Estás lendo

Mitch Epstein, Property Rights

 Grazas á lista de correos de The Atlantic descubro a obra do fotógrafo estadounidense Mitch Epstein. Revisando a súa web atopo un libro de fotografías adicado aos procesos recentes de confiscación de terras nos Estados Unidos por parte do seu goberno e as comunidades resistentes que xurdiron para facerlle fronte. Unha imaxe en concreto captura a miña atención:

 

Nela pode verse ao adolescente Ahston Clatterbuck recreando para a cámara do fotógrafo o momento de ser detido durante as protestas de 2018 para impedir que un oleoducto atravesara as súas terras en Lancaster, Pennsylvania. O xesto de abrazar/protexer/ligarse á arbore está acompañado por unha mirada de determinación absoluta tinguida de tristura e cansanzo que conmove e produce unha carraxe considerable ao tempo.

Na web da editorial do libro recóllese con exactitude o espírito das imaxes recopiladas nel:


Who owns the land, by whose authority, and with what rights? These questions led Mitch Epstein to make Property Rights, a collection of photographs and short texts examining the American government’s ongoing legacy of property confiscation, and how communities gather to resist. Epstein began this series in 2017 at Standing Rock, where thousands protested the installation of the Dakota Access Pipeline on Sioux land. Over four years, he charted other contested lands from Pennsylvania and Hawaii to the Mexican border, as well as land loss through wildfires and flooding due to egregious environmental negligence.


(Esta entrevista e esta reportaxe sobre a obra de Mitch Epstein tamén están moi ben)

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.