Estás lendo

Proba de retorno #04

Exhibicionismo fragmentario

É nadal de 1980 ou 1981. Estou repasando unha lista de nomes para un exame. Ortópteros, dermápteros, plecópteros, hemípteros, himenópteros, dípteros, coleópteros, lepidópteros. A secuencia funciona maxicamente e queda incrustada no meu cerebro, a varias centos de miles de capas de recordos de profundidade, lonxe do olvido e da desmemoria. Material insignificante que queda adherido á miña persoa como os insectos ao papel atrapamoscas.

Lepidópteros
É setembro de 2012. Volto dunha clase de tenis en Samil rodeado de miles de vehículos. As clases de tenis cústanme 53 euros ao mes, 3 horas á semana. É a miña inversión persoal en deporte e saúde e autohumillación de baixa intensidade. Ao meu carón unha rapaza nun peugeot 208 cc descapotable apoia languidamente a cabeza na man en medio do atasco. O pelo sacudido levemente pola brisa. As gafas de sol. A pel coloreada como se a meteran nunha cabina de photoshop. Subo a música do meu vehículo xusto cando cando Herman Dune ataca un dos seus estribillos, tell me something I don´t know.

Coleópteros
É nadal de 1984. No noso recén estreado Zx Spectrum de 48 kb xogamos a catro mans meu irmán e máis eu ao jetpack. Un ghicho en traxe de astronauta recolle pezas dun cohete entre meteoritos. Un de nós move ao piloto (A esquerda, D dereita, S abaixo, W arriba). O outro dispara (spacebar). Lembro que na radio, ao fondo, nos 40 principais, soa Mamma María, naqueles días, naquel momento exacto de concentración absoluta. Un gato blanco de buen humor. Sonidos de raios laser no ordenador. Un búho sobre el televisor. Press S to Start.

Hemípteros
É xullo de 1999. Estou nunha boda. É a miña. Non penso en nada. É mentira. Hai moita xente no concello de Baiona. Un señor que se presenta como o alcalde lenos un poema. Di cinco frases. Sorrí moito. Dame a man. Bicámonos. A xente aplaude. Recibimos máis bicos mentras penso que todos saben que estou pensando en saír correndo. Non o fago. Facemos varias fotografías coa intención de encapsular algo de cara ao futuro. Unha imaxe que nos sobreviva. Nalgunha delas deixamos testemuña de algo que non se voltará repetir: os nosos amigos de entón máis nolos dous, todos xuntos. Noto as forzas centrífugas que percorren as liñas de tensión que nos manteñen unidos como grupo ou como unión de subgrupos ou como conxunto de subconxuntos. Algunhas son poderosas e outras aínda están en fase de crisálida, o xérmolo de algo que medrará coa paciencia dos terremotos antes de teren lugar. Moitas cousas romperanse no medio prazo e o sabemos. Aínda así disimulamos. Hai cousas que sobreviven a partires dun xesto. Un sorriso, por favor.

Ortópteros
É verano de 2000, de 2001, de 2002, de 2003, de 2004, de 2005, de 2006, ou algunha data así. Estou na praia, en Viñó, entre Nerga e Barra. Estou sobre a toalla, espido completamente cando sempre pensara que nunca sería capaz de facer algo así. A mar está calma. Non sopra brisa algunha. Entro na auga, fría como todos os veráns. Nado 34 m ou así cara adentro. Nado sen coller aire, ate que os pulmóns estoupanme. Doume a volta sobre a superficie lisa da auga. Collo todo o aire do que son capaz. Fago o morto. Respiro. Fago o morto. Respiro.

Comentarios nesta entrada

Guillerme Fróilaz de Traba

Suena al Dr Manhattan de Watchmen sobre todo " xullo de 1999. Estou nunha boda. É a miña. Non penso en nada"

Willy S. O administrador

Bingo. Estaba entre a homenaxe e a parodia, pensei que poñer algunha alusión ao home azul sería excesivamente evidente. Eu calificaría o resultado de homenaxe paródica.

Manuel

Non pensaba comentar nada, porque xureime non engancharme a máis nada, comezando por comentar nos blogs do meu interese. Pero ningúen cita ese estribillo dos herman dune impunemente diante dos meus ollos. E direi máis: a parte “lepidópteros”, con ese verso dos dune para rematar, é un obra maestra dunha sensibilidade pouco habitual e tamén pouco recomendable.

Don Celta de Estorde

EL EXTRAÑO CASO DEL entomólogo que fue linchado por los Tityre Tu a orillas del Bann mientras soñaba con ser azul y no tener sentimientos

rafa

sigues siendo el más grande

Mister Brimstone

con una vida de insecto tan triste,de kafka a kaká, yo me colgaría después de sodomizar a rapaza do peugeot

Willy S. O administrador

Manuel, Rafa, muito obrigado polas súas esaxeracións!

Willy S. O administrador

Don Celta de Estorde, vostede precisa un blog urxentemente, e dígoo totalmente en serio

Don Celta de Estorde

Ya tengo uno.

Se llama O Diario de Willy Sifones.

Mi último posttiene un título que oscila entra la magdalena proustiana y lo peor de Houllebecq:"Exhibicionismo fragmentario"

El cambio de su perfil ha pasado inadvertido but los lansquenetes blades.
Va a ser un infierno

80?s

Nadal del 81 ¿ou 80?

É red riding poteado por Kafka

El Fulano Ulano Ufano

No existe nunca un documento de la cultura que no sea al mismo tiempo uno de la barbarie. A un apocalipsis que probablemente no será seguido de un apocatástasis.
Sifones (now Owl) juega a ser Ender.

Valerio Catulo Marco Tulio Lépido Diocleciano

Caesaris uxorem non solum honesta, sed etiam videtur

Roi Liorta

O vindeiro posr será de ornotoloxía ¿non é?

Blade Runner

non sexas moucho, oh ¡¡

Willy S. the Owl

As curuxas non son o que parecen (supoño que os mouchos tampouco)

bladeblablabla

All along the watchtower

El Fulano Ulano Ufano

Los blade no van a perdonar ésta.
Ni los de Sheffield,ni los de acá.

Me pregunto ¿Qué coño hacen los mouchos que no te socorren?

Paik Bispo

Pusiste el cartel del Ave Turuta en la puerta y te vinieron todos los broncas con problemas de alcohol al blog.

Que mapa y territorio te quedó el post ¿?





























Willy S. the Owl

Acabo de flipar vendo o seu perfil, xa hai 4 persoas rexistradas como Tityre Tu. Mi madriña.

Willy Lee

Somos los hijos que te esperan en unn pub

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.