Estás lendo

Ali Smith, Otoño



Hace un instante era junio. Y ahora hace tiempo de septiembre. La mies está alta, lista para la siega, brillante, dorada. ¿Noviembre? Inconcebible. Solo a un mes de distancia. Los días todavía son cálidos, pero en la sombra el aire es más frío. Las noches llegan antes, más frescas, más breve la luz. Oscurece a las siete y media. Oscurece a las siete y cuarto. Oscurece a las siete. El verde de los árboles lleva apagándose desde agosto, desde el mismo julio. Pero las flores siguen brotando. Y aún susurran los setos. Las manzanas llenan el cobertizo y todavía quedan muchas en el árbol. Hay pájaros en el tendido eléctrico. Hace semanas que se marcharon los vencejos. Ahora están a cientos de kilómetros de distancia, sobrevolando el océano.


Hai unha insistencia algo molesta nas reseñas deste marabilloso libro coa teima de circunscribilo ao Brexit. Coma se fora o eixo temático e argumental do que nel se conta. A miña sensación é que máis que centro estrutural, tal Brexit, máis ben, ven sendo paisaxe, lenzo, contexto, quizais atmosfera ou mesmo estado de ánimo. Polas súas páxinas desfilan os grandes temas da humanidade e un amor infinito polas posibilidades da linguaxe. Posibilidades expresivas, comunicativas, artísticas, ideolóxicas, sentimentais, guerreiras e mesmo absurdas. Polas súas páxinas cabalgan varias historias de amor e amizade. Están trazadas con delicadeza e complexidade e fannos rir e chorar e as dúas cousas ao tempo ás veces. Tamén saen Christine Keller e o caso Profumo, e Pauline Boty -a Bardo de Wimbledon nun dos memorables xogos de palabras do libro- e a arte pop inglesa dos anos 60, e, por suposto, si, o Brexit e o clima moral envilecido asociado a el. E tamén lémbrasenos como a vida neste man´s world no que vivimos e que cantaba James Brown é unha catástrofe para as mulleres (imaxinemos fai seis décadas) (e mesmo para os supostos gañadores do sistema, por motivos e con consecuencias moi distintas, claro). É un libro que cita con maestría (e de novo, con amor infinito) a Shakespeare e a Dickens e a Huxley e a Keats. É un libro no que cada páxina é un tesouro e un lume quente e mesmo xeado de chocolate negro con pepitas de chocolate. Un recordatorio dos poderes da linguaxe e das historias e de como rachar as reglas sobre ambas cousas para facelas máis poderosas aínda. É un libro para quedarse nel e lerse a un mesmo as súas páxinas en voz alta, unha vez ao día polo menos. Para sentirse menos tonto. Para pensarse a un mesmo con algo de calma, iluminado polas verbas precisas das súas páxinas, como velas temblorosas que amosaran unha sombra vacilante na que nos recoñecemos parcialmente. Ou con algo máis de precisión. Según o día.

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.