Balzac, Eugénie Grandet

Charles era un hijo de París, habituado por las costumbres de París y por la propia Annette a calcularlo todo con mentalidad de viejo, pese a su apariencia de joven. Había recibido la espantosa educación de ese mundo en que, en una sola noche, se cometen de pensamiento y de palabra más crímenes que de los que la justicia en las audiencias; ese mundo en que las frases ingeniosas asesinan las ideas más grandes, y en donde no pasa uno por fuerte más que cuando ve claro; y allí ver claro es no creer en nada, ni en los sentimientos, ni en los hombres, ni siquiera en los acontecimientos, pues hasta se crean falsos acontecimientos. Allí, para ser claro, es preciso pesar cada mañana la bolsa del amigo, saber ponerse políticamente por encima de todo lo que sucede; en principio no admirar nada, ni las obras de arte, ni las nobles acciones, y tener por único móvil el interés personal. Después de mil locuras, la gran dama, la hermosa Annette, obligaba a Charles a pensar con gravedad; le hablaba de su posición futura pasándole por los cabellos su mano perfumada, y al mismo tiempo que le arreglaba un bucle le hacía calcular la vida; ella lo afeminaba y lo materializaba. Doble corrupción, pero corrupción elegante y fina, de buen gusto.


Mentras permanezo en estado de éxtase cos libros de Honoré de, trala lectura deste párrafo, e, sen que saiba moi ben porqué, venme á cabeza este outro do "Pequeno Panteón Portátil" de Badiou adicado Sartre:

Sen ningunha ilusión cara ao PCF, Sartre comprendeu, nesa época [a década dos 50], que para o intelectual existía unha elección historicamente situada. Se alguén pretendía manterse fóra dos campos existentes non facía máis que fortalecer o do conservadorismo social. Cando di "todo anticomunista é un can", non fai máis que se inscribir na necesidade do real político. En 1950, era realmente certo que calquera anticomunista non facía máis que claudicar, que prefería, tanto para el como para os demais, a servidume e a opresión. Este é o carácter histórico, delimitado, da elección que afasta a Sartre da saída individual.
(La France, douze points.)
deriva, ou case
Onte empezou o Sinsal 7 estación de outono. Para abrir boca, concerto inaugural no teatro Caixanova. Cheo case absoluto, posiblemente a mellor entrada que eu lembro do festival, quizais o prolegómeno a un salto cuantitativo que se albisca no horizonte.

Abriu Javiera Mena, cantautora do Chile. Traída expresamente polo grupo principal na súa xira europea. Para min, intrascendente e aburrida. Sen nervio, entregada a unha poética das nubes e das cousas que non se sabe a qué cheiran. Dormitei durante os vinte minutos do seu recital. Esperaba, cos ollos e a os orellas entreabertas, un chispazo, un arrebato explosivo no que se albiscara algo de sangue, un pouco de víscera -musicalmente falando-, algo de chicha que me devolvera á realidade do concerto. No seu lugar, puiden escoitar a unha esforzada imitadora de Julieta Venegas. Algo que, neste momento, non me interesa musicalmente dende ningún punto de vista.

Despois os Kings of Convenience.

Como dicía o desaparecido (internetmente) cossimo, música para pijos de chapapote. Eu estou dentro desa categoría, e, de feito, ata fai un ano, era bastante fan do grupo, ata aprendín a chapurrear un par de cancións de "riot on a empty street" coa axuda da guitarra. Agora mesmo, recoñezo tamén que só son capaz de escoitar catro ou cinco temas seguidos. Malia todo iso, senteime disposto a deixarme levar e a disfrutar do concerto. A esperar, unha vez máis a milagre sinsaleira.

O concerto.

Sonido perfecto. Os temas, calcados aos cortes dos discos. Os tipos graciosos de máis. Máis do que eu soporto, que non é moito, todo hai que dicilo. Todo calculado e milimetrado. Posta en escea sobria, con reclamacións insistentes para subir ou baixar as luces de forma continua. Á segunda canción, o público que enchía o teatro Caixanova, estaba totalmente entregado. Cada parrafada, cada chiste, cada xesto, eran aplaudidos con paixón. Os megahits, caíndo un detrás de outro (homesick, misread, i´d rather dance with you que lembre agora) e a xente toleando nas butacas. A medida que avanzaba o concerto puiden entender como un pode sentirse involucrado ou non nun concerto destas características. Os kings pedían palmas: aí ían as palmas. Pedían chasqueos de dedos: aí ían os dedos. Pedían silbidos: centos deles respondía ao instante. Pedían poñerse en bolas facendo o pino sobre a punta do pulgar: toma diso tamén. É dicir. Admito que nun sentido profesional foi un gran concerto: o son, a perfección case matemática das cancións, a secuencia dos temas, as intervencións dos protagonistas, os excelentes músicos de apoio, a forma de capturar a vontade dun público disposto a elo. Nun sentido persoal, dende a óptica de quen vai, musicalmente, a ningunha parte, a cousa non funcionou igual de ben. Sentín que había algo de perfección excesiva. Que estes pulcros e hiperprofesionais fabricantes de hits intimistas deixaran, no seu traxecto, algo fóra do terreo de xogo musical. Algo que son incapaz de definir, pero que acotaría nun cuadrilátero determinado polo exceso, pola tolemia, por certa rabia cara a un mesmo e cara ao mundo, e, por suposto, alomenos, por unhas pingas de saírse da liña recta de calcar as cancións dos discos. Porque, dalgunha forma, sentíndome como o tipo que está na festa porque o colaron e non porque foi invitado ou polo seu propio pé, atopeime a min mesmo discutindo se ese sonido perfecto, se eses estribillos contaxiosos, ou as armonías celestiais que impregnaban todo o conxunto das cancións, achegábanse a algo de min mesmo. A iso indefinible que lle demanda a música un algo máis que a plácida caricia do benestar, o morno transcurrir do tempo cando un está medio narcotizado ou o atontamento ante os trucos deslumbrantes dun mago de primeira.

O balance, polo tanto, é confuso. Non terminei de meterme no concerto. Quizais estou nesa etapa de renegar violentamente dos propios gustos, das inclinacións estéticas naturalizadas por anos de escoitas concretas. E iso xa sabe un o que significa. Nada hai peor que un renegado de si. Nin un converso ao estupor permanente. Dalgunha forma, o concerto non me gustou porque non deixei de pensar que eu son o público obxectivo deste tipo de música: aquelas persoas que durante tempo consideráronse a si mesmas como poseedoras dun certo "bó gusto", dunha determinada "elegancia" estilística, dunha visión "intimista" e "sensible" do que é a música. Por iso o meu desagrado. Eu nunca poderei ser máis que un bó fan dos kings of convenience. Precisamente por ese encaixe natural necesito desmarcarme. Facer política de terra queimada.

Como din as persoas normais cando rompen coas súas parellas, non es ti, son eu.
39
Leo "pequeno panteón portátil" de Alan Badiou, unha recopilación de textos sobre filósofos feitos no momento da morte destes. Un compendio de necrolóxicas escritas dende a admiración, o recoñecemento aos maestros, e, como di o propio Badiou no seu breve pero fulgurante limiar, porque os quere. Ese limiar contén un momento estraordinario, no cal quixera quedarme a vivir ante a miña incapacidade para vivir realmente.

Eu sosteño que a morte non debe interesarnos, nin tampouco a depresión. Se a filosofía serve para algo é, en efecto, para arredar de nós o cáliz das paixóns tristes, para ensinarnos que a piedade non é un afecto leal, nin o laio unha razón para ter razón, nin a vítima aquilo a partir do cal debemos pornos a pensar. Por un lado, como así o establece dunha vez por todas o xesto platónico, é acerca do Verdadeiro, declinado se compre facelo ao xeito do Belo ou do Ben, como se orixina calquera paixón lícita e calquera creación de alcance universal. Por outro, o animal humano, como sabe Rousseau, é esencialmente bó, e, cando non o é, é porque algunha causa exterior o aboca a iso, causa que debe ser detectada, combatida e destruída sen a menor vacilación. Os que defenden que o animal humano é ruín, só queren domesticalo para facer del, ao servizo da circulación do capital, un asalariado moroso e un consumidor deprimido. Capaz como é de crear en diversos mundos verdades eternas, o home posúe en si mesmo aquel anxo que as relixións querían usurpar. Isto é o que nos ensina, desde sempre, a filosofía propiamente dita. Para que ese anxo se declare, cómpre termar dun principio, dunha máxima, a fin de contas sempre a mesma, baixo unha gran variedade de formas. Escollamos a de Mao: "Rexeitade vosas ilusións e preparádevos para a loita". Termar do verdadeiro contra o ilusorio e, sexan cales sexan as circunstancias, combater antes que renderse.
fragmentos para unha non-ética das relacións persoais. I: o contacto cos demais
1. Para superar o medo escénico, faga teatro. Esaxere os xestos. Faga inflexións coa súa voz todo o radicais posibles. Mova as mans e os brazos como se estivera baixo os efectos dunha electrocución. Compórtese como Hugh Grant en "remando al viento", ou mellor aún, como Jim Carrey en calquera película de Jim Carrey, ou se é posible, copie todos os tics faciais de Hugh Laurie en House.

2. Para superar o medo ao silencio, ríase moito e en voz moi alta, en especial cando o silencio amenace a barreira dos cinco segundos. Que pareza que lle acaban de facer unha operación de cordas vocais con inxección de botox na larinxe. Berre a alguén que pase cerca a intervalos de trinta segundos. Fale espasmódicamente mentras repite "xenial", "qué forte", "eu e que flipo". Se é posible, saque temas de conversa continuamente e déixeos todos a medias. Se o seu interlocutor insiste no silencio, fuxa.

3. Cando alguén quera falar en serio con vostede, saque a ironía. Fágalle ver que nada é realmente importante como para poñerse a falar coma se pasara algo que merezca ser falado. Fágalle ver ao seu interlocutor que vostede é inmune ás confesións. Que non lle interesan. Busque temas de conversa insubstanciais e intente facer pasar as conversas sobre fútbol ou series de televisión como a cousa máis intelixente que poden facer dúas persoas no mundo.

4. Cando alguén pretenda dicirlle o enfadado que está con vostede, sonría moito. Páselle a man polo hombro. Cambie de tema con rapidez aproveitando os descuidos da persoa alporizada. Faga como que o seu cabreo con vostede é insignificante, unha ridiculez, unha cousa pequena coa que non merece perder o tempo. Fálelle do seu novo móbil. Do tempo que lle custou cambiar de operador. Do mal que están os servizos de telefonía móbil. Invente unha historia sobre unha teleoperadora arxentina que o tivo dúas horas para conseguir a portabilidade do seu número. Despídase con grandes mostras de afecto, como se fora a deixar ao seu mellor amigo diante dun pelotón de fusilamento.

5. Evite as chamadas telefónicas que sabe que o van a poñer en situacións comprometidas, como dar explicacións ou contestar a preguntas sobre vostede mesmo. Conteste os correos con moitos emoticonos. Reduzca a linguaxe ao mínimo, "ok", "falamos", "xa nos veremos", "se podo xa te chamo". Non chame vostede nunca. Nunca envíe SMS de máis de corenta caracteres. Non conteste aos SMS nos que lle preguntan como anda ou que tal lle vai. Teña sempre preparada unha plantilla co texto "vou chegar ... minutos tarde". Teña senpre preparada unha plantilla co texto "non podo chegar á cita a tempo". Cambie de móbil con frecuencia e sen dar aviso a case ninguén.
literatura, arte, ensaio e máis alá
Estou desolado. Como puiden deixar pasar isto no seu momento?

La posibilidad de darle libertad real y transgresora a la manoseada libertad de expresión. La posibilidad de que el futuro del arte sea de verdad independiente y dar así independencia a los creadores, escapar de la presión de las intenciones masificadoras de el arte.

O certo é que, xunto co vídeo de Miguel-in-Cuba (ou como unha cuba?) e a entrevista a Guillem Martínez forma un tríptico moi descritivo da CT, diso que nos ´90s chamaban midclass culture e da mediocridade hispánica camuflada baixo a forma do "xenio creador".




(Ollo ao minuto 1:00 e de aí en adiante!!!)
guillem martínez, entrevista no diario Público
No blog de Amador Fernández Savater, claro. (Aquí o artigo completo)

Básicamente, y explicada en un plis-plas, [la cultura de la transición] consiste en una cultura vertical, en la que el Estado -y en ocasiones la empresa, que por lo que sea se identifica con el proyecto o los negocios del Estado- gestiona la agenda de accesos a la realidad. Marca lo que debe de aparecer en un artículo, un libro, una peli, para ser reconocidos como objetos culturales y no como la obra de un colgado. Es una cultura que, básicamente, oculta todo lo que sea problemático. O decide lo que es o no problemático. Eso, insisto, no se realiza desde el despacho del Doctor NO. Es una dinámica cultural, que se realiza mediante mecanismos culturales, que son esas cosas invisibles e inverbalizables que hacen que una sociedad coma, tranquilamente, pelotas de mono, mientras que otra considere lo más natural no quedarse ceporro cuando lee o mira una peli, un diario o una novela española ad-hoc.

O estatus do que facemos: son os blogs coma este, ou o de Cossimo, ou o de Jose, ou o do funambulista, os exabruptos de xente colgada ou son obxectos culturais que xamás acadarán recoñecemento como tales? A resposta, despois da publicidade.
prohibido saír de casa con máis de tres acompañantes
O concello de Vigo, gobernado pola coalición PSOE-BNG ven de sacar unha novedosa ordenanza contra o botellón que faría morrer de envexa a un Sarkozy, a un Berlusconi, ou, sen ir tan lonxe, a un Núñez Feijóo da vida. Nesta loita a morte contra ese mal radical do noso tempo que é o botellón -seguramente na lista de preocupacións dos cidadáns vigueses por riba do paro, da exclusión social, da pobreza, ou do temor a quedar sen casa ou o sen traballo-, o imaxinativo concelleiro de seguridade vigués dispón que as "reunións de máis de catro persoas na Praza do Berbés e o seu entorno" estarán prohibidas. E para que a lei se cumpla, un batallón de cincuenta polis armados de calculadoras procederán a facer recontos cada pouco para comprobar que os cuartetos non se tornan quintentos ou, no colmo da osadía, atrevidos sextetos ou heptetos. O concelleiro antes citado di que a medida goza da simpatía de veciños e comerciantes. Que é un pouco dura pero que é polo noso ben. Que pode que nos foda un pouco pero xa nos acostumaremos. Que podemos pensar que é unha involución no sentido do uso dos espazos públicos e na pertenza destes aos cidadáns pero que a longo prazo xa estaremos preparados para cousas moito peores e que xa o esqueceremos.

God save the mayor. God save the councilmen. We are the champions.
A noticia, claro: aquí.
unas risas
(obvien aos presentadores do vídeo, só por escoitar a Miguel Bosé ao borde das bágoas -vía un estrañísimo sentido da sintaxe- e a Juanes repetindo "estamos muy molestos" mil veces seguidas, merece a pena adicar tres minutos a esta cousa)




"Estamos trabajando para algo mayor que es la paz [...] ésto es lo más grande que les puede suceder"
comeza o novo curso (II)
(Da serie "bós propósitos para a temporada entrante: actitude + festa")



Videos tu.tv


Por certo, de aquí en adiante, se me cuadren, coño! todo el mundo al suelo! (ai non, que iso era doutra cousa)
comeza o novo curso
Ngugi wa Thiongo, escritor keniata, citado por Santiago Alba Rico en "si es verdadero, es blanco", no nº 31 da revista A DINAMO:

O efecto dun bombardeo cultural é aniquilar a confianza dun pobo nos seus nomes, nas súas linguas, nos seus entornos, na súa herdanza de loita, na súa unidade, nas súas capacidades e, en última instancia, en si mesmo. Faille querer identificarse co que está máis lonxano de si, por exemplo, coas linguas doutros pobos máis que coa súa propia.
novas expresións e palabras cuxo significado descoñecía até hoxe e que saíron en varias conversacións non simultáneas ultimamente facéndome sentir que xa estou nas cunetas do meu tempo
pokero
facer a cobra
el nuevo libro de Belén Gopegui en "Público"

Martina [protagonista de su último libro, deseo de ser punk], está a rabiar en la sociedad que le ha tocado vivir "cuando estás jodida y quieres romper cosas", dice. Como de lo tierno y empalagoso no llegarán las reivindicaciones, ni los Beatles, ni los Stones, ni los Arctic Monkeys ni los Belle and Sebastian sirven para nada, dice el personaje.

Porque toda esa música se aísla del exterior mientras fuera todo se hace añicos: "Son sólo sonidos domesticados".

Sin embargo, nadie se libra del marketing y aunque Belén Gopegui recuerda cómo el punk, como buen movimiento contracultural, fue asimilado y transformado en música comercial, "hay algo que ha permanecido libre, algo que va más allá del estilo musical: el punk como estado de ánimo, un estallido que puede quedar en nada o generar una espiral hacia lo social, hacia la rabia organizada".


Aquí todo el texto.
mecánica de fluidos na vía rápida
Tiramos case unha hora voltando das praias do Morrazo para Vigo. A caravana vai reptando pola estrada, como algo vivo, encolléndose e estirándose alternativamente de forma impredecible. Tolos en automóbiles de gran cilindrada fan adiamentos ao borde do suicidio. En medio do aburrimento e case sen saber como, chegamos á ponte de Rande. Con tempo de sobra miramos a esquerda e a dereita e descubrimos tres recheos que non coñeciamos. Bloques de formigón con naves paralelepipédicas de cor branca. Cintas de asfalto negro facendo contraste. A escena ten un algo violento atenuado polo resto da paisaxe. Se un millón de casas forman a máis grande favela de luxe que un poda imaxinar no mundo desparramándose polas beiras da Ría de Vigo, os recheos que puntualmente salpican a costa semellan ser un corolario lóxico a esta práctica urbanística, un conxunto de edificacións (posiblemente) ilegais máis nun contorno no cal só vale unha lei: a de que todo vale. No coche facemos unha reflexión amarga sobre o tema. A de sempre. Outra sobre a política, tamén escoitada demasiadas veces. Os tópicos habituais, claro. Despois a caravana estírase. Saímos por Buenos Aires cara a casa.
despedidas, yojiro takita




Facía tempo que non ía o cine "en serio". Ultimamente só vexo películas de animación (que é un tema bastante serio, todo hai que dicilo) ou descerebres do tipo terminator:salvation e cousas polo estilo (vaia, esa precisamente non a vin). Onte rompín os meus saudabeis costumes e achegueime a ver a película esta, da cal tiña vagas referencias positivas. O invento, completamente inocuo, colle unha anécdota argumental interesante: a iniciación dun home novo no traballo de preparar aos defuntos antes dos enterros nunha complicada cerimonia na cal está presente a familia. Outro director elaboraría, supoño, algunha clase de tese arredor desta ritualización meticulosa do proceso de despedida dos mortos en oriente fronte ao trámite burocrático occidental, no cal a dor non se articula nunha ceremonia que intente alomenos simular un sentido, ou introducir unha mitoloxía mínima no terreo do inmanente para protexerse da exposición ao baleiro en crú. Pero este Yojiro Takita quédase na anéccdota, repetida como vinte veces ao longo da película, coloca seis secundarios de cartón pedra arredor do protagonista e encárgalle o resto ao seu director de fotografía: planos das montañas xaponesas nevadas, bandadas de gansos brancos recortados contra o ceo azul ou posados na neve, planos de estradas envoltas en néboa, automóbiles que se perden por vías interminabeis, casas tradicionais xaponesas, etc, etc. A película acada o seu cumio nun momento especialmente "intenso": o protagonista tocando o violoncello coa silueta recortada diante dunha grandiosa montaña nevada mentras a cámara xira arredor enloquecida en plan anuncio de coca cola. Así, entre cerimonias funerarias e planos da paisaxe xaponesa, transcorren máis de dúas horas que non se fan tan longas como parece. Ao saír do cine, no coche, falamos un pouco do tema. O "bonito" é perigoso. É unha categoría estética que remata sempre por devorar calqueira outro aspecto da expresión. Tela baixo control é complicado. A miña acompañante di no coche, si, como "os lunes ao sol": que "bonito" quedou Vigo nesa película!. Risas. Fundido en negro. Plano xeral das rúas da cidade pola noite iluminadas polas farolas entre refachos de néboa. Preciosísimo.
paranoia-A
A ver se nos aclaramos. Dunha banda anda por internet este vídeo:




E doutra, toda a prensa mundial e máis a OMS predicando o advenimento dunha pandemia global (xa saben: "e vin unha besta de sete cabezas" etc) se non se toman medidas. Unha imaxe realmente perturbadora e que ilustra todo o problema tivo lugar no noso patio local: é unha fotografía da ministra da guerra española xunto coa ministra de xustiza rodeadas ambas de forzudos uniformados e armados e de caixas que supostamente conteñen os prezados antivirales en plan "o temos todo controlado". Conclusión: médicos, militares, ministros e caixas coa inscrición "tamiflu" velan pola nosa saúde, que marabilla, xa me sinto moito mellor!

Polo que puiden saber até ode agora grazas á prensa do movemento paranoide, eu, como profesor de secundaria, entro dentro dos grupos de risco (xunto con mulleres embarazadas, persoas con problemas respiratorios ou obesidade mórbida e rapaces de 0 a 16 anos). E isto plantéxame a seguinte cuestión: se no meu colexio entran uns fulanos armados de vacunas contra a gripe H1N1 e eu obxeto en plan farmacéutico que non quere vender a píldora postcoital ou médico que se nega a practicar un aborto, pode pasarme algo malo (aparte do risco de infectarme co temido virus) ou as autoridades sanitarias respetarán o meu acto "en conciencia" como fan cos exemplos anteriores?

Para rematar, e para que quede claro o aire grouchomarxista que ten toda esta historia, unhas brillantes declaracións da directora xeral da OMS Margaret Chan do pasado 4 de maio: "puede que en un mes este virus desaparezca, puede que se quede como está o puede que se agrave." Ha-ha-ha
 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.