Arquivos

MIA, born free

O fillo de Costa-Gravas dirixe isto:



Deixando de lado as consideracións artísticas, chámame a atención que os sensibeis donos de youtube retiraran o vídeo da súa páxina, cando non parecen molestarlles demasiado os vídeos de pelexas, malleiras e humillacións variadas que un atopa con facilidade na súa páxina. Co agravante de que isto, con toda esa suposta violencia da que falan algúns titulares de prensa só é unha ficción. Ás veces teño a sensación de que todas estas polémicas falsas teñen unha intención oculta que non dou comprendido. A quen lle sorprende que youtube prohíba unha ficción e tolere vídeos reais moito peores no seu sitio web? A min non. A quen lle sorprende que os donos de youtube pensen que un vídeo no que sae xente reventada mediante efectos especiais é peor para o seu negocio que os vídeos caseiros con hostias e humillacións de verdade? A min non. A lóxica de youtube é a do noso tempo: máximo beneficio co mínimo custo. As representacións de certas violencias son un custo inasumible. Os beneficios da violencia real son altamente beneficiosas. Viva o mal, viva o capital. Etc.

The crack up

Onte manqueime xogando ao tenis (ai, ser pijo de chapapote e case cuarentón ten este prezo): rotura de fibras do xemelgo esquerdo. Nada grave pero estou obrigado a estar en repouso un par de días, rodeado de libros, cómics e un portátil conectado a internet. É dicir, que, se quitamos os problemas para facer cousas básicas como darse unha ducha, lavar os dentes ou facerse o almorzo, teño á miña disposición unha bolsa de 48 horas para entregarme ao pracer disculpable de ver pasar o tempo mentras poño ao día as miñas lecturas atrasadas e navego por internet ao chou, perdendo o tempo máis aló dos límites do meu lábil senso do deber.

Onte, apartado da pista, mentras os meus compañeiros seguían tratando de mellorar o seu servizo, de perfeccionar a volea e cousas polo estilo, lembreime do párrafo inicial de "the crack up" (aquí está todo) un libro que compila relatos soltos dos últimos anos de Scott Fitzgerald, e que, xunto co Gran Gatsby, é a miña obra favorita do escritor norteamericano.


Claro, toda vida es un proceso de demolición, pero los golpes que llevan a cabo la parte dramática de la tarea—los grandes golpes repentinos que vienen, o parecen venir, de fuera—, los que uno recuerda y le hacen culpar a las cosas, y de los que, en momentos de debilidad, habla a los amigos, no hacen patentes sus efectos de inmediato. Hay otro tipo de golpes que vienen de dentro, que uno no nota hasta que es demasiado tarde para hacer algo con respecto a ellos, hasta que se da cuenta de modo definitivo de que en cierto sentido ya no volverá a ser un hombre tan sano. El primer tipo de demolición parece producirse con rapidez, el segundo tipo se produce casi sin que uno lo advierta, pero de hecho se percibe de repente.
[...]
La vida, diez años atrás, en gran medida era una cuestión personal. Me veía obligado a mantener en equilibrio el sentido de la inutilidad del esfuerzo y el sentido de la necesidad de luchar; la convicción de la inevitabilidad del fracaso y la decisión de «triunfar», y, más que estas cosas, la contradicción entre la opresiva influencia del pasado y las elevadas intenciones del futuro. Si lo lograba en medio de los males corrientes —domésticos, profesionales y personales—, entonces el ego continuaría como una flecha disparada desde la nada a la nada con tal fuerza que sólo la gravedad podría a la postre traer la a tierra.

Durante diecisiete años, con uno en el medio de deliberado no hacer nada y descanso, las cosas siguieron así, con la única perspectiva agradable de una nueva tarea para el día siguiente. Estaba viviendo con ahínco, también, pero:

—Hasta los cuarenta y nueve años todo irá perfectamente —decía—. Puedo contar con eso. Pues un hombre que ha vivido como yo es lo más que puede pedir.

...Y entonces, diez años antes de los cuarenta y nueve, de repente me di cuenta de que me había desmoronado prematuramente.


Quitemos o drama, claro. Scott era alcohólico perdido e tiña un problema grave de identidade sexual, así como unha complicada relación con Zelda Sayre. Sacando iso (case nada), ese párrafo inicial de The Crack Up, sempre gravitou sobre min con intensidade (toda a obra de Scott Fitzgerald en realidade) e cunha certa dose de inxenuidade que evidenciaban unha inmadurez de libro. A perspectiva da idade faime ver con máis simpatía ao escritor que morrería catro anos máis tarde de escribir esas liñas dun infarto. Digo simpatía pero debería dicir lucidez. A perspectiva da idade, en realidade ilumina o traxecto propio e, con elo, permite comprender mellor as intencións dos demáis, os seus verdadeiros propósitos.

Pensei en todo iso mentras escoitaba as pelotas de tenis indo e vindo diante de min. Destellos de verde sobre o fondo azul do maravilloso serán de onte.

Me di cuenta de que en esos dos años, con objeto de preservar algo —tal vez un sosiego interior, tal vez no—, me había apartado de todas las cosas que acostumbraba amar, que cada acto de la vida, desde lavarse los dientes por la mañana hasta la cena con un amigo, se había convertido en un esfuerzo. Comprendí que durante largo tiempo no me habían gustado personas ni cosas, sino que sólo seguía con la vacilante y vieja pretensión de que me agradaban. Incluso comprendí que mi amor hacia los que me eran más cercanos se había convertido sólo en un intento de amar, que mis relaciones informales —con un editor, un vendedor de tabaco, el hijo de un amigo —eran solamente lo que yo recordaba que debían ser, de otros días.

O valor dos cobardes

De súpeto o meu blog aparece cheo de comentarios-lixo a causa dunha entrada sobre un pano na cabeza. Despois de case oito anos de blogueiro, con episodios de escritura febril e outros de desaparación por aburrimento, descubro que hai dinámicas que me siguen a sorprender. Unha delas: a capacidade para decir estupideces e bravuconadas vía internet a xente que non coñeces cando serías incapaz de facer algo así cara a cara. Lembro das miñas variadas polémicas interneteiras unha frase de A: "nunca poñas por escrito o que non te atreverías a dicir á cara á outra persoa". No seu momento non facía demasiado caso, probablemente non comprendía todo o alcance da sentencia. Agora, cos corenta case cumpridos, consigo entender a frase na súa totalidade. Perder o tempo en liortas con xente que te importa un carallo, dicir estupideces por quedar como o máis enxenioso da caixa de comentarios, soltar provocacións gratuítas para lograr o aplauso de tres infelices como un. En todas esas actitudes hai un algo moi triste que remite a persoas basicamente desgraciadas. E esa desgraza percíbese case como algo físico na lectura dos comentarios. Non ten que ver coa falta de pudor, nin coa falta de vergoña. En realidade vai da ausencia dunha vida real na que un poida dicir barbaridades e discutir e pelexar con xente real cara a cara e poida desfogar cos seus amigos ou compañeiros a través de relacións francas na que poder dicir o bó, o malo, o regular e todo o demáis. Pero se un carece de todo iso, o máis probable é que remate sentado diante dun ordenador xogando ao axente provocador, mendigando uns minutos de atención desesperada a un outro irreal, fabricado a medias entre fragmentos de actuacións case teatrais e intuicións e conclusións extraídas da lectura apresurada de textos -a maioría- carentes de interese, profundidade ou gracia. Nestas cadeas de comentarios-lixo retrátase sen querer un algo patolóxico, unha forma de miseria humana relacionada coa incapacidade de estar no mundo realmente e de achegarse aos outros e ser aceptado por eles como iguais. Porque a ficción principal sobre a que se constrúe o atractivo de todo este intercambio de esgrima verbal cheirenta é a da existencia dunha xerarquía (intelectual?) imaxinaria, na cal un mesmo ocupa o cumio por ser a) o máis listo, b) o máis enxenioso, c) o máis leído, d) o que ten maior número de claves ocultas no seu poder e e) o máis atrevido á hora de dicir as cousas que ningúen se atreve a dicir.

O que quero dicir con todo este rollo é que estou aburrido de ler estupideces supostamente provocadoras no meu blog. E que estou aburrido de tentar de respostalas xogando ao mesmo xogo de "pero mira que enxenioso son". Vaian ao carallo.

E non ven moi a conto, quizais por iso o poño, pero quero lembrar aquí un párrafo de "Homo Sampler" -o libro de Eloy Fernández Porta- sobre a amistade que me fixo moita gracia:

Todo vínculo afectivo lleva en su seno un resto de violencia, un desacuerdo latente, un temor o desconfianza del otro. Cuando me abro al Otro, ¿hago bien? ¿no estaré haciendo el panoli? "Oh amigos, no hay amigos": la sentencia aristotélica sitúa la duda, la negatividad y la posibilidad de la ruptura en el centro mismo de lo fraternal. "Eres lo peor" es una fórmula de complicidad que permite expresar esa duda -y, en el acto mismo de expresión, conculcarla: ahuyentar el espectro de la ruptura haciéndolo presente. Es el gesto de la violencia necesaria que permite poner en juego la relación, darle vida, para distinguirla de "esas amistades inglesas que empiezan por excluir la confidencia y que muy pronto omiten el diálogo" (Borges). A fin de empezar tan triste destino, el de una camaradería desprovista de instintos agresivos, pero también de complicidad, lo mejor es empezar, in media res, con el acto de violencia.

Un hiyab é un hiyab é un hiyab

Descubrir a cabeza en sitios pechados: tema fascinante que nunha busca rápida por internet da lugar a atoparse con miles de debates fundamentais. Eu mesmo, na miña clase o experimento a diario: os neo b-boys, os skaters, os surfistas e os pijos de última xeración utilizan gorras de todo tipo e tamaño. Cando entran na aula con ela posta os miro con cara de sarxento Arensibia e eles, aterrorizados pola miña faciana de tertuliano de intereconomíaTV rapidamente a gardan. Moitas veces quedo pensando, porqué teñen que sacar a gorra? A miña escusa é eliminar un posible elemento distractivo, limitar o número de obxectos que poden contribuir a que se evadan con rapidez da fascinación das miñas estimulantes clases. Iso é o que me digo para xustificarme cando me preguntan por qué? Porén, en realidade, os meus actos son un reflexo dalgo concreto: dun uso social sancionado polo tempo, dun comportamento engastado na tradición do correcto vestir que chega aos nosos días como un residuo doutra época que toleramos como un exotismo que non molesta demasiado. Hai, nesta actitude un algo profundamente antipedagóxico que xa leva tempo molestándome discretamente (claro, teño problemas algo máis graves que resolver no día a día). A molestia, nestes tempos nos que voltamos ao tema das rapazas musulmanas supostamente obrigadas a levar o hiyab, tórnase nalgo máis denso. O debate, legalmente desviado a unha suposta vulneración do reglamento de rexime interno dos centros escolares, en realidade oculta un medo moi do noso tempo: os nosos costumes racionais, serios, sensatos, exemplos de respecto ás liberdades individuais e ás elegantes tradicións históricas do noso territorio, deben ser preservados das inxerencias culturais e relixiosas deses bárbaros que veñen a tratar de impoñer os seus hábitos totalitarios, irracionais, premodernos e ligados a unha tradición de brutalidade e opresión.

É dicir.

Non nos basta con ter o control do real. Queremos tamén o control do simbólico en todos os espazos públicos. A nosa democracia capitalista, tan respestuosa cos dereitos dos consumidores, leva mal os pequenos desaxustes no noso matrix particular. Que os musulmáns sexan cumpridores usuarios de tarxetas de crédito e fieis compradores nos carrefoures e cortes ingleses é unha cousa boa para eles e para nós, amosa que a integración é posible e que os musulmáns poden ser modernos e moderados. Que unha rapaza de catorce anos leve un pano cubrindo a cabeza é unha agresión potencial ao noso espazo simbólico. Que esa rapaza de catorce anos estea unha semana sen ir a clase é unha solución pedagóxica correcta según os nosos parámetros, xa que é mellor illar aos axentes infecciosos que deixar que estes propaguen unha enfermidade de consecuencias incalculables nos nosos centros escolares.

Como mestre sento unha profunda vergoña (é un sentimento habitual, todo hai que dicilo, ante a miña propia tarefa docente) do tratamento que se lle aplica a esta rapaza. Equivale, no terreo escolar á doctrina Bush da agresión preventiva: mellor deixar á rapaza uns días sen ir a clase que buscar unha solución digna para que non perda aquilo ao que ten dereito como cidadá, ou sexa, a estar escolarizada con normalidade. Eu a deixaría estar na clase co hiyab posto, alomenos ata que se conseguise un acordo entre o centro, os pais e a propia rapaza e un apaño nese sacrosanto reglamento de réxime interno. Se levar a prenda posta non supón ocultar a cara da rapaza e se esta prenda non é un pretexto para pasar o tempo xogando con ela, cal é problema?

O problema é a nosa visión -a das autoridades educativas e políticas- dos estudiantes musulmáns, claro. Baixo a capa de tolerancia superficial hai unha besta que se alimenta da desconfianza, do medo e dos peores prexuizos sobre os outros, sobre aqueles que non son coma nós. Unha rapaza cun hiyab pode entenderse como unha invitación a convertir España nun país islámico e a cambiar o noso rexime lexislativo pola sharia, a semana santa pola peregrinación obrigatoria á Meca e o mes de vacacións polo Ramadán. Claro que si. A próxima que se atreva a facer algo semellante, que lle poñan un mono laranxa, unha capucha na cabeza e a ver mundo por aí diante. Que a civilizados e tolerantes non nos gaña ninguén, pero sen pasarse tampouco, eh.

Love comes to me

Lembro estes días a Bonnie Prince Billy no auditorio B do Teatro Caixanova cantando esta canción fai xa case tres anos. Con esa forma hipnótica e case relixiosa que domina como poucos, bisbando ao borde da agonía "love comes to me", como se unha maldición o asaltara, como se anunciara a fin do mundo para dentro de cinco minutos. O lembro hoxe no automóbil, coas ventás baixadas, abríndolle a porta ao aire da primaveira, coa autoestrada detrás brillando en negro coma un espello cego. O lembro dende a ventá da miña clase, mentras fora as árbores estoupan de verde todas ao mesmo tempo como un exército programado e os adolescentes non saben como facer para non estoupar tamén. Hai unha maldición real nesta circularidade do tempo que nos fai repetir sen pausa o ciclo frío-escuro-inverno cálida-luminosa-primaveira. Estaba morto e isto de agora non é unha resurrección. Máis ben son o zombi que se levantou de forma imprevista. Posto en pé quixera rezar algo en agradecemento ás forzas inexplicables que o fan preciso. Se fora relixioso o meu mantra sería love comes to me. Oremos pois.

Protopunk hispano

Actitude, carallo, actitude.


alan alan alan


Nuestro mundo no es, de ninguna manera, tan "complejo" como lo pretenden quienes quieren asegurar su perpetuación. Es incluso, en sus grandes líneas, de una perfecta simplicidad.

Hay, de un lado, una expansión continua de los automatismos del capital, lo que constituye el cumplimiento de una predicción genial de Marx: el mundo por fin configurado, pero como mercado, como mercado mundial. Esta configuración hace prevalecer una homogeneización abstracta. Todo lo que circula cae bajo una unidad de cuenta, e inversamente no circula sino lo que se deja así contar. Es esta norma, por lo demás, la que aclara una paradoja que muy pocos subrayan: a la hora de la circulación generalizada y del fantasma de la comunicación cultural instantánea, se multiplican las leyes y reglamentos para prohibir la circulación de personas. ¡Es así como en Francia nunca se han instalado tan pocos extranjeros como en este último periodo! [se refiere al final de la década de los 90] Libre circulación de lo que se deja contar, sí, y en primer lugar de los capitales, de lo que es la cuenta de la cuenta. Libre circulación de la incontable infinidad que es una vida humana singular, ¡jamás! La abstracción monetaria capitalista es, ciertamente, una singularidad, pero una singularidad que no tiene miramientos con ninguna singularidad. Una singularidad indiferente a la persistente infinidad de la existencia, como al discurrir eventual de las verdades.

De otro lado hay un proceso de fragmentación en identidades cerradas, y la ideología culturalista y relativista que acompaña esta fragmentación.

Estos dos procesos están perfectamente entrelazados. Pues cada identificación (creación o bricolaje de identidad) crea una figura que produce materia para el mercado inversor.
[...]
¡Qué devenir inagotable para las inversiones mercantiles el surgimiento, en forma de comunidad reivindicativa y de pretendida singularidad cultural, de las mujeres, de los homosexuales, de los minusválidos, de los árabes! Y las combinaciones infinitas de rasgos predicativos, ¡qué ganga! ¡Los homosexuales negros, los serbios minusválidos, los católicos pedófilos, los islamistas moderados, los curas casados, los jóvenes ejecutivos ecologistas, los parados sumisos, los jóvenes ya viejos!
[...]
Deleuze lo decía exactamente: la desterritorialización capitalista necesita una constante reterritorialización. El capital exige, para que su principio de movimiento homogeinice su espacio de ejercicio, la permanente surrección de identidades subjetivas y territoriales, las cuales, por otra parte, sólo reclaman el derecho de estar expuestas al mismo título que las otras, a las prerrogativas uniformes del mercado. La lógica capitalista es equivalente general y la lógica identitaria y cultural de las comunidades o de las minorías forman un conjunto articulado.

Holidays

Chegou a primaveira pero algo vai mal. Os anuncios de Lise Charmel non acudiron este ano ás paradas de bus da Avenida do Aeroporto. Os conductores xa non se distraen nos semáforos nin nas curvas hai automóbiles escachados por desvíos involuntarios da mirada. É unha primaveira en estado de latencia. Chove de seguido e, entre temperaturas propias de decembro, correntes de aire polar zoupan a aqueles que se atreveron a sair á rúa. Aproveito as horas mortas -todas o son ou están en fase de selo- para facer traballos atrasados. Unha capa de nubes amenaza dende a boca da ría con continuar co festival de chuvia neste xoves supostamente de paixón. A Semana Santa lémbrame que a superstición organizada elevou os desfiles de moda sadomasoquista á categoría de Tradición Cultural. Na televisión hai procesións nas que soa o himno de España a toque de corneta, lembrándonos que isto da relixión garda unha relación profunda e musical co exército e as súas expresións culturais. Hai miles de mortos de aburrimento nas estradas. Ducias de canles de televisión dixital. Teño os pés fríos e dous libros enriba da mesa agardando unha oportunidade que se ve máis lonxana a cada momento. Por unha das fiestras da casa, nas miñas costa, sae o sol, miudiño.
 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.