada;
E todo o resto do mundo corre perigo de ser atropelado
Debido ás disputas sobre o seu petróleo.

Se un alieníxena estivera flotando uns centos de metros sobre o planeta
Poderíaselle perdoar por pensar
Que os coches son a forma de vida dominante,
 E que os seres humanos foron unha especie de pila de combustible andante:
Inxectados cando o coche quería moverse,
 E expulsados cando se esgota.

NON un vendedor ambulante de copias-
E só están a unha folla de Letraset
Dos comerciantes do balbordo das terras baldías, que lle engaden azucre á area de prata
Ou os pardais que morren de amarelo e os venden coma canarios.-
Nunca parece correcto mencionar que o automóbil,
Ata ese panteón móbil, o Rolls,
Dobra o teu latexo cando entras,
 E transforma a túa resposta psico-galvánica da pel
Para axitar as agullas de calquera detector de mentiras.

Desde o momento en que te sentas cómodamente ao volante-
A túa pelve acariciada por réplicas de carne jadeando con estática-
Aumenta as lecturas de estrés, cataplasma glándulas sen conductos,
Marina lentamente o corpo do condutor máis "experimentado" con adrenotoxinas,
En voz alta xera unha ampla gama de presións cardiovasculares,
Do mesmo xeito que funciona como un pequeno acumulador de orgón estimulando a sexualidade do lixo.

As mareas de sangue e auga no corpo
Mestúranse máxicamente, coma se houbese unha lúa chea permanente.
O coche é un mistral portátil
Que levanta sumidoiros de ións lixo
E movéndoos nun paquete de tensión pre-lóstrego.

"Oh, tivemos unha viaxe tan horrible,
Síntome completamente esgotado.
De que querías falarnos?
A miña concentración está totalmente esgotada.
Por que vimos?


OUTRAS ESPECIFICACIÓNS:

A máquina revive os patróns de enerxía do condutor,
que teñen pouca relación co traballo realizado:
"Fixemos algo entón?
Non pode ser. O sentiríamos
.

Como a televisión,
O peculiar ritmo do coche
Succiona as ondas cerebrais nunha resonancia artificial
Atención xestionada e manexable
Televisión de viaxes.

A vibración de cada coche
Aumenta unha impregnación de información sen son,
Unha liña de base universal, sexa cal sexa a melodía,
Convertendo o cerebro da túa audiencia nun mantillo de dobre cristal,
A súa capacidade de atención redúcese á lonxitude dun coche que pasa.
Os infrasóns,
Rezumados dos compresores dos modelos "con calefacción" (e con aire acondicionado).
Tratarase con aqueles que digan encollerse de ombros que non lles afecta,
Mentres os seus precapilares cerebrais rebentaban silenciosamente,
 E convéntense en varices.

Mira pola fiestra de calquera cidade:
Os coches cortarán os teus pensamentos e os levarán
De ningún xeito.

Párate en calquera rúa
Erizado de pirañas pintadas
Xogando ao muzak flatulento e choiroso do estrés,
 E verse obrigado a absorber todos os seus movementos...
Unha espada de Damocles producida en serie múltiple
Plana inesgotablemente sobre cada acción.
As rúas que eran universidades abertas
agora son os sumidoiros abertos do culto do automóbil.

Pero, se todo isto é demasiado abrumador,
Tes permiso
Para igualarche con quen queiras-
Incluíndoche-
Cunha impunidade calmante...

O visitante segue os informes xudiciais:
Golpea a alguén na cabeza cun gardabarros cromado e mátao-
A vida.
Ten a precaución de poñer o gardabarros cromado nun coche,
Golpea a alguén na cabeza con el e mátao-
Suspensión de seis meses. Licenza mantida brevemente.

"Vou democratizar o automóbil", dixo Henry Ford.
"E cando acabe, todo o mundo poderá pagar un,
E case todos terán un...

ESTA é a metade da casa.
A metade dos salarios mundiais están relacionados co coche,
A metade dos recursos mundiais adícanse ao coche,
E medio mundo estará implicado nun accidente de tráfico
Nalgún momento da túa vida.

AS ESTRADAS interconectadas, dispostas como unha celosía,
Ás veces pode parecerlle a un espectador bastante sutil
Como unha rede depredadora.

A arquitectura dos skinheads
Xerado polo soño de Autopia,
Vai á terra de ninguén,
Como lápidas de curta duración.

De cando en cando,
Nos arredores das cidades,
Os depósitos de chatarra levantan enormes mausoleos de coches podrecidos,
Xa non paga a pena requisalos,
Limpo dos seus habitantes,
Como torres Parsi do silencio.

PETRÓLEO.
Da raíz sánscrita -il, luz, iluminación,
 E petr, Pedro, a rocha.

Así, o petróleo é -sen dúbida- a luz da rocha.
Petróleo,

Que, se a xeomántica chinesa ten razón,
E esta terra é un organismo vivo

(E a atmosfera é obviamente o seu propio alento),
Poderían ser os teus zumes dixestivos,
 O teu líquido cefalorraquídeo...
Ou mesmo a súa bilis.
E quizais algún día esaxere
Caricaturado como un práctico cóctel molotov,
Con dous millóns de buratos
Por espíritos de aceite.

Petróleo,
A sacudida,
Se non te espiritualizas,
Transmutación de vidas extinguidas:
Algas primixenias, crustáceos, foraminíferos,
Plancto, diatomeas unicelulares, protozoos mariños...
As heminas e os lípidos dos dinosauros
E mamíferos descoñecidos do Xurásico-
Cuxa primeira extinción claramente non foi suficiente
Para esta versión consumista do culto aos antepasados.

Petróleo,
Un sacramento secular
Cuxo prezo se considera esencial para mantelo o máis baixo posible,
Quizais para desviar a atención do seu verdadeiro valor,
E se teñen razón os gurús de Exxon, Texaco, BP e as "Sete Irmás"?
É mellor explotar cando tantas persoas Como sexa posible
Cando a maior cantidade de xente posible
Incinera todo o que poden
Por unha razón tan trivial como poden atopar,
Para manter un carrusel continuo de botín de consumidores en movemento-
Nunha cámara de gas ao aire libre.

MÁIS do dobre que nos campos de exterminio,
Cento trinta veces o masacre de Hiroshima,
Oito veces a conta en Corea,
Douscentos trinta Vietnams,
Oito mil cincocentos Ulster...
A Guerra dos Cen Anos nunha semana;
As Cruzadas en menos de trinta segundos.
Unha peste negra con ratos bubónicos sobre rodas,
Un cuarto de millón de "fatalidades automáticas" ao ano-
O humilde holocausto.
O espectáculo da comida rápida e a morte.

Toma calquera cuarto de accidentes
Tentando atender algunhas porcións escasas
Dos 250.000 ao ano
Que veñen aos obradoiros de cerebro e corpo
Aos obradoiros de cerebro e corpo
Polos asubiadores da ambulancia.

Liñas de camas metálicas con rodas.
Un aparcadoiro médico.
Enredos sinuosos de goteiros
Alimentan aos que se mesturan con demasiada urxencia cos vehículos
E fan que a sala sexa case indistinguible
A partir dunha sección transversal dun sistema de cableado de automóbil.

Múltiples inxeccións de petidina para axitalos
Convertendo os seus corpos en taboleiros de peneira.
Os feridos non denunciados, os moribundos non denunciados
Intentando en balde darlle patadas aos motores.
Berros de agonía desde ringleiras e ringleiras de impacientes, moreas de carne.

Un encargado limpa sangue nos corredores as vinte e catro horas do día
Vixiado polos teus doadores
Mentres intentan redirixir as súas mentes cara ao espazo dispoñible
Onde o "accidente" nunca aconteceu.

Exilio na rúa Main.


NUN motín, ou nunha revolución,
É curioso que os coches-
Os coches de calquera
Sempre son os primeiros en ir.

O control do tráfico é, para a maioría da xente,
A seu máis íntima e directa,
Experiencia do goberno.
Ademais de ser unha das súas xustificacións máis fundamentais:

"Mira, non podes prescindir dalgún tipo de organización,
Quero dicir, toma algo básico como as estradas...
Non pode ser que todos conduzan polo lado da estrada que queiran.
As cousas serían un caos
".

Pero un vándalo
Se el/ela se arriscara a perder o ritmo
Pola politización
Podería sentir
Que como ninguén votou polo coche-
A súa eliminación non require ningún referendo...
Ademáis diso,
Baixando os pneumáticos,
Botando azucre no tanque,
Enchendo patacas polo tubo de escape-
Para que o cableado implosione e saia do colector-
Vertendo líquido de freos na carrocería,
Enchendo o aceite con pasta para afiar válvulas,
Colocando cravos de paneis de xeso envorcados baixo vehículos estacionados,
Exterminando coches como piollos da madeira,
Para que a gasolina se derrame na estrada,
E poidan ser despedidos...
Podería gardar algúns anacos de carne humana
Palpitante de vida por un pouco máis

Roma toleou coa contaminación por chumbo.
Foron os vándalos os que endereitaron as súas pipas

Pero claro,
Se estás concibido nun coche como moitos son.
Se fodes por primeira vez nun coche como moitos fan.
Se vas traballar nun coche,
E se consegues a maior parte do teu pracer, comida e medios de vida a través dos coches,
Defenderalos ata a morte.


O Poema é parte do libro do mesmo nome, unha especie de novela curta en verso. Que eu saiba non existe edición en galego, pero si unha versión en castelán publicada en 2016 por El Pasquín Editorial

Byung-Chul Han, Infocracia

 



O discurso esixe separar a opinión propia da identidade propia. As persoas que carecen desta capacidade discursiva aférranse obstinadamente á súa opinión porque, do contrario, ven ameazada a súa identidade. Por este motivo, calquera intento de sacalas da súa convicción está predestinado ao fracaso. Non atenden á outredade, non escoitan. En cambio, o discurso é unha práctica de escoita. A crise da democracia é, ante todo, unha crise de escoita.

[...]

O narcisismo e a atomización crecente da sociedade péchannos os oídos á voz da outredade. Levan, así mesmo, á perda da empatía. Hoxe en día, todo o mundo venera o culto ao ser propio. Todo o mundo se performa e produce. Responsable da crise da democracia non é a personalización algor´timica da rede, senón a desaparición da outredade, a incapacidade para escoitar.

A situación discursiva na que se procura chegar a un entendemento non existe de forma incondicional e acontextual. Está máis ben rodeada dun horizonte de autoevidencias culturais ou prácticas sistematizadas socialmente que determinan a acción comunicativa de forma prerreflexiva. Habermas denomina mundo da vida (en alemán, Lebenswelt) ao horizonte de modelos de interpretación coincidente. Constitúe un consenso que serve de pano de fondo e brinda estabilidade á acción comunicativa.

[...]

Un mundo da vida intacto só é posible nun sociedade relativamente homoxénea que comparta os mesmos valores e tradicións culturais. A globalización e conseguinte hiperculturización da sociedade disolven os contextos culturais e relacións de tradición que nos ancoran a un mundo da vida compartido. Hoxe en día, xa non existen ofertas convencionais de identidade que teñan validez prerreflexiva. Xa non nos lanzan a un mundo da vida que percibimos como obvio e a problemático. Agora, o mundo da vida é unha cuestión de deseño. O horizonte global percibido como indestrutible está sendo sometido a un proceso de fragmentación radical. Canda a globalización, a dixitalización e a conexión en rede aceleran o esboroamento do mundo da vida. As crecentes desfactificación e descontextualización do mundo da vida destrúen aquel "pano de fondo holístico" da acción comunicativa. A desaparición da facticidade do mundo da vida dificulta enormemente a comunicación que procura o entendemento.

Ante a desfactificación do mundo da vida, aparecen a necesidade e o esforzo por configurar espazos na rede onde volvan ser posibles experiencias de identidade e comunidade, é dicir, construír un mundo da vida baseado na rede que sexa percibido como autoevidente e aproblemático. A rede, por tanto, é tribalizada. A tribalización da rede como refactificación do mundo da vida está estendida sobre todo no espectro político da dereita, onde hai unha elevada demanda de identidade no mundo da vida. Aparentemente, o espectro liberal, formado por cosmopolitas, amáñase sen a tribalización do mundo da vida. No espectro da dereita, até se bota man das teorías conspiratorias como ofertas de identidade. As tribos dixitais brindan unha experiencia intensiva de identidade e pertenza. Para elas, a información non constitúe un recurso de coñecemento, senón de identidade. As teorías cospiratorias están especialmente indicadas para formar biotopos tribalistas na rede por permitir aplicar estratexias de delimitación e segregación; estas estratexias son constitutivas do tribalismo e da súa política de identidade.

[...]

A pretensión de validez das tribos dixitais como colectivos identitarios non é discursiva, senón absoluta, pois carece da racionalidade comunicativa [aquela inherente ao discurso]. Esta comporta determinadas regras. En canto á opinión manifestada, esixe como condicións tanto que poida ser criticada como fundamentada: "Unha manifestación cumpre o requisito de racionalidade cando e na medida en que encarna un saber falible para ter así unha relación co mundo obxectivo, é dicir, cos feitos, e permite o acceso a unha valoración obxectiva". [Habermas] No universo posfáctico dasa tribos dixitais, a manifestación xa non ten en absoluto relación cos feitos; carece de toda racionalidade. Non é nin criticable nin esixe fundamentación. Porén, quen a profesa adquire un sentimento de pertenza. Deste xeito, o discurso é substituído por crenza e profesión. Fóra do eido da tribo á que se pertence só hai inimizades, a outredade que compre combater. O tribalismo contemporáneo, que non só se observa na política identitaria da dereita, senón tamén da esquerda, divide e polariza a sociedade. Fai da identidade un discurso protector ou unha fortaleza que repele calquera diferenza. Leva a unha ditadura tribalista de opinión e identidade que carece de toda racionalidade comunicativa.

Hoxe en día, a comunicación é cada vez menos discursiva a medida que vai perdendo a dimensión da outredade. A sociedade desintégrase en identidades irreconciliables sen alteridade. No canto de producirse un discurso prodúcese unha guerra de identidades. A sociedade perde así o común, si, o espírito colectivo. Xa non nos escoitamos entre nós. A escoita é un acto político na medida en que é grazas a ela como as persoas se fusionan nunha sociedade e se capacitan para o discurso. Funda un nós. A democracia é unha comunidade de escoitantes. A comunicación dixital como comunicación sen comunidade destrúe a política da escoita. Entón xa só nos oímos falar a nós mesmos. Isto sería o fin da acción comunicativa.


Celebremos que o filósofo máis mainstream de agora mesmo, Byung-Chul Han, ve por fin a publicación do seu primeiro libro traducido á lingua galega grazas á editorial Catroventos. Nesta obra de 2021, influída decisivamente polos catro anos do período trumpista, o filósofo coreano pon a lupa no papel corrosivo das redes sociais -ou, como di el, das tribos dixitais- sobre as sociedades democráticas. Habituado a gatuñar sobre os hombros de Hegel, Nietzsche, Benjamin ou Harendt para fiar as súas reflexións, nesta volta escolle como referencia central a Habermas e as súas teses sobre a Teoría da Acción Comunicativa para tratar de botar luz sobre a fenomenoloxía das fake news, a posverdade, a burbullización da experiencia persoal en internet ou a erosión da democracia derivada do goberno algorítmico das nosas existencias.

O seu estilo habitual, tirando cara a sentenzas curtas que se van encadeando cunha lóxica interna implacable, fai do libro unha lectura amena, atrapante e lúcida. Han non di nada que nos soe a novidade nin exhibe unha especial musculatura conceptual, pero recolle ideas alleas con habilidade e elegancia para confeccionar un patchwork intelectual coherente e sólido que sempre interesa e serve de panca para dirixir ao lector pola obra dos autores citados e para estimular procesos propios de pensamento e reflexión.

Libro ideal, por tanto, para levar á praia e ir lendo entre chapuzón e chapuzón e entregarse, tras a lectura de cada capítulo tostándose un pouco ao sol, a un exame persoal (e colectivo) da propia relación coas redes sociais, do custo do mergullamento persoal intensivo na internet e do control dos algoritmos da nosa vida privada.

Dos veces en el mismo río, Chris Offut


Winner se había pasado los seis últimos años "en el campo", guardando armas bien engrasadas en cajas de aluminio. Había escondido alijos en cuevas y pozos, y otros los había enterrado sin más. Por todo el país, las armas y la munición yacían acurrucadas a la espera de la Tercera Guerra Mundial. Winner era uno de los muchos soldados que ponían cerco a un futuro horrible. Informaba a sus superiores sobre los escondites dos veces al año, una en Ohio y otra en un pueblo pantanoso de Luisiana

- Tenemos gasolina y agua, comida y armas -dijo-. ¡Con una ametralladora no van a mamonear!
- ¿Quienes, Winner?
- ¡Los putos rojos y los mutantes, esos! Si tienes comida y armas, todo el mundo las querrá. Los mutantes, los primeros, porque los putos rojos tardarán un tiempo en llegar aquí. Y tendrán que esperar a que la cosa se calme. El primer par de años será un pifostio.
- Pero tú no.
- ¡Afirmativo, cojones! Soy un patriota. Tengo mi máscara antigás y mi M-16. Estoy alerta.
- ¿Por los rojos?
- ¡Por las mujeres! -rugió, y me machacó el pecho.

Winner se lanzó a una diatriba anticomunista que englobaba al mundo entero. Todos los países estaban compinchados contra nosotros. Querían nuestro dinero, a nuestras mujeres y nuestras motos. Un día de estos nos arrasarían con varios centenares de cohetes, una bandada de pájaros letales de camino al oeste para pasar el invierno. Solo se librarían las tiendas de motos y las colegialas.

[...]

- Eh, Winner. ¿Quiénes estais en todo esto?
- Para empezar, mis hermanos y yo. En el este sois todos granjeros. ¿Por qué cojones eres tan cotilla?
- Igual tenéis sitio para uno más.

[...]

- Lo siento, chico -dijo-, pero es justo de lo que va la cosa.
- ¿De qué?
- Nosotros.

Esta sigue siendo la palabra más espeluzante que he oído pronunciar tras toda una vida conversando con extraños. Uno podía eludir los calificativos, encogerse de hombros ante la escatología. Pero ese "nosotros" era escalofriante. Nosotros significaba linchamientos y violaciones en grupo, quema de libros y genocidio. Nosotros era sinónimo de control, la satisfacción nefasta de la veracidad reflejada en un espejo corroído. "Nosotros" implicaba un "ellos", y todos los ellos eran carne de cañón. Aristóteles sentó el precedente: "Hay griegos y hay esclavos".

O romance de 3LN MSK e JFF BZS, un poema

A Terra aí abaixo

devorada polas temperaturas insoportables,

devorada pola contaminación/degradación/corrupción de todo o existente,

devorada pola desaparición de case todas as criaturas vivas que antes

                                                               a habitaban fermosa e discretamente,

devorada por eses 75 millóns de humanos ávidos do infinito e máis (ese 1% do que se fala todo o rato),

devorada por eses 7.5 millóns de humanos necesitados de 10 planetas cada un para poder seguir vivindo como ata agora (ese 0.1% do que sabemos algo menos)

devorada por eses 750000 humanos que querrían ter unha nave espacial na porta da casa para ir de vacacións á cara oculta da lúa ou para atoparse a si mesmos no Mar da Tranquilidade (ese 0.01% que case non existe publicamente nin forma parte das bases de datos máis traficadas por parte de google, amazon, meta, microsoft, apple, samsumg ou xiaomi)

devorada por eses 75000 humanos que querrían ter unha segunda residencia en Marte mentras compran todos os terreos  que poden en Nova Zelanda, Noruega, Suecia ou Finlandia (ese 0.001% que aspira a ver o amencer en Xúpiter en directo, a vivir douscentos anos e a ter hoteis na atmosfera terrestre, condominios na superficie da Lúa, unha mansión en Marte baixo un domo xeodésico convintemente presurizado e osixenado e algún tipo de nave que poida desprazarse ao 1% da velocidade da luz nalgún momento)

devorada por eses 7500 humanos que se consideran semideuses a si mesmos (ese 0.0001% etc)

devorada por eses 750 humanos que so compiten contra o deus da creación (ese 0.00001% etc etc)

devorada por eses 75 humanos que (ese 0.000001% etc etc etc)

devorada por eses 7.5 humanos (ese 0.0000001%)

devorada por eses 7.5 humanos (ese 0.0000001%)

devorada por eses 7.5 humanos (ese 0.0000001%)

devorada por eses 7.5 humanos (ese 0.0000001%)

 

Esa Terra é o telón de fondo

para un bico apaixoado nun voo subespacial de quince minutos en gravidade cero

entre dous dos seres humanos que forman parte dese 0.0000001%,

un bico húmido de recoñecemento entre iguais

un bico que recolle o fin do tempo coñecido e o principio do que virá,

o anuncio da irreversibilidade da apocalipse

o son do derrumbamento de todo o que unha vez foi fermoso, amable e discreto


Tras ese bico sen palabras, collidos da man, mirando cara o espazo exterior, 3LN MSK e JFF BZS sorrín coa inxenuidade que dá o verdadeiro amor e pensan no exército de idiotas que os levou ata alá arriba,

o exército de tontos que está a agonizar tras eles

o exército de consumidores que pensaban que

o exército vencido da humanidade (case) ao completo

E tanto 3LN coma JFF pensan neles coma os humanos pensan nos años que van ao matadoiro,

unhas centésimas de segundo de peniña, outras décimas de segundo de compaixón, unha eternidade

                                                                                                                       de olvido

E tras o bico, collidos das mans, apuntando a marte cos ollos fixos na escuridade do espazo

nunha nube de serena ledicia inesgotable pensan en sincronía neuronal

"Somos a nova humanidade, o mellor do que queda dela

e temos dereito a todo

e nada vai impedir que o consigamos"

E dende unha Terra agónica con sabor a Marte, a 50 °C de temperatura media no 90% da súa superficie,

un sospiro de resignación e envexa percorre a mudez do espazo

dicindo ao tempo nunha onda tridimensional esférica

"nós, o 99,99999% querriamos ser vós"


Resaca

Un mes despois da saída de Cris do hospital temos ido descobrindo de novo todas as cousas vellas que formaban o tecido invisible da nosa realidade. Dende unha caña cos amigos ata un paseo polas areas de Bon en abril baixo un ceo luminoso co vento do norde cortando suavemente os nosos beizos, o conxunto das nosas rutinas e dos nosos afectos aparece agora iluminado cunha luz nova. Todo o que rodeaba a nosa existencia de clase media, tinguido polo gris da repetición e a intercambiabilidade dos días, de súpeto colleu unha cor diferente, unha sorte de vibración oculta que se fixo evidente dende o momento en que, fora do hospital, atopamos que o mundo seguía onde estaba. 

A estraña coincidencia da volta á realidade co comezo da invasión da Ucraína por parte do exército ruso deunos para algunhas bromas privadas. Como se todo o que estaba acontecendo aí fora formase parte do guión dun drama idiota escrito por un tolo furioso. Nós, que viviamos de estar pendentes de analíticas e efectos secundarios de pastillas diversas e de medidas continuas de peso e tensión arterial, de pronto tomamos conciencia de que a realidade seguira o seu curso nun movemento acelerado co que non esperabamos coincidir. Dentro do hospital seguiamos as noticias dende tuiter ou dende os xornais, mesmo poñendo algunha que outra vez a canle 24 h da tve. Pero era información consumida do mesmo xeito que un fai un binge watching dalgunha serie. Unha intoxicación de ficcións incongruentes e heteroxéneas, impactantes pero con pouca capacidade para deixar pouso algún, sequera algunha clase de resto significativo nos nosos sistemas de afectos e pensamentos.

Os primeiros minutos fora do hospital consistiron nunha mestura estraña de emoción e alucinación. Lembro con claridade a luminosidade dese día de febreiro coa rúa ateigada de xente e un tráfico intenso enchendo a calzada fronte á porta de saída. Un balbordo inmenso que contrastaba con furia co silencio do laberinto hospitalario, un caudal de vida expresado en forma de movemento, de son e de imaxes. Nada comparable á forma encapsulada, controlada, medida e vixiada da que viñamos. Parados na beirarúa, durante varios minutos experimentamos unha sorte de renacer (o dela máis real, o meu máis metafórico). Finalmente, tras un montón de semanas sentindo a vida como unha substancia fráxil sempre no límite da fractura irreversible, puidemos achegarnos a ela de xeito aproximado a como era antes. Un irresistible tumulto que sempre busca desbordar os seus propios límites. Unha inundación ou un furacán ou unha explosión sostida. Algo de intensidade indescriptible que, malia pasar desapercibido nas espirais devoradoras do cotián, é quen de amosar as posibilidades que contén, a potencia que alberga, cando os corpos están dispoñibles para sostelo. E canta ledicia cabe nesta dispoñibilidade.


Unha cita

«O home debe aprender tres realidades: convivir coa realidade da morte enchendo o baleiro coa persistencia do logro; vivir coa realidade do eu interior a fin de conquistar o mundo do espírito para facer del o seu domicilio e adquirir a plenitude da vida; e aprender a realidade revelada da sociedade, instrumento tanto da restrición como da liberdade»
(Fragmento dunha carta de Karl Polanyi á súa filla, lido en "Europa en descomposición" do propio Polanyi)

Comprender algo

[Escribín isto fai dúas semanas. Non sabía que facer para rematalo. Déixoo así, incompleto e deslabazado, un bó recordatorio da maneira en que me enfronto a todo]

É primaveira. É febreiro, pero. Fai nada tiñamos temperaturas máximas de vinte graos e levaba un mes sen chover. A nova normalidade climatolóxica é un desorde que nos medios de comunicación e na rúa insisten en chamar "bó tempo". A terra reseca e o ar cargado de contaminación e de polvo sahariano: como poden empregar o adxectivo "bó" para isto? Cris cumpriu xa máis de dous meses hospitalizada. A primaveira non é tal: malia a calor que se extende ao longo do día sempre vai fai frío polas noites. É agradable e desgradable ao mesmo tempo. A temperaturas diurnas son desagradables cando te collen envolto no disfraz de invernícola pero son agradables cando o sol acariña a cabeza paseando pola rúa cerca das tres da tarde de volta a casa. 

Durmo na casa dos meus pais buscando consolación. Algo parecido a un refuxio. O noso piso é difícil de soportar, todas as cousas dos dous amósanse carentes de sentido cando quedan a disposición dun so. Un exceso de obxectos que amplifica a soidade. Polas mañás vou camiñando ao hospital e sorpréndeme a actividade. A xente, os automóbiles, a luz do sol sobre as terrazas, os cans atados a unha árbore diante dos supermercados. Tamén os patinetes polo carril bici e as bicis polas beirarúas e as beirarúas ateigadas de peóns. 

Nestes dous meses voltei mercar "El País" despois de máis de dez anos sen entrar sequera na súa web. Entro no kiosko e pídoo con certo pudor e lévoo semiagochado por se me cruzo con algún coñecido. Penso en antes, cando cría que este era un gasto que pagaba a pena e dábame algo de arrepío tiralos ao contedor de reciclaxe cando se acumulaban en exceso, pero agora mesmo non me importa o máis mínimo. Dame a impresión de que os seus responsables últimos andan picando nas marxes do sistema cultural na procura dun verniz de contemporaneidade na súa aposta por ser o xornal do-que-queda-das-clases-medias-expañolas que se autopretenden ilustradas ("cultitas" que dicía Toni, unha palabra que sempre me doía porque me vía reflectido nela: un "cultito", alguén coa fachada de estar "ao día" de certas novidades irrelevantes no eido da cultura, alguén habituado ao postureo -sendo xenerosos- e á farsa -sendo realistas).

As mañás no hospital foron mudando de angustiosas a soportables e logo a aburridas ao longo de nove semanas interminables. O Nadal non tivo lugar, nin aninovo nin a noite de reis. Cambiamos de 2021 a 2022 sen saber en que ano estabamos. Como se quedaramos ancorados nun punto sen dimensións temporais. Incapacitados para movernos máis alá del, amarrados á súa gravidade. Cando salgo do edificio sigo levando o hospital na cabeza. Déitome e noto a súa presenza na cama. A masa de murmurios desolados que emana. O cheiro dos desinfectantes. As pequenas multitudes angustiadas que entran e saen nun fluxo interminable. Sentindo o limiar entre a saúde, a enfermidade e outras cousas peores como algo palpitante, unha cousa viva que infecta o ánimo, como unha intoxicación, de forma persistente.

Porén, agora respiro. Ar contaminado coas peores cifras de Expaña en canto a PM10, PM5, PM2,5 e óxidos de nitróxeno, pero respiro. Así, inspiración tras inspiración, decátome de como foron medrando os días, de como de decembro a febreiro o solpor foi desprazándose imperceptiblemente dous minutos ao día, co sol elevándose unhas décimas de grao sobre o horizonte en cada nova pasada. Dende a sala de espera da pranta cinco os tellados da cidade e a cor variable do ceo ao longo do día contrastan furiosamente. Os primeiroes, salpicados de antenas e de evacuadores de fume brillantes que xiran co vento, chocan coa exhibición de cores e de nubes do seu telón de fondo. A tristura das obras humanas máis chapuceiras fronte ao espectáculo sempre conmovedor da natureza en bruto. Paseamos pola quinta planta co permiso das enfermeiras cando esta queda baleira e parámonos nos ventanais uns minutos. Baixo un deses tellados que tanta tristura desprenden. Baixo o mesmo ceo que espalla certa confianza no futuro.

Algunhas noites quedo a durmir no hospital e fágoo coa máscara posta. Os primeiros días supoñía un agobio considerable pero agora xa estou afeito. É difícil entregarse ao sono. Sempre hai algún son que che lembra de súpeto que non estás na túa cama. Que é mellor non poñerse cómodo nin confiar en exceso, que as sorpresas desagradables son parte da rutina, imprevistos para os que hai que estar listo.



A poesía como arte insurxente, Lawrence Ferlinghetti

 

Ás veces -contadas- podemos dicir en voz alta: Believe the Hype! Esta tradución ao galego por parte da editorial Rodolfo e Priscila (a cargo de Daniel Salgado) do célebre libro de aforismos de Lawrence Ferlinghetti é unha invitación a crer, non só no hype, senón na poesía e, por extensión na vida. O prólogo fala desta obra como "o manual de instrucións, a caixa de ferramentas do poeta moderno". A súa profundidade e agudeza desbordan o poético-literario e asulagan o campo do puramente vital. Son aforismos para deterse neles e saborealos con calma, para perderse nesa densa urda de fondo e forma no que baixo a apariencia de afirmacións rotundas ás veces se atopan interrogantes sutís, chamadas a acción ou desafíos persoais e colectivos.

Persegue a balea branca mais non a arpoes. No canto, atrapa a súa canción.
Permítete un voo cegador, voos de imaxinación escandalosa.
Excede todas as grandes expectativas e as máis horribeis profecías.

Ás veces intercala proclamas políticas e mesmo cita a Gramsci abertamente


Resiste moito, obedece menos.
Desafía o capitalismo que se enmascara na democracia.
Desafía todas as crenzas políticas, mesmo o populismo radical e o socialismo hooligan.
Gloria ao pesimismo do intelecto e ao optimismo da vontade.


Por riba de todo, o libro está cheo de arroutadas líricas nas que a beleza non consiste nesta identificación contemporánea co "bonito". Máis ben, o seu concepto e o seu uso inscríbense naquel programa desenvolto polo filósofo Friedrich Schiller en "Cartas sobre a educación estética da humanidade" na cal o autor avogaba por tal educación (en vez da racional vehiculada polo entendemento) para que a humanidade acadara un comportamento realmente ético:

Poesía unha procesión de aves acuáticas en voo mesturada con accidentes de motor.
A poesía é o zanate de esteiro cantando ao solpor no curuto das árbores de xacarandá na praza de San Miguel de Allende.
E todos os paxaros do universo arrexuntados nun libro inmenso.


A poesía pode sentirse nos sumidoiros, ecoando a saída de incendios de Dante.
Recoñece o totalitarismo da mente racional e atravésao.
Un poema é un batel saíndo ao mar desde o barco da sociedade que afunde.
Un poema é a sombra dun avión fuxindo sobre o chan como unha cruz escapando dunha igrexa.


A poesía aínda pode salvar o mundo transformando as conciencias


O libro remata cos dous manifestos populistas (de 1976 e 1978), dúas poderosísimas chamadas á insurreción, á acción poética e política, ao compromiso co mundo e coa liberdade. Non é esta, por certo, a liberdade neoliberal destilada do egoísmo economicista que enarbolan os novos fascismos, senón a vella liberdade que vai soldada á responsabilidade, esa potencia que crece en común cando nos xuntamos entre nós, e que, entre outras cousas, apela a facerse cargo tanto dun mesmo como da vida e do existente que nos rodea. Este libro de Ferlinghetti é ar fresco nos pulmóns do noso ánimo, alimento para os nosos intelectos esnaquizados, combustible para unha socialidade reventada por dous anos de pandemia e mesmo, iluminación e alento para calquera que se lance á aventura de escribir.


(Nota final: que marabilla de tradución!)

Franco "Bifo" Berardi, La segunda venida: neorreaccionarios, guerra civil global y el día después del Apocalipsis

 



El sentimiento de superioridad, innombrable pero profundamente arraigado en el inconsciente y la cultura occidentales, ha sido refutado y humillado por la realidad del capitalismo financiero, por la experiencia diaria de impotencia que destruyó la autoestima de las personas y su confianza en el futuro.

El Manifiesto futurista de 1909 fue una exaltación de la potencia sexual y la agresividad política, y el fascismo sacó su fuerza de la mitológica virilidad de Mussolini. Es más, el fascismo históricos fue la expresión de un verdadero sentimiento de pertenencia: el sentimiento de comunidad se basaba en la mitología de la sangre y la nación, pero la comunidad en aquellos tiempos era algo real, algo experimentado a diario y que moldeaba profundamente el comportamiento social.

El retorno posmoderno del fascismo se basa en una antropología totalmente diferente. La comunidad es solo la memoria nostálgica de una pertenencia pasada que ya no existe. Es lamento, no experiencia viva. La vida social ha sido pulverizada en el espacio metropolitano pospolítico, desterritorializado, y la potencia no es más que un mito, un contrapunto de la presente impotencia. La potencia sexual está en declive, ya que la población blanca envejece, y el estrés, la depresión y la ansiedad perturban la esfera erótica. La autonomía de las mujeres fue la amezana definitiva al poder masculino y alimentó un sentimiento reprimido de venganza machista que hace erupción cada vez más a menudo en actos de violencia.

La demografía ha transformado el paisaje antropológico y social de nuestro tiempo: la senilidad, la soledad y la adicción a los psicofármacos están empujando a los hombres blancos del mundo occidental al caos mental, el autodesprecio y la agresividad. El nuevo modelo de fascismo no surge de una euforia futurista juvenil, sino de un sentimiento extendido de depresión y de un impotente deseo de venganza.

Esta tendencia es especialmente visible en los Estados Unidos: la multitud deprimida de hombres blancos echa raíces en la era del individualismo campante: creyeron en las promesas del egoísmo neoliberal, adoptaron la filosofía del ganar, y luego se descubrieron perdedores. Se engañaron a sí mismos al creer en las promesas neoliberales del éxito individual. Ahora es demasiado tarde para abrazar una nueva esperanza, una nueva imaginación: lo único que pueden compartir es su odio, su deseo de venganza.

Este fue el trasfondo antropológico del trumpismo, "Make America Great Again" es una súplica patética al Dios Supremacista: devuélveme mi juventud, mi fuerza, mi energía sexual, devuélveme la fe en algo. Pero el Dios Supremacista no está escuchando.

El racismo de nuestro tiempo no es una continuación de la ideología racista de la era colonial. Este viejo racismo era una expresión de la superioridad de la raza dominante que poseía la tecnología para explotar y las armas para someter a los pueblos de color del Sur global. Ahora las armas están a disposición de cualquiera, sin distinciones de raza.

Ahora los blancos pobres se ven obligados a tolerar la superpoblación de sus espacios vitales a medida que los inmigrantes se agolpan en los suburbios pobres de las metrópolis. El nuevo racismo es el racismo de los perdedores.

El viejo racismo era compartido por la clase alta y los proletarios; era la marca de la superioridad de los colonizadores blancos sobre los colonizados globales.

Ahora el racismo es dejado a los desposeídos en ignorantes, mientras que la clase alta se indigna ante el racismo de los pobres y, desde las zonas residenciales ricas y bien protegidas de la ciudad, mira con desdén los barrios bajos donde viven los inmigrantes, mezclándose con los marginalizados y empobrecidos.

El antirracismo oficial de la clase alta europea está lleno de hipocresía y desprecio hacia aquellos que están obligados a compartir los espacios de sus zonas desfavorecidas con los inmigrantes, que no paran nunca de llegar y provocan la sensación de estar siendo invadidos.

No obstante la diferencia antropológica entre el fascismo histórico y su reaparición contemporánea, existe un rasgo común que vincula el trumpismo con el viejo fascismo: el culto racista de la supremacía. La raza es el elemento deifinitorio de la autoidentificación de las personas.

[...]Aún careciendo de sentido científico, el concepto de raza actúa como una autoidentificación fantasmática. Esta identificación jugó un papel crucial en la historia del colonialismo moderno y está jugando un nuevo papel en la actual catástrofe del capitalismo.

El ascenso de Donald Trumpo a la presidencia de los Estados Unidos ha revelado exactamente esto: empobrecida por la globalización del mercado de trabajo, aturdida por la cerveza y las drogas, furiosa por la derrota estratégica provocada por George W. Bush y su consejero maldito Dick Cheney, la raza blanca reclama su primacía tambaleante. "Make America Great Again" significa: que la raza blanca vuelva a ser la raza superior, al viejo estilo del Ku Klux Klan, enfurecido por el hecho de que un presidente negro (culto, urbano y bello, en contraste con los idiotas de sus integrantes) haya osado ocupar la Casa Blanca.

Odön von Horváth, juventud sin dios

 



O nazismo, esa ideoloxía psicopática que arrasou Alemaña e Europa fai casi un século, non apareceu da noite a mañá. No periodo de entreguerras do século XX unha xeración enteira foi educada nas coordenadas morais da preparación para a guerra en base á delirante idea da superioridade racial. A incubación de tales fantasías realizouse paseniñamente ao longo dunha década, nun proceso que transformou as escolas xermánicas nun viveiro de sociópatas incapaces de entender nada que non fora  apretar o gatillo dun arma ou desfilar ao paso da oca diante do pequeno paiaso dictador. Alimentados polo odio, a ignorancia, as penurias económicas e a nacente industria da manipulación de masas a través da radio, millóns de persoas acolleron con entusiasmo unha ideoloxía que aproveitaba os síntomas dunha grave crise económica e social para propoñer "solucións" simples e unha mirada sobre o mundo totalmente deshumanizada. A etapa da economía desregularizada que inauguraron os anos vinte do século XX daría paso ao nazismo nunha especie de carreira de relevos entre ideoloxías tanáticas. É ben coñecido, por poñer un exemplo emblemático, o papel do empresario norteamericano Henry Ford no seu apoio ao partido nazi alemán: ademais dos cartos aportados para financiar o nazismo contribuiu ao deseño dos campos de exterminio e patrocinou a propaganda antisemita de forma activa. Fascismo e capitalismo terminal sempre na mesma equipa, compartindo substrato moral e métodos autoritarios.

A novela de Horväth encarna un vello principio benjaminiano: se unha característica do fascismo é a estetización da política (para -baixo a apariencia da "revolución"- deixar sin tocar os privilexios da sociedade de clases), a resposta da arte debe ser a politización da estética. "Juventud sin dios" é unha novela política que mantén unha distancia saudable co panfleto (un xénero complicado de manexar) e que aproveita os resortes do roman para encarar os dilemas políticos do seu tempo dende o espanto producido polo ascenso nazi. O protagonista, un profesor de educación secundaria, enfróntase a unha xeración de adolescentes alemáns criados entre soflamas patrióticas, exaltación da guerra e supremacismo ario. Malia os seus intentos de contemporizar na medida do posible para non complicarse a existencia, acaba envolto nunha historia criminal nun campamento de milicias que pon sobre a mesa as pulsións asasinas dos seus alumnos, aprendices nazis intoxicados de patriotismo belicista. O que comeza como un relato costumbrista sobre a vida e a educación na Alemaña dos primeiros anos trinta evoluciona con rapidez cara á radiografía descarnada dunha parte da súa sociedade entregada aos delirios imperialistas dos dirixentes fascistas. A complicidade das elites económicas, o conformismo dunhas clases medias que se suben ao carro dos gañadores e, tamén, a resistencia subterránea ao estado de cousas, conforman o contexto que sirve de soporte á trama.

A novela é, ante todo, a testemuña estupefacta de quen viu vir unha onda de nihilismo reaccionario capaz de barrer todo o existente en nome dos vellos privilexios de clase e dos delirios raciais do século XX. Estos, alimentados polos incipientes medios de comunicación de masas, substanciaríanse na noxenta "solución final" de 1942, materialización da ignominia máis grave cometida nunca contra a especie humana en forma de campos de exterminio. O camiño ata chegar a ela comezara case dúas décadas antes, coa intoxicación ideolóxica levada a cabo de forma lenta pero sostida en todas as capas do tecido social alemán, en especial sobre a súa mocidade. Horváth utiliza frases curtas e secas, sen adxectivos apenas. A súa prosa está reducida ao mínimo, os pensamentos do protagonista mestúranse con descricións breves dos acontecementos que o asaltan configurando un todo que é pura estrutura ósea. O armazón novelístico vai facendo unha especie de espiral na que se repite o tema central ampliando as súas circunstancias contextuais: da escola pásase ao campamento de milicias e, deste, ao xulgado e ao tecido social do seu pobo. As mesmas conductas, o mesmo clima moral, o mesmo pánico ante as dimensións que toma a enfermidade colectiva.

Lido dende 2021 o texto produce un estremecemento considerable. É evidente que o fascismo non está educando á nosa mocidade cun programa autoritario e proclamas racistas explícitas transmitidas dende os colexios. Pero mentras as escolas esmorecen atascadas no modelo educativo deseñado para formar man de obra na sociedade industrial, a rapazada é educada polas redes sociais, o infinito de datos contidos en internet e o mercado. E este último, en especial, non funciona a base de ordes e disciplina, senón de seducción e fetichismo da mercancía. As mensaxes, porén, son sinxelas: egoísmo economicista, cultura do éxito, desprezo do diferente -en especial se é pobre, está racializado ou non é heteronormativo- e negación do colectivo en calquera das súas formas, excepto cando se trata de cuestións patriótico-identitarias de aspecto brando e festivo pero de fondo duro e serio (ese patriotismo deportivo no que todo son risas ata que un despreza abertamente os sentimentos patrióticos maioritarios). Non son as coordenadas morais do nazismo pero prefiguran un orde social que reverbera con el. Se lle sumamos a isto a onda neoreaccionaria contemporánea que enfoca a carraxe das clases sociais perdedoras da globalización sobre as clases subalternas, atopamos un cóctel estrano no que os intereses dos máis ricos (penso nun Trump, un Boris Johnson e similares) son defendidos violentamente por aqueles que se asoman ao abismo da precariedade, a pobreza e o desenganche social. Con estes materiais, que tería escrito Odön von Horváth de ter vivido hoxe?

Como Stephen King anticipou a aparición de Donald Trump na súa novela de 1979 "A zona morta" na figura do candidato Greg Stillson

Na parte 2 do capítulo XIX, o protagonista de "A zona morta", John Smith, asiste a un dos mítines do candidato á Camara de Representantes Greg Stillson -antes do seu ascenso meteórico como candidato á presidencia de EEUU- e escoita o programa electoral deste:

"Que faremos en Washington? Por que queremos ir a Washington? -oubeu Stillson-. Cal é o noso programa? O noso programa consta de cinco puntos, amigos e veciños, cinco vellos puntos! E cales son? Direino de entrada! Primeiro punto: FORA OS CAMANDULEIROS!"
A multitude lanzou un tremendo ruxido de aprobación. Alguén lanzou ao ar unha manchea dobre de confetti e alguén máis oubeu: "YAAAAAHO!". Stillson inclinouse sobre a súa tribuna.
"Queren saber por que uso este casco de obreiro amigos e veciños? Direilles por que. Úsoo porque cando me envíen a Washington, vou pasar a través deles como vos-xa-sabedes-que a través dun canaval! Acometereinos así!"
E ante os ollos incrédulos de Johnny, Stillson baixou a cabeza e botou a correr como un touro mentres lanzaba un agudo gallamouto reverberante. [...] A multitude púxose frenética. Stillson cargou de novo en dirección á tribuna, quitouse o casco e botouno cara á multitude xirando polo ar. Inmediatamente desatouse un pequeno tumulto para atrapalo.
"Segundo punto! -berrou Stillson fronte ao micrófono-. Imos botar a calquera funcionario do Goberno, dende o máis alto ata o máis baixo, que se deite cunha muller que non sexa a súa esposa. Se queren ir pasando de cama en cama que non o fagan amarrados á chucha pública!"
[...]
"Terceiro punto! -ruxiu Stillson-. Imos lanzar toda a contaminación ao espazo. Meterémola en bolsas do lixo! Dispararémola a Marte, a Xúpiter, aos aneis de Saturno! Teremos ar puro e teremos auga pura... e terémolos en SEIS MESES!"
[...]
"Cuarto punto! Dispuxermos de toda a gasolina e o petróleo que nos faga falta! Deixaremos de coquetear con estes árabes e puxermos serios! O vindeiro inverno non haberá vellos conxelados en New Hampshire como o inverno anterior."
Isto desencadeou un clamor unánime de aprobación. O inverno anterior atoparan a unha anciá morta de frío no seu apartamento aparentemente despois de que a compañía do gas lle cortara o subministro por falta de pago.
"Somos fortes, amigos e veciños, e podemos facelo! Hai aí alguén que opine o contrario?"
"Non!", bruou a multitude
"Último punto! -dixo Stillson e achegouse ao carriño de metal. Levantou a tapa de bisagras e un bafo de vapor saiu cara afora-. SALCHICHAS!"
Comezou a sacar do carriño mancheas dobres de salchichas. Johnny deuse conta de que o carriño era unha cociña portátil. Arroxou as salchichas á multitude e colleu máis. As salchichas voaban en todas direccións.
"Salchichas para todo home, muller e neno de América! E cando senten a Greg Stillson na Cámara de Representantes, exclamarán, SALCHICHAS! POR FIN ALGUÉN LÉMBRASE DE NÓS!"

 

Agás na tontada do Make America Great Again e no uso ladino das redes sociais  que faría o clown laranxa (na época na que escribiu a novela non existía nin o internet explorer), penso que o bó de Stephen acertou en todo o demais: propostas absurdas, escenografías chocantes, uso dos media como bufón hiperhistriónico e apelacións ridículas ao orgullo nacional. Coma se o escritor fora o vidente que protagoniza o libro, Stephen King adiviñou con case catro décadas de adianto o tipo de monstros que estaba a parir o imperio americano. Igual que en "O misterio de Salem´s Lot", onde a responsable de levar a un grupo de vampiros a unha tranquila vila do Leste americano é unha promotora inmobiliaria. (É moi tentador sacarlle partido a isto último. Queda para outra.)

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.