18 de set. de 2021

Como Stephen King anticipou a aparición de Donald Trump na súa novela de 1979 "A zona morta" na figura do candidato Greg Stillson

Na parte 2 do capítulo XIX, o protagonista de "A zona morta", John Smith, asiste a un dos mítines do candidato á Camara de Representantes Greg Stillson -antes do seu ascenso meteórico como candidato á presidencia de EEUU- e escoita o programa electoral deste:

"Que faremos en Washington? Por que queremos ir a Washington? -oubeu Stillson-. Cal é o noso programa? O noso programa consta de cinco puntos, amigos e veciños, cinco vellos puntos! E cales son? Direino de entrada! Primeiro punto: FORA OS CAMANDULEIROS!"
A multitude lanzou un tremendo ruxido de aprobación. Alguén lanzou ao ar unha manchea dobre de confetti e alguén máis oubeu: "YAAAAAHO!". Stillson inclinouse sobre a súa tribuna.
"Queren saber por que uso este casco de obreiro amigos e veciños? Direilles por que. Úsoo porque cando me envíen a Washington, vou pasar a través deles como vos-xa-sabedes-que a través dun canaval! Acometereinos así!"
E ante os ollos incrédulos de Johnny, Stillson baixou a cabeza e botou a correr como un touro mentres lanzaba un agudo gallamouto reverberante. [...] A multitude púxose frenética. Stillson cargou de novo en dirección á tribuna, quitouse o casco e botouno cara á multitude xirando polo ar. Inmediatamente desatouse un pequeno tumulto para atrapalo.
"Segundo punto! -berrou Stillson fronte ao micrófono-. Imos botar a calquera funcionario do Goberno, dende o máis alto ata o máis baixo, que se deite cunha muller que non sexa a súa esposa. Se queren ir pasando de cama en cama que non o fagan amarrados á chucha pública!"
[...]
"Terceiro punto! -ruxiu Stillson-. Imos lanzar toda a contaminación ao espazo. Meterémola en bolsas do lixo! Dispararémola a Marte, a Xúpiter, aos aneis de Saturno! Teremos ar puro e teremos auga pura... e terémolos en SEIS MESES!"
[...]
"Cuarto punto! Dispuxermos de toda a gasolina e o petróleo que nos faga falta! Deixaremos de coquetear con estes árabes e puxermos serios! O vindeiro inverno non haberá vellos conxelados en New Hampshire como o inverno anterior."
Isto desencadeou un clamor unánime de aprobación. O inverno anterior atoparan a unha anciá morta de frío no seu apartamento aparentemente despois de que a compañía do gas lle cortara o subministro por falta de pago.
"Somos fortes, amigos e veciños, e podemos facelo! Hai aí alguén que opine o contrario?"
"Non!", bruou a multitude
"Último punto! -dixo Stillson e achegouse ao carriño de metal. Levantou a tapa de bisagras e un bafo de vapor saiu cara afora-. SALCHICHAS!"
Comezou a sacar do carriño mancheas dobres de salchichas. Johnny deuse conta de que o carriño era unha cociña portátil. Arroxou as salchichas á multitude e colleu máis. As salchichas voaban en todas direccións.
"Salchichas para todo home, muller e neno de América! E cando senten a Greg Stillson na Cámara de Representantes, exclamarán, SALCHICHAS! POR FIN ALGUÉN LÉMBRASE DE NÓS!"

 

Agás na tontada do Make America Great Again e no uso ladino das redes sociais  que faría o clown laranxa (na época na que escribiu a novela non existía nin o internet explorer), penso que o bó de Stephen acertou en todo o demais: propostas absurdas, escenografías chocantes, uso dos media como bufón hiperhistriónico e apelacións ridículas ao orgullo nacional. Coma se o escritor fora o vidente que protagoniza o libro, Stephen King adiviñou con case catro décadas de adianto o tipo de monstros que estaba a parir o imperio americano. Igual que en "O misterio de Salem´s Lot", onde a responsable de levar a un grupo de vampiros a unha tranquila vila do Leste americano é unha promotora inmobiliaria. (É moi tentador sacarlle partido a isto último. Queda para outra.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario