O vindeiro domingo 26 hai eleccións municipais (e europeas, pero iso é outro tema, máis deprimente). Na miña cidade, Vigo, será a ocasión para que o actual alcalde, Abel Caballero, acade unha maioría absolutísima, refrendando así a súa forma de entender a política: decimonónica no fondo e profundamente posmoderna nas formas.
O esquema base do seu éxito consiste principalmente na combinación de cesarismo de cara amable e espectáculo autoparódico. O noso rexedor practica unha variante contemporánea da gobernanza consistente en a) ter un control case absoluto de todos os resortes que dan soporte ao poder (principalmente o control dos medios de comunicación locais e a desactivación de calquera disidencia interna organizada) e, b) caricaturizarse de forma habitual no exercicio de tal poder absoluto. Esta estratexia calculada remite a outro dos alcaldes máis tristemente célebres da historia recente da Galiza, o Paco Vázquez que gobernou de forma semellante a cidade da Coruña entre os anos oitenta do século pasado e a primeira década deste. O culto á personalidade aparece aquí como eixe central de ambas formas de entender a política. Pero, se no caso de Paco Vázquez este culto encaixaba dentro dunha modalidade digamos "moderna" de entender o papel dunha figura pública -dunha autoridade-, no caso de Abel Caballero articúlase arredor do autoparódico e do bufonesco, ambos, hoxe en día, marcadores de "autenticidade", o cal ven sendo a maneira contemporánea de designar o "verdadeiro".
O triunfo abraiante dun personaxe destas características é sintomático da deriva colectiva de toda unha vila. Máis alá de políticas e actuacións concretas, o salientable destas tres lexislaturas -e da cuarta que xa se albisca-, é a concepción do político que comparten gobernante e gobernados. Unha réplica institucional do papel tradicional do pai de familia (o soberano schimttiano): unha figura que sabe o que é bó para os fillos/cidadáns, os cales, menores de idade permanentes, precisan dunha autoridade, dunha tutela, que os conduza sen preocuparse polas súas opinións. Abel Caballero ven sendo ese pai autoritario posmoderno que, simultaneamente, goberna a vila coma se fora unha cidade-estado renacentista, mentras non ten problema en concitar a risa allea a partir da súa autodenigración pública. A democracia só ten sentido, neste esquema, como mecanismo lexitimador cada catro anos da súa tarefa cesarista. Tras a máscara bufonesca e a cara amable do político hiperubicuo que sempre-saúda-aos-veciños late, pois, unha pulsión autoritaria que se manifesta en todos os frentes do seu goberno e que non é máis que a marca xeracional de certa clase política hispánica educada nas turbias augas da transición "á democracia" dos setenta do século XX.
Sumemos a esta concepción local o contexto económico actual. Con todas as cidades do planeta competindo por ser marcas globais capaces de posicionarse nun mercado mundial no que so se aceptan poxas á baixa (no fiscal, no laboral e no social), o goberno dunha vila mediana-tendendo-a-pequena nun recuncho na periferia da periferia europea está obrigado a botar man de recursos mercadotécnicos agresivos para posicionarse con claridade. Desbotada a opción complicada -destacar por ser modelo de goberno realmente democrático e apostar por plantarse fronte ás lóxicas neoliberais dominantes- so queda xogar a partida do espectáculo. E aí está o punto forte deste alcalde. Shows a conta da iluminación de nadal, carreiras multitudinarias cheas de cores, monumentos públicos vocacionalmente kitschs, millóns de euros invertidos en promoción turística da cidade, apelacións constantes a ese sentimento chamado "viguismo", enfrontamentos coa Xunta de Galicia a propósito da conspiración desta contra a cidade, postas en escea valleinclanescas de calquera evento que teña lugar e proclamas constantes de que esta modesta vila galega xoga na champions das megalópoles planetarias. O repertorio é inagotable. E a sintonía cos tempos é absoluta. De aí o apoio xeral dunha cidade antaño referente das loitas obreiras e hoxe orgulloso estandarte dos modos de vida desa entidade semificticia que coñecemos como "clase media".
Así pois, o noso alcalde, político e economista mediocre, showman sen control dos seus propios recursos e gobernante con ínfulas cesaristas sabe perfectamente que a súa é unha cidade na cal a suposta pertenza dos seus habitantes á "clase media" é xa un elemento identitario troncal, e, polo tanto, todos os seus esforzos están orientados a alimentar ese mito, a confirmalo de forma continuada, a reafirmar unha pertenza que ninguén parece disposto a cuestionar. Mentras o show funcione así de ben engrasado todo seguirá igual. Polo tanto a única opción que lles queda ás forzas da oposición -de esquerdas e galeguistas, claro- será comezar a pensar o post-abelismo. Ese momento dentro de catro ou oito anos no cal o baleiro que vai deixar a figura do actual rexedor debería permitir un cambio substancial. Para iso cumprirá erosionar o modelo dominante dende abaixo, presentando á cidadanía a contraface desta maneira de gobernar, as posibilidades que outra política antagónica da actual pode ofrecer aos cidadáns, tanto no plano simbólico como no material. A tarefa é inmensa. Desmontar o imaxinario imperante vinculado ás lóxicas neoliberais e do espectáculo semella ser unha cuestión máis que complicada. Así que, imaxino, haberá que poñerse mans a obra, aunar forzas, trazar estratexias e alianzas, e enfrontar as necesidades habituais. Estas, tan complexas e esgotadoras que fan das esquerdas protagonistas permanentes do contemporáneo mito de Sísifo no que estamos atrancados dende fai tanto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario