O colapso territorial en Galiza
Editorial Galaxia
O sistema [territorial] entra en colapso cando os seus elementos esquecen cooperar, traballar polo común, sen atender a supostas "ofertas externas". Agora ben, por que se inicia ese proceso de deterioración dos elementos do sistema cando convivían nun suposto estado de "equilibrio funcional"?
Se cadra, a resposta hai que buscala na substitución do sistema territorial tradicional en Galiza (paisaxe de agras) polo actual, que supuxo a transformación do seu vector de organización, pasando de ser a produción agrícola a ser a accesibilidade (redución dos tempos de desprazamento). Este proceso non trouxo consigo a creación do que [David] Harvey denomina un novo capital espacial fixo (fundamentalmente por mor do singular proceso de incorporación da economía e da sociedade galegas ás loxicas do mercado capitalista), condición necesaria para o sustento das relacións socioeconómicas do capitalismo (que en esencia constitúe a "forza" que opera no sistema territorial actual), operando as lóxicas espaciais do novo modelo sobre as estruturas organizativas e espaciais do anterior. Este feito deu lugar á aparición de fenómenos moi diversos de desequilibrio do sistema territorial que acabou por perder gran parte da súa complexidade e diversidade, provocando a situación de colapso.
[...] pasouse dun sistema territorial tradicional, posuidor dun modelo de organización coherente que atribuía a cada elemento unha función con rendibilidade social a unha situación de ausencia de modelo territorial, perdendo a lexibilidade e segregando esa función social, de sorte que só algunhas pezas do sistema territorial (a non a súa globalidade) posúen relevancia xerárquica no suposto de que sexan válidas para a mobilidade do capital.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario