Estás lendo

a decepción é unha ciencia exacta
Dou as notas de fin do trimestre. Tres días máis e collemos vacacións. Sempre tomo nota da pelexa encarnizada por un punto ou dous nas calificacións. O que pode pide un tres se ten un dous, e o rapaz que ten un seis chora por un sete en base a exercicios non valorados correctamente, a actitudes positivas cara o traballo non apreciadas ou simplemente por-que-yo-lo-valgo. Todo se discute cando entrego os exames. É unha práctica que fomento. Que me poñan a proba e que busquen os erros nas miñas correcións, nos meus criterios, nas miñas preguntas. Todos os que avaliamos e xulgamos somos humanos e polo tanto falibles. Que polo menos aprendan a poñer en cuestión esa autoridade de merda que nos concede o feito de poñer notas. Cando rematan as clases moitos saen triunfantes, en especial os catros ou catros con cincos que levan un cinco. Pensan que, dalgunha forma pouco clara, saíron gañadores. Non saben que a súa victoria é o único que me satisface de todo este proceso absurdo de poñer exames, notas, recuperacións. Os que non conseguen nada me miran con certa carraxe. A súa decepción é unha medida do meu fracaso. O seu abatimento delimita a inutilidade do meu traballo. Esta profesión está condeada a desaparecer, demasiado sufrimento gratuito para (non) aprender cousas que son irrelevantes case por completo a menos que un quera levar adiante estudios universitarios nunha materia específica.

A gran pregunta para o século XXI: qué cousa é a educación (en especial a secundaria)? e, son necesarios os profesores para conseguila? e, que imos facer con todos eses edificios chamados escolas cando xa non sexan necesarios, que imos facer os tipos que damos clase e que non servimos para nada máis?

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.