prohibido saír de casa con máis de tres acompañantes
O concello de Vigo, gobernado pola coalición PSOE-BNG ven de sacar unha novedosa ordenanza contra o botellón que faría morrer de envexa a un Sarkozy, a un Berlusconi, ou, sen ir tan lonxe, a un Núñez Feijóo da vida. Nesta loita a morte contra ese mal radical do noso tempo que é o botellón -seguramente na lista de preocupacións dos cidadáns vigueses por riba do paro, da exclusión social, da pobreza, ou do temor a quedar sen casa ou o sen traballo-, o imaxinativo concelleiro de seguridade vigués dispón que as "reunións de máis de catro persoas na Praza do Berbés e o seu entorno" estarán prohibidas. E para que a lei se cumpla, un batallón de cincuenta polis armados de calculadoras procederán a facer recontos cada pouco para comprobar que os cuartetos non se tornan quintentos ou, no colmo da osadía, atrevidos sextetos ou heptetos. O concelleiro antes citado di que a medida goza da simpatía de veciños e comerciantes. Que é un pouco dura pero que é polo noso ben. Que pode que nos foda un pouco pero xa nos acostumaremos. Que podemos pensar que é unha involución no sentido do uso dos espazos públicos e na pertenza destes aos cidadáns pero que a longo prazo xa estaremos preparados para cousas moito peores e que xa o esqueceremos.
God save the mayor. God save the councilmen. We are the champions.
A noticia, claro: aquí.
Publicar un comentario