Estás lendo

MIA, born free

O fillo de Costa-Gravas dirixe isto:



Deixando de lado as consideracións artísticas, chámame a atención que os sensibeis donos de youtube retiraran o vídeo da súa páxina, cando non parecen molestarlles demasiado os vídeos de pelexas, malleiras e humillacións variadas que un atopa con facilidade na súa páxina. Co agravante de que isto, con toda esa suposta violencia da que falan algúns titulares de prensa só é unha ficción. Ás veces teño a sensación de que todas estas polémicas falsas teñen unha intención oculta que non dou comprendido. A quen lle sorprende que youtube prohíba unha ficción e tolere vídeos reais moito peores no seu sitio web? A min non. A quen lle sorprende que os donos de youtube pensen que un vídeo no que sae xente reventada mediante efectos especiais é peor para o seu negocio que os vídeos caseiros con hostias e humillacións de verdade? A min non. A lóxica de youtube é a do noso tempo: máximo beneficio co mínimo custo. As representacións de certas violencias son un custo inasumible. Os beneficios da violencia real son altamente beneficiosas. Viva o mal, viva o capital. Etc.

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.