Vou ao súper que hai preto da miña casa a facer a típica compra apresurada de última hora de luns. Na sección de froitas e verduras traballa a nai dun ex-alumno coa que falo longo rato sempre que vou a aprovisionarme. Habitualmente, claro, do seu fillo. Porén, neste caso, o tema é a folga. Ela fala en plan "eses que van facer a folga" e eu contéstolle con respostas do tipo "nós, os que imos a facer folga".
Ignoro as súas condicións laborais, pero sospeito que ela debe ter motivos dabondo para ir a unha folga en serio. Eu non arrisco nada indo á folga. Podo permitirme participar en algo que sei que non me vai perxudicar máis aló dos 50 € que me serán detraídos do salario. A miña participación na folga é para que conste cando fagan o reconto e o meu nome forme parte da lista dos que lle din ao goberno "a súa política económica poderíaa estar levando a cabo a dereita e non notaríamos a diferenza; a xestión da crise está a pasarlle factura aos mesmos todo o tempo". Irei a unha das manifestacións de Vigo. Berrarei un pouco e celebrarei a movilización da multitude polas rúas.
A miña interlocutora, mentras me mira de forma diferente a outras ocasións, coméntame a súa preocupación por non poder facer o seu traballo o mércores. Tamén pregúntame que vai pasar no colexio. "Os servizos mínimos no ensino consisten en: unha persoa de dirección, unha persoa de secretaría e un membro dos PAS", "non vai a haber profesores entón?", "algúns haberá, pero a maioría faremos folga". Mírame con certa sorpresa. Traduzo a súa mirada: "estes vagos, por riba, un día sin clase polo morro". Pregúntame se debe mandar á filla ao colexio. "Non vai a haber apenas profes, pero vai estar aberto, os servizos mínimos", "pero ir para non facer nada...", "pois xa sabe", "e se pasa algo?", "algo?", "si, un piquete informativo", "estarán todos en citroen e en sitios polo estilo, os centros de ensino non son fundamentais na actividade da cidade", "será mellor que non vaia ao colexio", "paréceme boa idea", "moi ben, ata pronto", "adeus".
Marcho cos meus plátanos e as miñas cenouras e as mazás e dous paquetes de galletas. O pijo de chapapote facendo folga e a traballadora do súper criticando esta postura. Hai algo raro na situación. Non sei que pensar.
Non se preocupe. A muller leva os seus fillos ao colexio para que o día de mañá sexan pijos de chapapote. E seguro que o vai conseguir; aínda que se cadra, despois de falar con vostede quizais decida envíar a súa proxenie a un centro de ensino menos politizado.
Por desgracia esta huelga la secundarán arropados, privilegiados y convencidos. Decreídos, perdedores y amenazados no aparecerán. En trazo grueso, para mí esa es la paradoja.
Eu creo que todos os centros de ensino están politizados nalgún sentido. Penso que é mellor amosar as claras cal é ese sentido que pretender que se carece de sesgo ideolóxico. Fronte ao evidente un pode tomar unha postura concreta, mentras que o agochado obriga a actuar sobre supostos que un non sabe se son verdadeiros ou falsos.
Santi, ¿y cómo se hace para que los descreídos, perdedores y amenazados puedan ejercer su derecho a la huelga sin temer ser despedidos por ello? Insisto, todo ésto es muy extraño y, aunque la huelga pueda ser discutible, los argumentos que escucho en contra me dan mucho miedo, mientras que los que escucho a favor me parecen en su mayoría bastante ajustados a los programas ideológicos de esa cosa que uno ya no sabe si existe y que conocemos como "izquierda".
Non fun á folga. O problema é a reforma laboral? Ben, eu nalgunha cousas estou dacordo con ela noutras non. Pero hai 6 anos que os sindicatos van da maniña do Goberno. Non o veron vir? Que fixeron cando os parados eran 400 mil, 500 mil, un millón... Porqué agardaron ata agora que o Decreto estaba feito? Non terá que ver coa sua propia situación? Para moitos sectores eran demasiado afines ao goberno, non aportaron nada ás posibles solucións á crise económica (algún coñece as suas propostas? e as de rajoy?) non querían verse pingados coa desfeita laboral (eles non claro) e precisaban dun golpe de autoafirmación e distanzamento.
Ben, máis non no meu nome. Hai meses ou anos apoiaría as movilizacións (por certo porqué non manisfestacións masivas entroques de folga xeral, moito máis lesiva para os traballadores? o efecto e o recado ao goberno é o mesmo).
Algún argumentan que esa non é a cuestión, o enimigo non son os sindicatos. Amiguiño, se eles, representantes do (15%¡¡¡ sí chicos soamentes 3 puntos máis de sindicación que en EEUU o pais menos sindicalista do mundo) dos traballadores son os "interlocutores válidos" (segundo a Constitución) para negociar os nosos dereitos laborais, para min tamén son cómplices da situación. Como vou secundar polo tanto a súa convocatoria?
Só un apuntamento máis. Xa sei que é discutible, pero sen piquetes (informativos!!??), habería respaldo á folga? Non somos rapaciños babecos. Somos xentes pensantes con criterio. E o malo é que co PP será moito peor.
Saúdos e benvido de novo Willy
Vale, dacordo co que dis, pero, en última instancia que queda como ferramenta de protesta (mira que xa nin digo "loita")? unha manfestación e xa está?
Comprendo todos os matices que enuncias aquí, dende ese dato do 15% de sindicación que descoñecía, ata o "delito de omisión" dos sindicatos nos estadios iniciais da reforma, cando tocaba saír con todo á rúa. Pero insisto, para protestar polo estado das cousas hai algo máis rotundo, máis claro, máis contundente e menos ambiguo que unha folga xeral?
Un saúdo
Willy gustaríame darche a razón. Acudir a unha manifestación en masa (e me lembro da famosa da guerra de Irak) é un acto reinvindicativo e rotundo (foino claramente e así o percibiu o Ansar que lle pasou unha grande factura) e, a diferenza dunha folga xeral, libre, xa que son todos os que están. Na folga d´onte, estaban todos os que eran? Non no creo, hai demasiada coacción (pola parte sindical e pola parte empresarial).
Un saúdo
joder willy con tu post me has hecho acordar a los míos aquellos del diario de mariapilar... pffff . Yo no sé si huelga o no huelga, no sé si sirven de algo.... aquí vivimos haciendo huelgas y poco cambia si no cambia la economía... qué decirte... Que mejore todo pronto.
Publicar un comentario