Estás lendo

a propósito de Fraga e Oubiña

Esta nova do Xornal ("ayudé a financiar a Fraga con dinero del contrabando") fixo que me lembrara dun párrafo de Lacrimae Rerum (Zizek, again) no cal, a partir dunha lectura en clave de "teoloxía materialista" da obra cinematográfica de Kiewlovsky, o autor esloveno facía a seguinte lectura sobre o estatus da ética nos nosos días a partir de certos filmes de David Lynch:

¿No podría ser, entonces, que fuera ESTE el mensaje último de la película de Lynch [the straight story]: que la ética es "la más oscura y atrevida de las conspiraciones" [Chesterton], que el sujeto ético es precisamente aquel que más amenaza el orden existente, y no la larga serie de pervertidos lyncheanos (el baron Harkonen en Dune, Frank en Terciopelo azul, Bobby Perú en Corazón salvaje...), los cuales en último término no hacen más que sostenerlo?
[...]
Podría decirse que la oposición entre la "rectitud" del héroe de Lynch y la "normalidad" del héroe de Highsmith [Ripley] marcan las coordenadas extremas de la experiencia ética del capitalismo tardío actual, con la siniestra inversión de que es Ripley quien resulta "normal", mientras que el hombre "recto" de Lynch resulta extraño, incluso pervertido. Llegamos de este modo a una inesperada contraposición entre la extrañeza del compromiso ético absoluto y la monstruosa "normalidad" de la completa indiferencia hacia lo ético. ¿Cómo podemos escapar a esta alternativa?

Esa última pregunta...

Comentarios nesta entrada

O Fuco

Se cadra por iso os políticos corruptos seguen a gañar eleccións. Certa falta de ética dáse por descontada. Un político (unha persoa, mellor dito) absolutamente ético aparece tan irreal coma un animal mitolóxico. Agora ben, se cadra propiciar a percepción da imposibilidade da ética, dunha ética transformadora da sociedade, é o que pretende aquel que se move coma peixe na auga na corrupción. Pola contra a única ética que se promociona de forma consciente e sistemática é a ética do heroe hollywoddiense que contribúe a que gañen os bos, é dicir, a que o estado de cousas se perpetúe.En todo caso, capitalismo e ética son coma auga e aceite.

Willy S.

Fraga é algo máis que un simple político corrupto: é a personificación da propia corrupción do noso sistema. E Oubiña é o seu correlato a nivel social: o sistema é corrupto en si mesmo porque a sociedade que articula está profundamente corrupta. Ambos necesítanse (necesitábanse, os seus herdeiros son aínda peores ca eles) para manter o estado de cousas. E esta intuición a tiña (case) todo o mundo, de aí que non lle sorprenda a ninguén semellantes declaracións.

Os tipos como Fraga e Oubiña e os seus descendentes son os que manteñen en pé o chiringo (coa inestimábel axuda de moita xente coma min, claro, cómplices por silencio e omisión).

(E como dí o Cossimo ao final desa tradución súa do conto de Ursula K. Le Guin que aparece no seu post de nadal: "proben a deixar de ser tan desgraciadamente felices". Supoño que felicidade e desgracia, neste no noso tempo, semellan formas de estar no mundo irreversibelemente entrelazadas. Como certos políticos e certos delincuentes poco comúns.)

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.