Nun artigo de febrero de 2021 do artista Atsuhide Ito atopo estes dous termos, (o segundo obra do filósofo Peter Sloterdijk): aerócida (traducción aproximada do inglés aerocide) e atmoterrorismo. Dous termos para engadir á descrición do estado actual do noso mundo, no cal ata a posibilidade de respirar está comezando a converterse, para moitas persoas, nun motivo de preocupación. O artigo fala, ademais desas situacións extremas como o asasinato de George Floyd polo policía Derek Chauvin ou da morte da cidadana vietnamita Pham Thi Tra My nun contedor tratando de entrar a Inglaterra, e de como o acceso a un ar de calidade que posibilite levar unha existencia normal está a ser un problema político, ao estar este restrinxíndose lenta pero sostidamente a quen poida pagarse o feito de vivir nun lugar sen contaminantes. No seu párrafo final, Ito fai unha interesante conexión entre este dereito a respirar e o tema das máscaras que temos que levar por causa da COVID-19 dende fai xa máis dun ano:
En 2020, non só en Estados Unidos de América, senón tamén en Alemania e Inglaterra, houbo protestas contra o confinamiento nalgunhas prazas públicas. Aínda que proporcionalmente menor en número en comparación cos que se quedaron en casa, ou usaron máscaras e foron traballar, os manifestantes negáronse a usar máscaras. Desenmascarar foi un acto simbólico de desafío e tamén unha expresión da liberdade e os dereitos democráticos, como afirmaban estes manifestantes. Mentres tanto, a súa liberdade de expresión violaba a saúde e o benestar dos demais. Neste punto de tensión dialéctica, dilucídase unha ecuación simple e simétrica: a liberdade dun pode ser unha violación da dos demais. O virus coñecido como Covid-19 aproveitouse do hiperindividualismo que malinterpreta ao corpo como unha unidade individual sen a súa sociabilidade no aeródromo compartido. En lugar de facer que este campo sexa igualitario, a aeropolítica está producindo aos que poden respirar e falar, podendo así atender o proceso democrático e aos que se lles nega respirar. O aerocidio non é un síntoma do virus, senón a política que se nutre da desigualdade. Á vez que rende homenaxe á previsión de Sloterdijk na súa atención ao ar como tema central no contexto do terrorismo no cambio de milenio, é importante recoñecer os asasinatos asfixiantes resultantes das desigualdades estructurais. O chamamento de Achille Mbemebe ao dereito universal a respirar é un recordatorio de que o ar non está dispoñible para todos. O aerócida é un legado do século XX, un subproducto do desenvolvemento das armas químicas, pero non é necesariamente un método de crueldade intencional con asistencia tecnolóxica, senón unha violencia política que ten lugar nos espazos do cotián.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario