13 de set. de 2021

Emily Atkins, novos termos para os tempos do cambio climático

 Encántame "Heated", a lista de correo de Emily Atkins adicada a dar conta das transformacións climatolóxicas que estamos a experimentar de maneira acelerada como consecuencia do aumento da concentración dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera.

No seu último mail aparece un glosario dalgúns termos aparecidos en 2020 e 2021 para poder nomear non so as alteracións do clima senón tamén algunhas conductas humanas asociadas. Traduzo coa axuda do collins dictionary e o linguee:

  • Petromasculinidade, a palabra da investigadora Cara Daggett para describir un tipo de masculinidade abundante nos Estados Unidos demostrou ser unha forza motriz do movemento negacionista do cambio climático. (Outubro 2020).
  • Oilsplaining, a nosa palabra para cando un tipo ao chou que non entende completamente o cambio climático explica os beneficios dos combustibles fósiles. (Abril 2021).
  • Meatposting, o noso termo para publicar fotos de carne nas redes sociais con textos que glorifican o seu consumo. (Abril 2021).
  • Greentrolling, a palabra da escritora Mary Heglar para nomear directamente ás compañías de combustibles fósiles nas redes sociais cando intentan facer un greenwashing. (Decembro 2020).
  • Ecofascismo, unha palabra que usamos antes no boletín e certamente non unha que acuñamos, senón unha importante coa que volver familiarizarnos a medida que é abrazada polos conservadores. (Xaneiro 2021).

Aquí, o enlace á súa web para subscribirse á lista de correo: https://heated.world/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario