19 de dec. de 2009

A imparable berlusconización do mundo
Telecinco absorbe a canle de televisión "cuatro". No diario El País, unha foto que revela a natureza irónica desta historia amósanos a Juan Luis Cebrián compartindo plano con Paolo Vasile. O intelectual orgánico da transición xunto co empresario que elevou a idea de telebasura a concepto definitorio dun tempo. O socialista exquisito e o mercachifle vergoñento compartindo negocio. A sensación de que isto víase vir. Malia todas as chuflas a conta do modelo de negocio berlusconiano, un podía adiviñar a envexa que destilaban as súas contas de resultados. Co grupo Prisa asfixiado por unha débeda de cinco mil millóns de euros, estaba cantado que o grupo que se autoproclamou defensor da calidade, o bó gusto e a seriedade profesional só podía rematar casándose dalgunha forma cos seus supostos opoñentes. Agora que Vasile e Cebrián son socios (ou sexa, Cebrián e Berlusconi), que vai pasar coa superioridade moral que os campeóns do "periodismo global en español" exhiben como seña de identidade permanente? Presentarán Jorge Javier Vázquez e Iñaki Gabilondo un programa a medias? Atoparán un formato que combine exitosamente GH con "callejeros"? A lección está clara: coidado co que odias, probablemente remates convertido niso mesmo (ou absorbido por elo)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario