17 de xul. de 2020

Fragmento dunha carta de Franz Kafka ao historiador Oskar Pollak

"Penso que deberiamos ler só a clase de libros que nos danan e acoitelan. Se o libro que estamos a ler non nos esperta voándonos a cabeza, para que estamos a lelo? Para que nos faga felices, tal e como escribe vostede? Por Deus, precisamente seriamos felices se non tiveramos libros, e o tipo de libros que nos fan felices son da clase que poderiamos escribir nós mesmos se tiveramos que facelo. Pero precisamos libros que nos afecten como un desastre, que nos aflixan profundamente, como a morte dalguén a quen amásemos máis que a nós mesmos, como ser exiliados no profundo dos bosques lonxe de todo o mundo, como un suicidio. Un libro debe ser a machada para o noso mar xeado interior. Esa é a miña crenza."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario