implosión-reacción
- pregunta:
entón, se calqueira forma de acción é lexitimadora do sistema -xa que estará encadrada nas coordenadas deste e polo tanto servirá para dalo por bó-, e a no-acción supón de feito dar por bó ese sistema de contradicións e violencia que chamamos "sociedade" e que non estoupa polo seu peso de milagre, que nos queda aos occidentais "sobre-educados" que percebemos a violencia dunha forma diferente a "un comerciante do Rio de Janeiro, un cidadán israelí ou un habitante dunha villa miseria"?
willy | 03.24.08 - 9:37 pm |
- resposta:
Nada. O propio Marcuse conclúe o seu libro cunha cita de Walter Benjamin: "Só grazas a aqueles sen esperanza nos é dada a esperanza".
cossimo | 03.24.08 - 10:35 pm |
- coda:
Después de media vida tengo la impresión de no haber avanzado, a menos que se llame progreso a la resignación.
John Cheever, diarios
Publicar un comentario