Arquivos

O neno da bicicleta, Jean Pierre e Luc Dardenne (2011)



Máis alá do papel que deben xogar as institucións, máis alá dos roles que dicta a sociedade, máis alá dos dictados de calquera ideoloxía, Samantha [a protagonista da película] ten o valor de asumir un compromiso individual ante a dór allea.

(Eulàlia Iglesias, no Cahiers du Cinema España de outubro de 2011 na súa crítica da película)

Un rapaz cunha camiseta vermella subido a unha bicicleta. Todo o argumento da película concentrado nesta imaxe. A esta mancha en fuga que atravesa a pantalla a diferentes velocidades: cargada de decisión na primeira parte, entregada a un ritmo calmo na segunda, botando faíscas nerviosas no seu paseo polo borde da lei na terceira e, finalmente, instalada no ritmo plácido de quen ten atopado un camiño polo que andar alomenos cun mínimo de seguridade.

O primeiro que chama a atención é ese signo cromático que porta coma un estandarte durante toda a película o protagonista. Un sinal de alarma permanente que non deixa un momento de tranquilidade e que nos lembra que, no espacio diexético do filme hai unha alerta que non cesa, un aviso sempre en primeiro plano de unha urxencia que non remite. O signado, claro, non é gratuito. Sen nai, e cun pai do que pronto saberemos que é un desertor sen escrúpulos da súa función como tal, o protagonista está en mans dos mecanismos de acollida do estado. Quizais para un adulto a labor de recollida poida ser asumida máis ou menos problematicamente, pero para un neno de doce anos é simplemente unha tarefa imposible, un trauma non asimilable.

Ciril, así se chama o portador do signo vermello, aparece ante nós coma o resultado dunha deserción evidente, a do pai, a da función paterna. Pero sendo esta grave, é máis terrible o baleiro estrutural da nai, da función materna. Dalgún modo esa función paterna é asumible pola institución social, a inscrición simbólica vai parella da cobertura das necesidades básicas e da regulación da vida cotiá. Pero a función materna, esa identificación primordial da que nacerá a nosa necesidade de amar e ser amados non é soportable por unha institución. Ciril corre na súa bici crendo perseguir a figura dun pai, cando, sen sabelo, está ansiando a figura dunha nai.

Coma se fora unha coincidencia misteriosa, Ciril abrázase na consulta dun médico na que entra escapando dos axentes da protección social a Samantha, unha muller tranquila que leva unha vida plácida sen problemas graves, que non ten fillos pero que non amosa necesidade deles, que está nuns indefinidos primeiros trinta anos nos que todo semella posible da man dun asomarse a unha madurez que se divisa no horizonte vital. A muller, conmovida pola decisión de Ciril de atopar ao seu pai, ofrécelle un trato ao neno: pode quedar con ela as fins de semana mentras busca ao home que el cre estar buscando. Na consulta do médico, Ciril recibe unha sorte de inesperados primeiros auxilios.

A confirmación da deserción paterna leva a Samantha a tomar unha decisión vital: adoptará a Ciril se el decide adaptarse ás reglas dela. Nun xesto de xenerosidade que devén acto ético pleno pola súa rotura coas posibilidades posibles a priori, Samantha cubre ese baleiro estrutural do comezo: a función materna ausente é asumida inesperadamente por unha muller. Ciril atopa algo que non sabía que estaba a buscar, o seu vagar furioso na procura dun pai é un erro que o leva á solución correcta.

Neste punto, non todo será fácil para el nin para ela. Cada un deberá pagar un prezo pola súa reinscrición nunha nova orde simbólica. Ela romperá co seu mozo e el verase obrigado a cometer un delito polo que despois pagará para certificar que deixou atrás a fascinación por esa figura paterna que o deixou abandoado.

O relato, descobrimos, vai xirando sobre a fundación dunha familia, unha vez máis, e do prezo a pagar por ese xesto fundador neste momento histórico concreto. Ciril ven de abaixo, do peldaño que precede ao abismo do lumpen, carece de rede social real que o protexa, e, polo tanto, deixado en mans dos servizos sociais intúe un futuro sen posibilidades de levar algo parecido a unha vida. A súa fuga fronte a ese proceso gravitatorio que o vai arrastrar cara ao abismo está expresado no seu vagar en bicicleta continuado na procura dese pai que semella o seu último asidoiro, cando en realidade o que o move é ese baleiro materno. Ciril busca algo erróneo, pero a súa busca é correcta e iso é o que, finalmente, establece un principio de salvación para el.

O paralelismo nai-sociedade da luz á toda a película. A inscrición na sociedade está naturalizada se un ten a experiencia de algo semellante a unha familia. Sabemos que hai familias que de-socializan, claro, pero a experiencia familiar semella fundamental para ocupar un lugar no seo da sociedade. Samantha executa un xesto que semella persoal -ese compromiso individual ante a dór allea- pero que, no fondo, ocupa o lugar no cal o ético e o político anúdanse con forza. Samantha encarna unha idea de igualdade, de fraternidade e mesmo, ao darlle un lugar concreto a Ciril, un marco de referencia estable, unha idea de liberdade posible.

A película xoga, polo tanto, con diferentes niveis de simbolización, e, malia o seu naturalismo formal deixa emanar unha potente carga ideolóxica nos tempos que corren do sálvese-quen-poida: é posible facer algo, sempre o é, e aínda que todo pareza apuntar a que calquera iniciativa que se tome estea dirixida ao fracaso, o mesmo feito de levala a cabo establece un punto de fuga fronte ao dominante, ao que consideramos natural por ser presencia asfixiante. Un xesto particular sempre remata por seren político e arrastra con el unha constelación de consecuencias, de alumbramentos e iluminacións para outros. Permear o noso contexto deses xestos, remata dicindo o filme, abre camiños impensables, e o subraia con ese fermoso e conmovedor plano final de Samantha subida á bicicleta de Ciril, Ciril subido á bicicleta de Samantha, cada un fóra do seu sitio predefinido, incómodos pero camiñando xuntos pese a todo. Sempre é pese a todo.

Still Walking, Hirokazu Koreeda (2009)


Que é unha familia? Da mesma forma que unha parella son dúas persoas que din ser unha parella, unha familia é un grupo de xente que di ser unha familia. O tautolóxico, polo tanto é parte esencial de ámbalas dúas cousas. O carácter performativo da propia palabra -ese definirse como algo para chegar a ser ese algo- expresa un desexo que está sempre balanceándose entre a plenitude da súa realización e a vértixe da posible desaparición.

Que é unha familia? Still Walking fai a pregunta a partires da reunión veraniega dunha familia xaponesa que rinde homenaxe ao fillo maior morto afogado quince anos atrás ao salvaren a vida dun compañeiro de clase. Arredor do oco que deixa a súa morte e da conseguinte presenza abafante que xenera a súa ausencia descurre calmosamente un relato que traballa en dous niveis diferentes: o público -a familia que se presenta como un ideal ante os demáis, un relato pechado sen fendas, unha foto para enmarcar, un escaparate a exhibir- e o privado -o real da familia: os segredos, as mentiras, os enganos e o traumático-oculto-.

Rodada dende unha óptica naturalista e centrada en dous espazos básicos, a casa familiar e o paseo até o cemiterio onde xace o irmán maior, a película xoga a amosar as conversas entre os persoaxes que forman a familia, a exhibir a combinación de forzas centrífugas e centrípetas que tiran das relacións interpersoais e dos rituais que lles dan acougo.

Os cabezas de familia son dous caracteres opostos axustados ao modelo tradicional de parella: un médico xubilado que non da superado o abandono da vida laboral e unha ama de casa lixeiramente histerizada que mantén unha relación de amor-odio co seu marido e con seu propio rol no universo familiar. O conflicto entre eles dous, a súa diferenza constitutiva como parella, é a que separa a cada un dos fillos dos proxenitores e a cada un dos irmáns entre si. As ligazóns familiares aparecen, pois, máis como un conxunto de rasgos negativos compartidos que como unha afirmación dunha substancia esencial.

O primeiro momento de desgarro na película, de aparición do suceso traumático fundacional que move a película polo tanto, é a presenza na casa do rapaz que sobreviviu ao afogamento grazas ao sacrificio do fillo maior. Como se soportase un exceso de vida dende a morte deste, o rapaz presenta unha obesidade desmesurada. Mentras soporta os reproches semiagochados da nai, autohumíllase ante toda a familia exhibindo unha existencia fracasada. O mozo encarna unha especie de carácter bufonesco que aparece ligado a unha sorte de mantra do tipo "non merecía vivir eu senón el". É, quizais, o persoaxe que liga máis solidamente a toda a familia: todos están na súa contra, todos o desprezan paternalistamente e el acepta con humildade este papel. A ausencia do fillo encárnase nese exceso de vida desacougada e desencarrilada, como un negativo da existencia exitosa que o fillo morto debería estar levando como suposto médico que -supoñemos- ía rematar por ser.

O poder dos mortos para definir os roles dos vivos sígnase neste personaxe desgraciado, pero non é esta a única marca do fillo maior na vida dos que o rodeaban. O fillo menor, restaurador en paro, vive asoballado polo silenzo resentido e despectivo do pai. Incapaz de axustarse ao modelo que este esperaba para el, paga o prezo da súa liberdade, de querer facer o que quere en forma dunha carraxe silenciosa e permanente que o fai sentirse estraño sempre no seo da súa familia. Quizais de todos os persoaxes é o máis doente: á dor do irmán morto ao que quería-admiraba-odiaba engade a imposibilidade de ser como el. A súa competencia co morto idealizado está abocada á derrota. O irmán maior é unha figura completa, perfecta no seu carácter de fillo-ideal. El, pola contra, é un pobre ser vivo agobiado polas continxencias do cotián, ferido pola circunstancia familiar e sempre á defensiva a causa da súa relación cunha viuva nova que ten un fillo dun matrimonio anterior.

A outra irmá, desenvolta socialmente e identificada co seu papel de ama de casa "moderna", agocha a segreda esperanza de quedar a vivir na casa dos pais e asumir o papel de xefa da casa familiar. En certo sentido é unha réplica algo frívola da súa nai, entregada ao ámbito doméstico e doída por non ter desenvolto unha carreira profesional "polo ben da súa familia". Esta relación entre nai e filla, contaminada por unha competencia non disimulada, é tan troncal como o papel que desempeña o fillo morto. Arredor dese burato negro a relación entre ámbalas dúas desenvólvese nun proceso algo enfermizo de afecto e celos. Para non deixar nada solto, o seu marido é un lacazán ao cal todos desprezan cariñosamente.

Por último, película xira de forma lóxica arredor do propio conxunto formado por estas relacións danadas e ensombrecidas pola morte do fillo maior: nai-pai, nai-filla, pai-fillo dando forma a un fresco das moitas razóns de como a dor común crea lazos complexos e vevenosos nos que é difícil distinguir a calor do afecto da asfixia do nó pechado arredor do propio pescozo. De novo, a idea de familia como conxunto de persoas unidas por un baleiro, por unha ausencia, por unha dor común que crece arredor dese baleiro e coma un cancro establece vasos comunicantes tóxicos entre os membros do grupo.

Neste circuito pechado e condenado á podremia ao longo prazo entra a parella do fillo restaurador, a viúva nova que porta a súa dor particular, que está "limpa" dos lazos tóxicos que xuntan ao resto dos membros da familia e que, dalgunha forma encarna a idea de que a única posibilidade de supervivencia para un grupo humano é a incorporación de membros externos que resitúen e recontextualicen as relacións existentes. É esta muller, capaz de sacrificar o recoñecemento do seu propio trauma, a que trae ondas de algo novo á superficie familiar. Non é tanto a súa persoalidade "psicolóxica" como a súa posición estrutural de elemento externo alleo á configuración familiar existente, sedimentada e solidificada, imposible de seren alterada dende o interior. A súa relación coa súa sogra e a súa cuñada obriga a estas a mirarse dun xeito diferente, a ser conscientes da súa competencia, da violencia agochada trala educada forma de sociabilidade que comparten. O seu fillo comparte xogos cos fillos da filla, como un elemento estraño que os fai conscientes da súa situación de privilexio respecto a el, e, por riba de todo, é capaz de chegar até o médico resentido e saltar por riba da súa dor para establecer un principio de ligazón, para traelo de volta á comunidade dos afectos.

Presentada a ausencia nuclear, os persoaxes unidos por ela, e os posibles elementos liberadores, só queda construir a escea da catarse. A visita de todo o grupo ao cementerio á tumba do fillo trae consigo a aparición dunha mariposa amarela pouco frecuente e de gran beleza que está asociada tradicionalmente aos espíritos dos defuntos. Cando, xa de noite, outra mariposa coma a vista no cementerio entra na casa a nai entra nun gran estado de excitación: o espírito do fillo morto está aí, nesa mariposa, nese exceso de vida que aparece por sorpresa nese niño de dor que é a casa familiar. Capturada polo fillo menor "vedes? Só é unha mariposa!", é finalmente liberada e devolta ao campo do que ven. Pero no proceso de captura e liberación opérase unha outra liberación milagrosa: o espíritu do fillo maior -a súa ausencia traumática- é devolto ao exterior -o trauma é resimbolizado, integrado na estrutura simbólica existente- e, grazas a isto, os membros da familia poden empezar a pensarse doutra forma, a desmarcarse da gravitación descomunal do fillo morto. O catalizador de todo isto é o fillo da viuva que observa, na mariposa que se alonxa no xardín, o xesto de despedida do seu propio pai morto, ao tempo que asume a integración na súa nova familia como a combinación da aceptación de dúas dores diferentes. O xesto da súa nai, que obvia o seu propio trauma, que sacrifica o seu recoñecemento en pro da súa nova familia de adopción é o momento ético decisivo da película e o que establece a lectura principal desta. Borrarse lixeiramente para que a convivencia non sexa un combate permanente, ou algo así.

Non amarás, Krzysztof Kieślowski (1988)

"Estes dez mandamentos resúmense en dous: Amarás a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a tí mesmo"


O adolescente Tomek (máis adiante saberemos que ten 19 anos) durme nunha cama que non sabemos se é súa ou allea. Unha venda cubre parte do seu brazo esquerdo. Intuímos algo que será confirmado máis adiante. Imaxes dunha muller levando a cabo a rutina do cotián na súa casa alternan co rostro durmido de Tomek. De súpeto unha man movéndose como a cámara lenta achégase ao seu brazo vendado. Outra man, máis enrugada, máis deteriorada polo tempo, interrompe o avance da primeira. Observamos entón sobre o corpo do adolescente durminte a man da muller madura, e sobre esta, a segunda, dunha muller que está xa entrando na senectude. A muller de maior idade parece actuar como garda do corpo do rapaz fronte ao avance da outra. Podemos pensar a imaxe ideal do si-mesmo protexida fronte ao avance do real, sen importar o prezo a pagar por esta protección. Como é habitual en Kieslowski, o inicio da película revela as claves desta e senta as bases do desenrolo lóxico que vai vir no resto da metraxe.

Sentei a ver a película cunha desas frases de Zizek na cabeza lida en "lacrimae rerum", no capítulo chamado "a teoloxía materialista de Kieslowski": "o amor non existe, só hai unha necesidade infinita de amar. Cada amor concreto, empírico, está destinado ao fracaso, pero aínda así voltamos a namorarnos unha e outra vez. Só dende o amor somos capaces de pensar a nosa soidade." A diagnose é certeira. A historia de Tomek e Magda presenta dous namoramentos, un despois do outro, asíncronos e especulares, que poñen de manifesto simultaneamente a imposibilidade do amor como ideal e a necesidade do amor concreto para facer fronte a ese abismo que é a propia subxectividade.

Tomek, na súa observación obsesiva de Magda aparece ante nós coma un tolo que mantén unha  distancia de seguridade permanente ante a vida, o cal impídelle levar unha existencia verdadeira. A súa condición de orfo semella estar, en parte, na base da súa actitude vital, pero no so está aí a clave da súa posición. Agochado tras un telescopio, Tomek espía a vida de Magda, a existencia desta en loita co real, onde as feridas son verdadeiras e as satisfaccións -sempre parciais- iluminan con frecuencia os seus días. A parella Tomek-Magda é a representación das famosas dúas caras da moeda: el ordea as súas cousas obsesivamente, establece rutinas de ferro e fuxe dos accidentes da vida para non sofrer, conseguindo con iso un sofrimento doutro tipo, claramente peor no longo prazo. Fronte a el, a muller na cal recae o seu ideal de amor, Magda, entrégase ás continxencias da existencia sen temor, sen pararse a avaliar os riscos nen a facer cálculos utilitarios. Entre estas continxencias, a busca dunha parella con pretensión de estabilidade na cal non remata de ter éxito. A obsesión de Tomek o achega ao típico psicópata de película de terror: a través de pequenos enganos vai entrando na vida dela, causándolle molestias de todo tipo até descubrirse cando ve que a cousa se lle vai das mans. A aposta de Magda por vivir conforme aos seus propios desexos fai dela un persoaxe pleno en certo sentido: a súa inestabilidade vital é a garantía da súa estabilidade como persoa.

O mal que causa Tomek é de baixa intensidade, por riba de todo está a súa amada idealizada, e, cando obrigado polas circunstancias, ten que poñerse fronte a fronte co seu obxecto de desexo entra en crise.

O impacto traumático que altera o percorrido da película ten lugar no momento en que Tomek atravesa a súa fantasía. Das imaxes sin densidade do seu telescopio, da distancia de seguridade da súa ventá de cristal na oficina de correos na cal traballa, e mesmo nese contacto case sen palabras tras aceptar o posto de repartidor de leite para ir a casa dela a levalo, pásase a unha escea que é o cumio da autohumillación: Tomek entra na casa dela tras un breve intercambio telefónico, e alí, sometido ao contacto físico con ela (as súas mans tocando as pernas espidas dela), ten unha exaculación cos pantalóns postos. Así, de forma brutal, Tomek pasa de vivir na fantasía dun eu ideal en comunión co seu amor sublime a un estado de desublimación depresiva froito do contacto real cos seus fluidos internos. O amor ideal deixa caer a súa máscara e tras ela só está a calor viscosa do seu semen nos seus pantalóns. Ante esta situación, Tomek sae correndo, e, incapaz de vivir coa imaxe da súa caída, só atopa unha saída.

A película deixa caer aos pouquiños esceas da relación de Tomek  coa muller coa que vive, unha viuva que fala todo o rato do seu fillo -imaxinario?- que virá a visitala nun futuro indeterminado e que, mentras tanto, ofrece a Tomek a posibilidade de instalarse na súa casa indefinidamente. Esta muller actúa como garda da imaxe ideal de Tomek. Gusta do seu sentido obsesivo da orde, da súa responsabilidade no traballo, do seu acatamento dunha forma de vida "normalizada" sen excesos nen tolemias. Unha vida en frío, mantendo o real a unha distancia prudencial que evite o risco do contacto excesivo cos outros. En certo sentido é a materialización da autoconciencia narcisista dun Tomek que oscila entre escapar da súa burbulla semiautista e permanecer nela indefinidamente. Esta muller, nunha escea aparentemente intrascendente, dille a Tomek: "se algo te causa dor, faite dano noutro sitio para esquecer a primeira das causas".

Tomek, traumatizado polo encontro con Magda, pola destrución da imaxe sublime de ambos, segue o consello da súa nai-conciencia adoptiva: inflixirse dor noutra parte de si. Pechado no baño, colle unha maquinilla de afeitar e córtase á altura da muñeca esquerda, nunha escea que está desestetizada por completo, reducida ao banal e que resulta, por todo iso máis terrible que se fora desenvolvida mediante virtuosismos na posta en escea, no tratamento da cor ou mesmo na posición da cámara. Sabemos que Tomek non morre. O seu acto sacrificial -o seu paso ao acto- produce unha estraña inversión na relación con Magda. De súpeto, ela atopa na mirada del algo que antes non detectaba: a imaxe idealizada de si mesma, por riba das decepcións cotiás, por riba das continxencias diarias: Magda gústase na imaxe que de si mesma adiviña en todo o esforzo e a tolemia de Tomek. A partires deste punto ela namórase del. Dunha imaxe sublime del, máis ben, na cal intercámbianse os roles de subxecto e obxecto do desexo. Un Tomek durminte é, a partires da súa hospitalización, agora asediado por unha Magda que quere saber quen era a persoa que a espiaba. Onde antes só vía os rasgos desacougantes dun neurótico obesivo agora séntese iluminada pola mirada limpa dun adolescente que a idealizaba. En realidade, o sabemos, ela desexa o desexo del sobre si mesma, deixando aberto até o infinito un bucle de narcisismo que, parece decirnos Kieslovski, é a fantasía constitutiva do amor.

Finalmente, tras moitos intentos fallidos, Magda chega até a habitación dun Tomek aínda durminte. O seu telescopio, a vista do seu propio edificio. Magda mírase exactamente dende a posición na cal era observada por Tomek. E nese recoñecerse na mirada do outro hai un goce narcisista que, como auga acugulada nunha presa, a desborda. No peche da película conectamos co comezo: a man de Magda aproximándose ao brazo ferido de Tomek é parada pola nai adoptiva deste, nun xesto que, agora si, entendemos: fronte ao contacto traumático co real, hai que preservar a burbulla do ideal para non perder a cordura nin a vida. Achegarse ao abismo dos outros, si, vale, pero sen pasarse, sen traspasar certo límite de seguridade.

A conclusión final é, como mínimo, tan desoladora coma a de "non matarás": amar é imposible, pois detrás do amor són hai unha fantasía construída sobre unha espiral infinita de narcisismo e malentendidos da que é imposible fuxir.

Non matarás, Krzysztof Kieślowski (1988)


Unha rata morta na superficie dun charco, a carón dun billete enrugado. Un plano do charco dividido en dúas partes, a da rata e outra que permanece a escuras. A cámara barre lentamente de esquerda a dereita, dous segundos de escuridade, e, de súpeto, pola parte da dereita un gato negro aparece aforcado no traveseiro dun columpio mentras un grupo de nenos corren ao lonxe berrando e rindo. Así comeza "non matarás" o filme que o autor polaco rodou, xunto con "non amarás", xusto antes desa tetraloxía da redención que conforman "a dobre vida de Verónica" e "tres cores: azul, branco e bermello". O estremecemento e a incomodidade acompañan xa ao espectador dende os instantes iniciais, máis cando a rata perfílase cos contornos dun taxista filloputa maniático da limpeza e a orde que espalla sementes de maldade enbelenando animais domésticos abandoados por acá e acolá, e o gato negro -arquetipo clásico do MAL- toma a forma dun vinteañero que vaga polas rúas grises de Varsovia escalando peldaños tamén na súa peculiar andaina sen sentido.

Avisados xa dende o principio, sabemos que a rata vai morrer nunha lameira, e que o gato perecerá aforcado. A cuestión: quen será entón o autor material de cada morte, en que condicións van ter lugar estas e que van a significar. O rapaz que vaga pola cidade non semella ter ningún motor para as súas accións. Máis que un herdeiro intelectual do Raskolnikov dostoiesvkiano achégase, na súa carencia de anclaxes na realidade a un Mersault estrañado de todo, especialmente de si mesmo. Unhas babas nun café deixado a medias, un home ao que tira ao chan nuns urinarios públicos, un ladrillo que deixa caer dende unha ponte provocando un accidente de tráfico: o gato vai ensaiando accións pequenas a espera de atopar á rata. Cando sube ao seu taxi sabemos o que vai a acontecer, case intuimos o cómo. Porén, a experiencia do asesinato do taxista-rata incide na dificultade de matar, na banalidade do asasinato, na férrea anclaxe á vida dos seres vivos mesmo despois de ter cometido sobre eles toda clase de mutilacións físicas. O rapaz-gato mata ao taxista-rata e non experimenta remordementos por elo, só un fastidio de pouco percorrido polo chapuceiro que lle resultou todo. Subido ao taxi, queda prendado dunha cabeza bermella de diaño sorrinte que vai colgada no espello retrovisor do automóbil. Sen sabelo, está presenciando o seu destino. Os restos do taxista quedan nunha lameira, olvidados dun mundo indiferente á súa morte.

Entre os planos do demo-rapaz-gato percorrendo Varsovia e os planos do taxista-rata, o director inserta a historia dun avogado que cré na xustiza, nas leis, no dereito e na inocencia fundamental de todos os seres humanos: "dende Caín a humanidade non fixo senón perfeccionar os se seus métodos de castigo cos bós resultados que coñecemos", dí nunha entrevista de traballo. O avogado é admitido nun importante buffete xusto o día que se consuma o asasinato arredor do que xira a película. Subido a un ciclomotor verde, a súa ledicia destaca sobre un fondo de tráfico gris, o seu éxtase é unha discontinuidade nunha liña de desesperación e derrota pola que transitan os seus concidadáns.

O último acto da traxedia ten lugar tras unha elipse dun ano: o avogado defensor non consegue evitar a condea a morte do rapaz-gato. E é nesta parte final do relato, na descrición da maquinaria administrativa que leva a cabo a execución, onde descubrimos un terceiro nivel de maldade: o taxista-rata practica un mal de baixo nivel, movido por unha carraxe xorda cara todo o que o rodea, o rapaz-gato desenvolve un mal que procede do desarraigo absoluto, é un mal intermedio entre o humano e o divino, non ten motivación, pero carece da omnipotencia de Deus. O mal que emana do sistema xudicial que encarga unha pena de morte é un mal absoluto, adscrito á orde do mal divino: desmotivado e omnipotente, está por riba da vontade dos homes e lévase a cabo maquinalmente.

A secuencia do aforcamento estírase durante varios minutos: a presa dos gardas por rematar canto antes, a frialdade do verdugo, o tremor do avogado e o cinismo institucional de sacerdote e alcaide da prisión, mestúranse agriamente nun cuarto diminuto, cun cadalso chapuceiramente montado. Porén, desta vez, a vida abandoa con rapidez o corpo do rapaz e todos saen aliviados do cuarto de execucións como dicindo "había un problema e solucionámolo". Unha cubeta marela aos pés do executado recolle os fluidos do home morto. Unha vez máis, o plano do principio da película ten unha resonancia extraordinaria, pechando un arco de indignidade e banalidade que, parece dicirnos o director, é inherente á condición humana.

No plano final, o avogado, sentado no asento do seu automóbil, en medio dun campo, rodeado de vexetación, chora por todos nós, porque a vida carece de sentido e porque todo parece levarnos sempre polo peor dos camiños. Tamén, como non, porque, pese a momentos puntuais de alegría inmensa nos que parecemos estar-no-mundo e non fora de el, ao final só quedan ratas flotando sobre charcos podres, gatos aforcados en columpios oscilando por culpa do vento e maquinarias institucionais demoníacas impermeabeis á condición humana.

41

Comprendo los ojos hundidos
de los viejos
secos residuos
rotos por mares que no podían vivir.

(Ted Hughes, Estaciones II)

In love with this

lecturas veraniegas

En las ciudades globales (Nueva York, París, Bombay, Londres, Beijing), zonas que nunca habían despertado el interés de los ricos, alejadas del centro (Lower East Side, Williamsburg, Dumbo) y donde residían obreros, dependientes, empleados domésticos, pequeños comerciantes e inmigrantes, se convirtieron en focos de atención para el capital.

Estas zonas se vieron revalorizadas como nuevos lugares de ocio y, en menor medida, como lugares de residencia para los ricos (puesto que se podía conseguir una vivienda de lujo derribando tabiques y juntando varias pequeñas para crear una mayor). La arquitectura industrial y proletaria pasó a considerarse algo de lo más encantador, con la connivencia de los intelectuales nostálgicos de la clase trabajadora. En los casos en que los ricos no desplazaron personalmente a las clases populares, delegaron la tarea en quienes el sociólogo Jean-Pierre Garnier llamaba "los flecos de la pequeña burguesía intelectual": publicistas y periodistas, maestros y profesores, trabajadores sociales, escritores, todos ellos sobrecualificados e implicados en la modernidad cultural para así compensar su escaso capital real. Estos representantes de la clase media educada fueron quienes se ocuparon de desalojar a los trabajadores, las fachadas de cuyos edificios rehabilitaron con enorme cariño.

[Epitafio para el hipster blanco, Mark Greif, en Qué fue lo hipster, ed. Alfa Decay] 

Vigo Transforma II, outra reflexión

No ano 2010, dentro dos actos de propaganda destinados a promocionar a candidatura da Presidenta da Autoridade Portuaria á Alcaldía de Vigo e incluído no calendario de actividades guais do Xacobeo 2010, estreouse en Vigo un festival de música na onda dos eventos "modernos", "cools", "chachipirulis" e mesmo "indies" que salpicaban a xeografía hispánica no tempo de verán ou de pre-verán. Lembro a foto da presentación da 1ª edición: unha sorrinte Corina Porro anunciaba dende o centro dunha mesa hiperpoboada a boa nova: esta cidade de merda tería por fin un festival a altura da súa grandeza. E este estaba organizado pola Autoridade Portuaira, ente administrativo que até entón eu tiña por garante do tráfico de mercadorías no peirao e responsábel da aduana marítima basicamente. A maniobra, é sabido, non funcionou de todo, os concertos foron un éxito pero a candidata quedouse ás portas da alcaldía da cidade. Porén, pasado este momento fundacional-traumático, o festival xa se considera "consolidado". É sabido que só precísase unha cantidade de tempo suficiente para que as orixes bastardas das cousas sexan borradas (xa aconteceu con esa seudo feira de arte que se celebra no IFEVI, que na súa IV edición xa está bendecida pola crítica especializada) e integradas no curso normal da vida cotiá. Posiblemente o nivel de grosería intelectual e política desta maniobra só sexa superada polos usos que se lle van a dar á cidade da cultura e polo programa de actividades do pasado Xacobeo 2011, pero aínda así é difícil atopar algún detractor do invento: música "moderna", bebidas baratas, o mar, as ondas, o solpor: o contextual desbordando ao substantivo, a estética devorando calquera intento de reflexión ética.  De fondo, a aceptación acrítica "do que hai" como signo dos tempos, e o "reláxate e disfruta" como modo de vida consensuado.

A novidade, nesta segunda edición xa situada en todas as axendas das revistas de tendencias e suplementos de cultura do país, é a cabeza que preside a Autoridade Portuaria agora mesmo, o exconcelleiro Ignacio López-Chaves, figura emblemática da ultradereita galaica de raigame antigalega e guerreiro infatigable en todas as loitas patrocinadas dende a caverna mediática neocon española (tal e como lembra coa súa brillantez habitual Fran P Lorenzo). Dado o historial do home, probablemente teñamos a oportunidade de asistir a outro lavado de cara e posta ao día da imaxe dun político marcado e significado inequivocamente. Será divertido escoitalo falando das virtudes dunha música que non lle interesa nada, eloxiando o ambiente xuvenil de celebración que tanto detesta ou abrazando entusiasmado ante os medios as propostas "de vangarda" que nada lle din.

En conclusión, Vigo Transforma parece ir tomando un camiño definido: unha sorte de autolavado deses que se ven nas beiras das estradas, destinado a limpar non automóbiles, senón a chapa de certa clase política que pasa transitoriamente polos sillóns de dirección da Autoridade Portuaria para, tras o festival,  saír limpos, brillantes, con ese olor a novidade e frescura que caracteriza ás reunións multitudinarias da mocidade hedonista-nihilista que ateiga os festivais veraniegos. Esto si que suena brillante.

A soidade colectiva

Fai xa tres semanas estoupou unha pequena onda de malestar colectivo. De xeito imprevisto, os organizadores dunha difusa -e confusa- vaga de manifestacións polo territorio hispánico atopáronse con miles de persoas acampando nas principais prazas das principais cidades españolas. A necesidade de comentar o que estaba acontecendo retratou con rapidez aos medios productores de opinión tradicionais do país e a esa masa evanescente de internautas que observan sen mollarse, que tuitean por non estar calados, que miran o facebook de esguello e clican compulsivamente nos millóns de "me gusta" esparexados polo chan desa comunidade virtual.

O retrato colectivo, xa cunha perspectiva mínima, é maiormente desolador, alomenos para quen escribe estas liñas e articúlase dacordo a tres esquemas, dous deles diferentes superficialmente pero coincidentes no fundamental:

- Enfoque 1: o movemento do 15M é unha reunión de restos da sociedade, de xente non integrada incapaz de asumir compromisos concretos co seu tempo e que vive nas fantasías utópicas froito do cruce imposible entre certo neohippismo new age e determinadas correntes anarquistas-libertarias irreductibeis a todo intento de integración. Non se lavan, chean todo de lixo, as pulgas, o sexo libre e as drogas brandas son o seu selo de identidade por riba das esixencias políticas. Diagnose: que se retiren do espazo público e deixen á xente de ben levar a cabo os seus traballos honrados que son os que fan funcionar este país.

- Enfoque 2: o movemento do 15M representa unha erupción de saudable indignación crecida ao carón da crise económica e alimentada polos defectos dun sistema de partidos que exclúe a representación parlamentaria dos grupos minoritarios e permite o crecemento no seu seo de toda clase de elementos corruptos que, máis que amosar as feblezas do sistema, mostran as debilidades dos seres humanos en posicións de poder manexando grandes sumas de cartos. Diagnose: que se retiren do espazo público e formalicen as súas propostas nalgo concreto, que se incorporen ao activismo cívico e fagan valer as súas propostas nos foros pertinentes para rexenerar a vida pública e contribuir á mellora da democracia e de todo o sistema de representación que sostén a esta.

- Enfoque 3: o movemento do 15M representa o imposible que se volta real. Como acto ético constitúe unha impugnación de todo o sistema, da marca "democracia" como significante-amo desta etapa do capitalismo liberal. O movemento do 15M non pretende a reforma do existente senón a destrución do que hai, presentando como novidades formas de organización orixinais ao marxe das tradicionais. O movemento do 15M é un ensaio a pequena escala de algo máis grande que latexa nos recunchos das nosas sociedades, o alento dos que non teñen representación, da parte sen parte que carece de valor como interlocutor nas nosas sociedades. A súa existencia demostra que só os actos éticos impensables poden alterar o estado de cousas. O espontáneo, o non previsto, o fluxo do devenir-acontecemento, son as marcas da súa aparición. Diagnose: que a súa loita entre en conexión coas loitas anteriores, que as súas demandas fagan tremer as estruturas reificadas da nosa democracia liberal, que a súa voz sinale a aqueles que realmente-teñen-o-poder, e que das súas asambleas salgan novas palabras que substiúan ás vellas, que os seus soños xa non sexan os soños habituais, senón un máis alá do-que-hai que poida traer aquí e agora todo o que está sinalado como imposible: o vello sono revolucionario da igualdade e a liberdade verdadeiras, dotadas de contidos reais e non só teóricos.

(continuará)

Times They Are a-Changin

Bob Dylan cumpriu onte 70 anos. Non vou dicir nada sobre el, internet está chea de análises intelixentes e apaixoadas facilmente rastreables en google. Si me interesa rescatar un dos seus himnos xeracionais, de letra intemporal que podería ter servido de banda sonora para estes días:




Vinde xente, reunídevos,
onde quera que esteades
e admitide que as augas
creceron arredor voso
e aceptade que pronto
estaredes mollados até os osos,

se credes que estades a tempo
de salvarvos
será mellor que comecedes a nadar
ou vos afundiredes como pedras
porque os tempos están cambiando...

Vinde escritores e críticos
que profetizabades coa vosa pluma
e mantede os ollos ben abertos,
a ocasión non se repetirá,
e non faledes demasiado pronto
pois a ruleta aínda está xirando
e non ten nomeado quen
é o elixido
porque o perdedor agora
será o gañador máis tarde
porque os tempos están cambiando.

Vinde senadores, congresistas
por favor escoitade a chamada
e non vos quededes no umbral,
non bloqueedes a entrada,
porque resultará ferido
o que se opoña,
fóra hai unha batalla
furibunda
pronto golpeará as vosas ventás
e cruxirán os vosos muros
porque os tiempos están cambiando.

Vinde pais e nais
arredor da terra
e non critiquedes
o que non podedes entender,
os vosos fillos e fillas
están fóra do voso control
o voso vello camiño
está carcomido,
por favor, deixade paso ao novo
se non podedes botar unha man
porque os tempos están cambiando.

A liña está trazada
e marcado o destino
os lentos agora,
serán rápidos máis tarde
como o agora presente
máis tarde será pasado

a orde
esvaece rapidamente
e o agora primeiro
máis tarde será o último
porque os tempos están cambiando

Coma sempre, o obvio está ao alcance daqueles que non estean cegados polo resplandor dos seus propios privilexios.

"A vida privada xa non existe na URSS!!!"



Fai un par de semanas voltei ver "Doutor Zhivago", a crónica da revolución de outubro de 1917 e as súas consecuencias dende a óptica dun médico-poeta que asiste á destrucción da orde existente e posterior levantamento dunha nova en estado de shock mentras o vento da historia leva por diante as alegrías e miserias da súa vida e daqueles que o rodean. A película, baseada no libro de Boris L. Pasternak, mira con simpatía para esta alma sensible que simpatiza cos revolucionarios bolcheviques ao tempo que mira de esguello para os cambios que acontecen na súa vida de burgués-intelectual acomodado. As esceas da chusma que ocupan o palacio no que solía vivir obrigándolle a morar nun espazo de apenas vintecinco metros cadrados son unha mostra do posicionamento ideolóxico do director e do autor do libro: as almas sensibles que simpatizan intelectualemente coa revolución asisten alporizados ao proceso de destrucción do palacete, á invasión de xente sen recursos que os mira con desprezo e, sobre todo, á toma de poder dunha maraña de membros do partido que actúan de comisarios ideolóxicos e de axentes políticos ao servizo do camarada Stalin, vixiantes e ávidos de descobrer aos traidores á revolución. A película -isto non o lembraba- remata suficientemente mal para ser un produto hollywoodiense, seguindo máis a lóxica interna da narración que a lóxica das taquillas estándares e abre tras o seu visionado un espazo interminable no que plantearse cómo dotar de contidos positivos aos plans teóricos para cambiar o estado das cousas e as consecuencias imprevisibles de todo proceso revolucionario, entre as que a traizón aos propios principios está implícito no propio proceso e a chegada ao poder dos criminais e delincuentes é unha posibilidade máis que os seus promotores non acostumbran a ter en conta.




Non puiden evitar relacionar o visionado da película cun comentario de Alan Badiou no seu libro sobre o século XX (comentario que tamén recolle o fuco nunha das súas magníficas entradas habituais -"restauración") argumentando que este foi o século da "paixón polo real", no cal puxéronse en práctica todas as ideas escritas e discutidas no século anterior. Para Badiou, o século XX na súa versión "curta" (1917 - 1989), levanta acta dun compromiso coa realidade por parte de millóns de persoas que, simplemente, negáronse a aceptar "o que hai". Vale, é un reduccionismo esaxerado mesmo para unha entrada dun blog intelectualmente frívolo como este, pero nesa simplificación hai un núcleo de verdade: vivir para "a Causa" exclúe esa retirada do mundo que é vivir para a "vida interior" (esa ficción narcisista que busca dar sentido a vida a base de autonarrarse) e para o hedonismo soft que son as marcas de clase da maioría de nós a estas alturas do século XXI.

Fala Zizek no seu libro "en defensa de causas perdidas" do cruce fatal da biopolítica (vivir para coidar a saúde, para adicarse ao cultivo de un mesmo, para a preservación de si como causa suprema) coa pospolítica (a afirmación de que non hai ideoloxías nin loita de clases nin nada parecido, senón a simple xestión do que hai no marco da democracia liberal), e propoñe -seguindo a Badiou- como remedio e superación de ambas cousas a volta á militancia, á vida fóra de un mesmo, ao enfrontamento co real arriscando o confort material e as certidumes mornas do día a día, á recuperación da política como un máis alá da mera democracia liberal que cuestione o marco existente e sinale o discurso dominante que naturaliza a desigualdade e que obvia os antagonismos inherentes á constitución das nosas sociedades. Dalgunha forma está dicindo "prohibamos a vida privada!!!". É dicir: deixemos de lado esa retirada ao interior da nosa domesticidade no que estamos inmersos. Fagamos algo coa escasa carga subversiva que reste nas nosas prácticas culturais: todo o remanente de creatividade que persiste nos nosos gustos procede dun xesto inicial subversivo desactivado e convertido en mercadoría nun catálogo de produtos culturais. Recuperemos esa enerxía intanxible e tratemos de ligala cos seus xestos fundadores.

Di Lacan que a angustia é o único afecto que nunca minte. A nosa, traducida no día a día nunha constelación inacabable de síntomas, é consecuencia dun desaxuste profundo entre a vida que levamos e a que deberiamos levar, a expresión dunha tensión que nos erosiona dende dúas frontes: a conformidade ante o estado das cousas e a sensación de que o noso delicado equilibrio persoal está sometido as agresións permanentes do mundo que habitamos sen que podamos facer nada para cambiar ou modificar o existente. Ante isto, a proposta é clara, saír de casa, botarse as rúas á busca dos cómplices, dos futuros camaradas (!!!), do encontro real cos outros que posibilite -Badiou de novo- un proceso de verdade no cal nos podamos constituir como suxeitos: política, arte, ciencia, amor, entendidos como algo máis que meros entretementos persoais aos que adicarse como hobby caseiro no interior dos nosos bunkers domésticos. As posibilidades de fracaso son inmensas, o sufrimento e a dor que conleva o proceso de proba-erro serán proporcionais á magnitude das apostas, os desgarros vitais inherentes serán inevitabeis, pero a recompensa, unha vida "de verdade" (dentro do que cabe) e non un simulacro autosostido dende a ficción dunha vida "sen complicacións" debería ser alicerce suficiente.

En fin, que lles vou contar que non saiban.

re-censura


O mundo é un sitio estraño moitas veces.

A imaxe que aparece aquí arriba é obra do artista Manolo Moldes. Fai 25 anos foi seleccionada e posteriormente retirada pola autoridade competente da bienal de arte de Pontevedra. Arredor do cadro fíxose un silencio absoluto. Apenas unha nota na prensa de entón dá conta do suceso.

A obra foi recuperada recentemente para a exposición "CASUS BELLI + REFUTACIÓN DO CONTEXTO. Conflitos de recepción na arte contemporánea" (blog aquí da expo) comisariada por Alberto González-Alegre e Ángel Cerviño. Copio e pego do propio blog da expo o seguinte texto:

CASUS BELLI pretende afirmar que toda obra de arte leva inscrita no seu programa estético -como unha marca xenética- a vontade, explicitada con maior ou menor intensidade, de rebater e cuestionar o seu contexto de recepción. Esa será a única estratexia que lle permita exhibir os seus propios e irredutibles postulados: a obra gasta parte das súas enerxías en manter baixo control a un contexto quizáis demasiado interesado en impor as súas lecturas. A ese enfrontamento entre o espírito libertario da obra e as tentativas domesticadoras do contexto chamámolo conflitos de recepción: unha interminable guerra de posicións, con trincheiras enlamadas, longas campañas de inverno e accións sorpresa da guerrilla.

A reacción da facherío ensordecedor non se fixo esperar. Coma un resorte perfectamente engrasado, e seguindo a lóxica implacable dunha estupidez que aspira a entender a sociedade coma un todo homoxéneo que debe seguir estrictamente unha serie de normas non escritas (basicamente Deus, Patria, Familia, Libre Mercado), o aspirante a concelleiro de cultura en Santiago polo PP fixo estas declaracións nos micros da COPE (cito aproximadamente) despois de pasar pola exposición:

Acabo de estar allí ... ya ha habido ciudadanos de Santiago que nos avisaron .... dos cuadros que son altamente ofensivos y un tercero que consiste en una especie de crucifijo introducido entre sus dientes ... estamos una vez más ante una clara provocación, un claro insulto a lo que son valores compartidos por la sociedad compostelana y por muchos cientos de miles de gallegos y por millones de españoles que una vez mas asistimos a un doble lenguaje, mientras por un lado el Alcalde se dedica a presentar la semana santa, por otro lado organiza exposiciones que ofenden gravemente a la religión católica y a los creyentes y que ya es hora de que esto se termine, lo que si pedimos evidentemente, es que se tome una determinación con respecto a estos cuadros que son especialmente ofensivos para la religión católica y los creyentes y desde luego le exigimos al alcalde una explicación, que nos explique por qué autoriza exposiciones en las cuales se ofende gravemente a la simbología y a las creencias de los católicos, cosa que por cierto no sucede con otras religiones, no es que yo lo desee no mucho menos, pero es que es curioso, siempre las ofensas van hacia los cristianos ....., algo lamentable, vergonzoso .... no se como tiene estomago para permitir ofensas graves a la religión católica por una parte y por otra parte ir a presentar los actos de la semana santa ... ruego a todos los que me estén escuchando que se den una vuelta por el auditorio y que confirmen lo que yo estoy diciendo ...

Los cuadros son del artista o del supuesto artista Manuel Moldes, incluso hay una inscripción que acusa de censurar al expresidente, Gerardo Fernández Albor:

- Lo que es todavía más increíble que el texto que acompaña a uno de los cuadros ... es gravemente atentatorio contra un ex presidente de la Xunta .... según parece solicitó la retirada de unos de los cuadros de una exposición que se estaba celebrando en Pontevedra, pues bueno, hacen chanzas de Fernández Albor en lo que es la explicación que acompaña al cuadro acusándole de censor, etc., etc., esto es intolerables ..... la ofensa a las creencias de miles de compostelanos, con dinero público, que lo haga el sr. Bugallo .... (continúa en este plan) ... que los ciudadanos lo vayan a ver y haga llegar sus protestas al sr. Bugallo .... el sr. Albor no merece el desprecio que le hace el sr. Bugallo ...

Coma se o tempo non pasase, o señor candidato do PP fai valoracións que remiten a outra época, esixindo que os contidos dunha exposición estean axustados aos seus códigos morais e pretendendo ademáis que estes sexan elevados á categoría de referente para decidir se unha obra de arte debe ser exposta co patrocinio do Concello de Santiago ou vetada por ofender as súas conviccións estéticas e morais.

Fai 25 anos a obra de Manolo Moldes velouse na propia Bienal de Pontevedra. Os curiosos achegábanse e retiraban a cortina que a cubría para ver aquel cadro prohibido por orde da autoridade competente. Nas actas da Bienal retirouse toda referencia á obra, e, pese ás protestas do artista, a cousa quedou en nada. "Había un problema y lo hemos solucionado", diría certo dirixente político español. Pois ben, noraboa aos responsables da expo por recuperar a obra e pola intencionalidade política que acompaña á súa proposta. Poñamos os problemas enriba da mesa para tratar de cuestionar o código non escrito que regula a vida pública: malia que lles pese a algúns certas cousas mudaron lixeiramente.

contra o trending topic

Son usuario de twitter dende fai un par de anos. Ao principio pasaba bastante do invento, miraba de cando en vez os tweets dos meus catro ou cinco contactos e pensaba para min mesmo, para qué carallo quero isto.  Ata que fai cousa dun ano empecei a agregar á miña lista de contactos a xente relacionada co xornalismo, a televisión ou o cine e a cousa comezou a volverse peligrosamente adictiva. Fronte a esa síntese dialéctica de opcións  interneteriles que é o facebook -ao cal, o confeso, estiven enganchado uns meses, para rematar deixándoo case de lado recentemente-, twitter ofrece un formato ultrareducido sen posibilidades extra. Dalgunha formai vai ao esencial case sen querer: 140 caracteres e a posibilidade de engadir enlaces gracias aos acortadores de URLs. Un ten que esforzarse por facerse un oco ante o festival de píldoras do enxenio que inundan o seu timeline nun fluxo sostido e ininterrumpido: non basta con ser graciosillo o simpático, os 140 caracteres supoñen a necesidade dun verdadeiro esforzo mental para gañarse un posto na xungla dos twitteos.

Fronte ao facebook e ao seu botón de "gústame" xa elevado a zeitgeist, a gran innovación do twitter é, sen dúbida, o "trending topic", unha especie de encarnación textual hiperconcentrada de que cousas lles están a preocupar aos centos de millóns de tuiteros do planeta enteiro. Superando en capacidade de actuación sobre a realidade ao "gústame" de facebook, o trending topic ofrece unha permanente posta en escea da tensión entre o que está a ocorrer, o que se conta sobre isto e como o que se conta afecta ao que ocorre. O trending topic ten unha capacidade performativa inédita até o de agora, e a súa forza nace da indecibilidade sobre cando vai a xorder, sobre os temas nos que se centra e sobre o número de habitantes da nación  twitter que van a subirse ao tsunami microinformativo que leva consigo.

Porén, hai algo perturbador neste fillo bastardo da inmediatez da experiencia internauta e a súa retroalimentación cos medios de comunicación tradicionais que teñen conta en twitter. Un tuiteo chega a trending topic cando, atravesado o primeiro círculo dun emisor con poucos seguidores, é retuiteado por algún usuario de grao medio-alto -como os xornalista deportivos Julio Maldonado (AKA Maldini) e Michael Robinson, por exemplo, con 75.000 e 63.000 seguidores respectivamente, ou o galo do galiñeiro hispánico, o xornalista Ignacio Escolar con 40.000-, e de ahí a toda a nación twitter en lengua española (a nación tuiter en galego e bastante máis pequeniña). É dicir, sen a colaboración dos xornalistas dos grandes medios de comunicación é complicado que un tuiteo chegue a trending topic. Polo tanto, horizontalidade e participación do internauta de a pé, si, pero sen pasarse, que os que cortan o bacallao son finalmente os que o fan nas cúpulas dos medios de comunicación tradicionais.

Non é esta a miña crítica principal. O que de veras me produce pavor e o momento no cal unha faísca de indignación convértese de súpeto no arranque dunha reacción en cadea que pode tirar abaixo unha votación do parlamenteo europeo -o caso dos vós en primeira clase dos eurodiputados- ou a eliminación dun noxento artigo obra dun xornalista neofacha no xornal "El Mundo".

A instantaneidade anula a reflexividade. Mesmo aínda que sexa por causas "xustas", non debería ser posible que o que non pasa de rabieta caseira acade resonancia mundial nun par de horas. Unha lectura psicoanalítica superficial vería en todo isto un rasgo máis dese estar instalados no estatuto do goce que domina a configuración das nosas sociedades contemporáneas. Se o fetichismo da mercancía está hiperrofiado arredor do obxecto "información" é por algo: ofrecida en cascada, interminable, autorenovada permanentemente, a información ofrécese como un magnífico obxecto para a pulsión: repetición, goce, adicción. E o twitter e o epítome de todo isto: se un segue a máis de 100 tuiteros, pode ter un fluxo de mensaxes da orde de un par por minuto. Todo o tempo está pasando algo, e un pode dirixirse directamente aos autores das mensaxes, sexan persoaxes anónimos supergraciosos, directores de cine indignadísimos, xefes de redacción de xornais líderes da edición en España e Latinoamérica ou humoristas televisivos que non saben que facer nos ratos de espera entre escea e escea. O twitter produce a falsa sensación dun mundo de iguais, horizontal na posibilidade de interpelarse mutuamente, e, sobre todo, infinito na súa textualidade: as mensaxes nunca rematan, configurando un discurso personalizado no que se intercalan o serio co frívolo, a cita culta co exabrupto e a vulgaridade máis facilona, o chiste malo e a perla de enxenio que se queda no teu cerebro, os datos científicos máis estraños e os titulares de política máis impactantes. Todo cabe nun timeline medianamente diversificado, ao modo dunha wikipedia anárquica construída a golpe de titulares e ocorrencias.

O acto reflexo sempre é o mesmo: algo nos sacude, escribimos sobre iso, inventamos unha frase enxeniosa, facemos alarde do noso baúl de citas efectistas, insinuamos que o que se ve é unha parte do que está baixo a superficie dos 140 caracteres e cruzamos os dedos esperando que o noso lanzamento sexa lido por algún usuario de grao medio alto para que o dispare ao olimpo. E o olimpo é o Trending Topic.

Pero se o exabrupto instantáneo ten capacidade performativa pola realidade, significa isto que a masa tuitera está en condicións de atacar de raíz ao que é estrutural nas nosas sociedades? É evidente que non. O Trending Topic, se amosa algo de forma cruel, é a solidez do sistema. Pode conseguir atacar ao ruido con máis ruido. Pode facer avergoñarse a uns cantos políticos espabilados ou a algúns xornalistas nostálxicos do franquismo, pero, en último termo, amosa a fortaleza de todo o tinglado, a imposibilidade real de facer fronte a "o que hai". Fomentando, de paso, a ilusión alucinada e autista de que si se pode, a golpe de teclado e de arrebatos sen meditar, transformar cousas, cambiar estruturas, facer temblar os cimientos de todo. E así, unha vez máis, embobados polo resplandor da tecnoloxía do momento seguimos facendo o mesmo coa convicción de que as cousas están cambiando dalgunha forma, cando a sensación, creo eu, é que non hai nin siquera a posibilidade lonxana de tocar o núcleo duro de ese "o que hai", invulnerable a cambios tecnolóxicos e, por suposto, a unha sociedade na cal o vínculo social está no seu peor momento.

E a propósito do tempo

Es muy asombroso constatar que en nuestros días ya no tenemos practicamente ningún pensamiento del tiempo. Para casi todo el mundo pasado mañana es abstracto y antes de ayer, incomprensible. Hemos entrado en un período atemporal, instantáneo, lo cuál muestra, hasta que punto, lejos de ser una experiencia individual compartida, el tiempo es una construcción e incluso, puede decirse, una construcción política.
[...]
Hubo el tiempo inmemorial del campesinado, que era un tiempo inmóvil o cíclico, un tiempo de labor y sacrificio, apenas compensado por el ritmo de las festividades. Hoy sufrimos el par del frenesí y el descanso total. Por una parte, la propaganda dice que todo cambia minuto a minuto, que no tenemos tiempo, que es preciso modernizarse a toda marcha, que vamos a perder el tren (el tren de Internet y la nueva economía, el tren del teléfono móvil para todos [nota: el texto es del año 2000], el tren de los accionistas innumerables, el tren de las stock options, el tren de los fondos de pensiones, y no sigo). Por otra parte, ese alboroto disimula mal una especie de inmovilidad pasiva, indiferencia, perpetuación de lo que hay. El tiempo es entonces tiempo sobre el cual la voluntad, individual o colectiva, no tiene ninguna influencia. Es una mixtura inaccesible de agitación y esterilidad: la paradoja de una febrilidad estancada.

Alan Badiou: El siglo

True Grit / Winter´s Bone



Dúas películas vistas recentemente chaman a miña atención polos seus paralelismos temáticos: True Grit, dos irmáns Coen, remake dun western de Henry Hattaway de 1969, e Winter´s Bone, cine negro indie -se existe tal cousa-, penúltima triunfadora nesa factoría de certificados de bó rollito cinematográfico que se chama Sundance.

Obviando a calidade de ambas -persoalmente prefiro os tics dos Coen que o bó gusto indie canónico de Debra Granik- fascíname o feito de que as dúas protagonistas de cada un dos filmes sexan rapazas adolescentes que parten a) en busca de xustiza polo pai morto ou b) na pocura dese pai ausente/desaparecido/asasinado. O nome do pai, garantía da orde simbólica, está ausente nos dous filmes. Sen el, o que queda é o horror do real, o deserto do real, o lugar traumático do real. As rapazas protagonistas saen de casa coa intención de restituir ese nome do pai como sexa.

No caso da protagonista de True Grit coa idea de facer xustiza, de capturar ao asasino do seu pai, cobrar a recompensa, e ocupar ela o lugar del. Pero para que tal cousa teña lugar deberá enfrontarse a unha madurez sobrevenida polas circunstancias: coñecerá a violencia que funda as leis dos homes, o horror do mal e a beleza terrible das vastas extensións de terreo sen civilizar. Guiada por un habitante da fronteira entre o mundo civilizado e o mundo dos bárbaros atopará a verdade do real e a ausencia de sentido deste. Para facerse adulto, dinos a película, cumpre ter contacto co mal e sobrevivir a tal encontro. Para restituir a orde simbólica será preciso deixar atrás as certidumbres da infancia, mirar ao real de fronte e ser capaz de aguantar enteiro as violencias que sosteñen os tratos e as relacións entre os homes.

A protagonista de Winter´s Bone vive nese Sur profundo de brancos que habitan en chabolas, van armados até os dentes, trapichean con drogas e están gobernados por pactos non escritos e silencios sepulcrais. A desaparición do pai amenaza co embargo da súa casa. Como en True Grit, a desaparición do nome do pai conleva o abandono da familia nos terreos ermos do real. A protagonista, enfrontada á posibilidade de verse na rúa coa súa nai tola e os seus irmáns pequenos que ninguén poderá coidar, decide saír á procura do corpo do pai. Alomenos, demostrando que está morto, a orde de deshaucio non se fará efectiva. Pero o cadáver non aparece, e, na súa procura atópase con mulleres brutais que protexen a homes aínda máis terribles. Enfrontarse a eles levarala a tomar coñecemento das leis segredas que os manteñen unidos e a coñecer, ela tamén, a violencia brutal que sostén tales leis, o mal que emana das condicións materiais da existencia de tales homes. O mal, de novo, pero se en True Grit aparecía como consecuencia da vida nos territorios "sen civilizar", en Winter´s Bone é a consecuencia inevitable das relacións entre os membros da clase social dos excluídos. Para eles, as continxencias do día a día levan a actos necesarios de supervivencia a calquera prezo: roubar, asasinar, o que faga falta.

Sei que olvidarei Winter´s Bone con facilidade e que True Grit etiquetarase na miña memoria no grupo de películas dos irmáns Coen que están no límite do notable pero non máis aló. Pero as dúas personaxes femininas adolescentes que cargan co peso do pai ausente, que dan o paso de ocupar o lugar baleiro que deixan os adultos nas súas vidas, permanecerán algo máis. Hai nelas un retrato fiel do que é deixar atrás o estadio infantil e do que supón asumir a mortalidade como prezo a pagar pola madurez, así como  un achegamento inevitable a comprensión do lugar que ocupa o mal no marco das vidas de todos os homes.

O século marxista

En esta dirección [conquistar la desligazón, el fin de todos los lazos, la ausencia de sí del desligado], el siglo ha sido más profundamente marxista de lo que imaginaba, según un Marx emparentado con Nieztsche, el Marx que anuncia en el Manifiesto el fin de todas las viejas costumbres, es decir, el fin de los viejos lazos de obediencia y estabilidad. La temible fuerza del capital consiste en disolver los contratos más sagrados, las alianzas más inmemoriales, en las "aguas heladas del cálculo egoísta". El capital dicta el fin de una civilización fundada en el vínculo. Y es indudable que el siglo XX busca, más allá de la fuerza meramente negativa del capital, un orden sin vínculos, un poder colectivo desligado, para devolver a la humanidad su verdadera potencia creativa. De allí las palabras clave, que son las de Saint John Perse: violencia, ausencia, errancia.
[...]
De dónde puede surgir un "nosotros" que no esté sometido al ideal del "yo" fusional y cuasi militar que ha dominado la aventura del siglo, un "nosotros" que vehicule libremente su disparidad inmanente y, no obstante, no se disuelva. ¿Qué quiere decir "nosotros" en tiempos de paz y no de guerra? ¿Cómo pasar del "nosotros" fraternal de la epopeya al "nosotros" dispar del "juntos", sin abandonar jamás la idea de que haya un "nosotros"? Continúo, yo también, en ese interrogante.

Alan Badiou, El siglo

Restauración

¿Cómo llamar a los últimos veinte años del siglo [XX] si no segunda restauración?
[...]
toda restauración se horroriza ante el pensamiento y sólo se complace con las opiniones, en particular la opinión dominante, concentrada de una vez por todas en el imperativo de Guizot: "¡Enriqueceos!". Los ideólogos de las restauraciones, no sin algunos buenos argumentos, consideran que lo real, correlato obligado del pensamiento, siempre es susceptible de dar lugar a la iconoclastia política y por lo tanto al terror. Una restauración es en primer lugar una aserción en cuanto a lo real, a saber, que siempre es preferible no tener relación alguna con él.

Si el número (encuestas, cuentas, mediciones de audiencia, presupuestos, créditos, tendencia alcista de la bolsa, tiradas, salario de los ejecutivos, stock options, etc) es el fetiche de los tiempos actuales, es porque donde falla lo real el número ciego ocupa su lugar.

Alan Badiou, El siglo

Mark Kozelek e Laetitia Sadier. SINSAL 9

Esta fin de semana estiven de concertos. Animado polo subidón que me produciu o pasado mes de xaneiro a visita de Joanna Newson decidín achegarme a escoitar o sábado a Mark Kozelek no Auditorio do Concello de Vigo e o domingo a Laetitia Sadier no Salón Teatro de Santiago.

O concerto do primeiro resultoume demasiado monótono. Ese "algo" seu que nos discos provocaba unha sana sensación de tristura e semellaba ser unha delicada invitación para mergullarse nos estados de ánimo máis terminais, no directo do pasado sábado quedou a medio camiño das súas intencións. Un sopor considerable invadiume dende a primeira canción, de xeito que, para a miña vergoña, rematei dando pequenas cabezadas nalgúns momentos, envolto na bruma da súa voz saturada de reverb e no virtuosismo instrumental que exhibiu coa guitarra. Un concerto estraño: apelando a unha especie de tristura íntima rematou producindo un distanciamento insalvable. Supoño que a culpa, como en todo, estivo repartida. Por unha banda un oínte que esperaba outra cousa (recuperar as sensacións de ánimo invernais de Rollercoaster ou Brigde) e pola outra un intérprete cunha proposta sonora complicada na que virtuosismo e distancia combináronse fatalmente para esnaquizar calqueira posibilidade de achegamento ás cancións pola vía sentimental.

O concerto da segunda, pola contra, sendo igual o formato, resultou todo o contrario. Facendo bandeira de certo amateurismo instrumental, Laetitia Sadier conseguiu gañarse a todo o público dende o primeiro minuto. As inflexións da súa voz, convocando na nosa memoria os ecos dos Stereolab menos animados, e a suave melancolía das súas letras (tamén tivo os seus momentos de precipicio emocional) produciron certas ondas de calidez entre o público que chegaban nítidas á cantante que demostraba o seu grato estar a gusto nese momento e nese lugar. O repaso guitarra en man das súas cancións de The Trip -un disco que soa totalmente stereolabiano-, nú e despoxado de calqueira arranxo instrumental resultou sendo unha ceremonia de celebración das emocións pequenas, unha sorte de cálido encontro cun vello amigo que nos contara as súas andainas dos últimos tempos pasado o esplendor da mocidade, albiscando a falta de luz e de calor que trae a idade. Abafada polo entusiasmo do público, ao final do concerto Laetitia dixo "síntoo, non teño máis cancións". Aplaudimos e marchamos d´alí un pouco máis contentos, un pouco máis sentidos, un pouco máis de todo.

Odia aos teus inimigos coma a ti mesmo

Un millón de rapazas castelás manchegas decide meterse a monxa nunha orde ultracatólica de nova fundación. Di a noticia que moitas son irmás xemelgas e mesmo trillizas. Os pais, declaran, están superfelices de la vida. Entre os invitados á cerimonia de iniciación (con hábitos de tela vaqueira, osea), Mariano Rajoy, la Cospedal, Silvio Berlusconi e mesmo o presidente da Xunta, amante das amantes do divino salvador. Ao final só puido asistir Rouco Varela, o home á dereita dos homes que viven na dereita do noso espectro político. Malia ler a crónica do acontecemento cústame imaxinar os detalles, esas cousas que dan consistencia aos feitos narrados. A cerimonia debeu ser, segundo os xornais, unha especie de gala de OT na que desfilarían as protagonistas inversas de "princesas de barrio" (estudantes de mediciña, de dereito, de enxenería, de todas as especialidades coa aura de trampolíns de acceso a esa cousa chamada estatus) cantando hosanna hei a ritmo dubstep, modernas e tradicionais, desenfadadas na súa seriedade: suma magna de oracións copulativas para disimular as adversativas inherentes ao seu invento. Eu non estiven alí e só podo laiarme. Estas rapazas encarnan o signo dos tempos da España do século XXI: en medio desta crise arrepiante, parecen dicirnos, voltemos ás vellas rancias tradicións hispánicas, coas súas mensaxes monolíticas, sen matices, desbordantes de positivismo seguro de si, coas súas receitas de sentido común para encarar o futuro cun sorriso nos beizos: familia, deus, orde, patria.

(Frente ao fluxo do devenir-acontecemento abracemos a reificación do ser, parece escoitarse como letanía de fondo entre amenes e ora pro nobises)

O silencio das (supostas) clases medias

Hai convocada unha nova folga xeral para o próximo xoves 27.

No meu colexio está instalándose ultimamente un costume que me preocupa: non se fala de política nin de nada que poida ser minimamente conflitivo. Así, os intentos de dous compañeiros meus por sacar o tema na cafetería dos profes conduciron a un silencio un pouco estraño. Non dou interpretado eses silencios. Non sei si significan "isto da folga interésame un carallo" ou "non vou discutir con xente que me importa un carallo de cousas que me importan outro carallo" ou "para que discutir de cousas que me importan un carallo: manteñamos este barniz de bó rollo suposto a base de non falar de cousas que teñan importancia".

Moitos dos meus compañeiros len os xornais. Beben despazo os seus cafés. Comentan as novas máis frívolas da prensa. Míranse con aburrimento e desinterese crecente. Falar supón, dalgunha forma, poñerse en xogo, expoñerse máis da conta. O tema da folga é complicado en moitos aspectos: xente que segue a crer que as folgas non serven para nada, agás molestar "á xente de ben", xente que pensa que as folgas son útiles de cando en vez pero esta non é unha delas, e xente que está convencida de que o seu deber ético é facer folga esta e as veces que sexan necesarias.

Os profes cremos estar a salvo na nosa trincheira imaxinaria mentras aí fóra o tsunami arrasa con todo. Porén, para cando queiramos levantar a cabeza non teremos nin siquera a quen mirar para pedir axuda. O estar calado resúltame cada vez máis unha forma especialmente agresiva de desaparecer do mundo. O problema e que, como o dinosaurio do conto, o mundo segue aí. E cada vez dá máis medo.

O irresistible avance do fascismo de rostro amable

Unha nova chamoume a atención a semana pasada (entre varios millóns delas, claro): a autoridade portuaria viguesa invitou aos tertulianos e opinionistas do programa "el gato al agua" da cadea televisiva de ultradereita "intereconomía TV" a facer o seu show nun local da citada autoridade. A invitada estelar de tal programa foi a presidenta da autoridade portuaria, a política do PP Corina Porro.

Deixando de lado o seudodebate sobre a estética/ética do feito de prestar un edificio público para levar adiante un show televisivo privado, o acontecemento retrata con claridade a progresiva radicalización da mensaxe política de certa dereita hispano-galaica.

A nosa presidenta portuaria presume con frecuencia de adscribirse a esa entidade fantasmática chamada "centro político". Leva por bandeira a despolitización do espazo público en favor da "xestión" "abstracta" e "neutral" das cousas comúns e proclama a súa desideoloxización case completa proclamándose pouco menos que unha cidadá normal e corrente que se limita a aplicar o sentido común, o da xente da rúa, para tentar solucionar os problemas do porto, da cidade, de Galicia, e mesmo de España enteira. Baixo este manto de rexeitamento formal do que constitúe a esencia do feito político, e polo tanto, de aspiración velada a unha sociedade que teña expulsado do seu seo o antagonismo que é inherente á súa constitución como tal, latexa en cambio unha visión radicalmente "forte" e profundamente política -pese á súa proclamación "antipolítica"- de como debe ser a nosa sociedade. O "feito antipolítico" é, sen dúbida, o rasgo que disitngue á ultradereita contemporánea. A súa desconfianza manifesta na propia política, o desprezo máis ou menos velado polas formas democráticas, a afición a adelgazar o Estado e os escasos mecanismos igualitarios que aínda sobreviven nel e a cuasi impugnación das institucións nas cales non gobernan constitúe xa unha sorte de DNI que os identifica inquivocamente.

Así pois, o que se pretende máis ou menos veladamente é presentar unha sociedade na cal non hai sitio para a expresión dese conflicto que é rasgo constitutivo último. Unha sociedade que é, toda ela, a xuntanza voluntaria dunha multitude informe adscribible a iso que se chama clase media, con leves diferenzas de riqueza entre os seus membros que son obviables xa que hai mecanismos para igualarnos a todos grazas ao noso esforzo persoal.

Sabemos de sobra que esta tese -enunciada con variantes populistas dependentes da actualidade- só aspira a deixar intacto o estado de cousas. A conservar as desigualdades estruturais e a perpetuar no poder a aqueles que xa o teñen e que sempre o tiveron. Sabemos que o discurso -enunciado cunha vulgaridade que case asusta máis que o obxecto de enunciación- agocha tamén un ansia por recortar os restos dos mecanismos emancipatorios que todavía sobreviven como residuos do Estado do Benestar. E sabemos tamén que a nostalxia de tempos peores é o discurso que se adiviña entre liñas.

O realmente preocupante é observar no día a día como a mensaxe vai collendo adeptos silenciosamente. Unha política como Corina Porro, mergullada por completo na banalidade absoluta do seu discurso, resulta sorprendemente atractiva para unha cantidade considerable de cidadáns: encarna un modo de vida   que, excluídos os avances tecnolóxicos, podería estar descrito completamente nas novelas de Balzac ou Flaubert. Suxeitos premodernos en tempos posmodernos aplicando as vellas leis da selva: a respetabilidade como meta no eido do social, o cinismo como método no terreo do persoal, e o recurso á violencia -estrutural ou subxectiva- como garantía da propia posición. Iso é o que xa está aí, como n´A invasión dos ladróns de corpos, entre nós. Iso, creo, xa somos case todos. A cuestión está en resistir dalgunha forma ou abrazarse a esta concepción da vida sen complexos e mesmo facendo apostolado baixo os educados modos da xente de ben de toda a vida.

Onte releí aquela vella conferencia de Derrida -1994- "Que facer da pregunta que facer". Gustoume especialmente este párrafo:

Sin embargo una cierta revolución en la idea misma de revolución, en su concepto y en sus esquemas [para hablar como Kant: en lo que ata su idea a su concepto y a su intuición], en su simbólica, en sus imágenes, en su teatro y en sus escenarios, otra revolución -y de aquí otra contraseña para la justicia, la igualdad, la emancipación, etc- otra revolución no tan sólo es lo que nos comanda la respuesta a la pregunta «¿qué hacer?», por más difícil, por más indiscernible que pueda parecer, sino además y ante todo es lo que nos inspira y comanda y dicta en nosotros la pregunta «¿qué hacer?».
 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.