2 de set. de 2009

paranoia-A
A ver se nos aclaramos. Dunha banda anda por internet este vídeo:




E doutra, toda a prensa mundial e máis a OMS predicando o advenimento dunha pandemia global (xa saben: "e vin unha besta de sete cabezas" etc) se non se toman medidas. Unha imaxe realmente perturbadora e que ilustra todo o problema tivo lugar no noso patio local: é unha fotografía da ministra da guerra española xunto coa ministra de xustiza rodeadas ambas de forzudos uniformados e armados e de caixas que supostamente conteñen os prezados antivirales en plan "o temos todo controlado". Conclusión: médicos, militares, ministros e caixas coa inscrición "tamiflu" velan pola nosa saúde, que marabilla, xa me sinto moito mellor!

Polo que puiden saber até ode agora grazas á prensa do movemento paranoide, eu, como profesor de secundaria, entro dentro dos grupos de risco (xunto con mulleres embarazadas, persoas con problemas respiratorios ou obesidade mórbida e rapaces de 0 a 16 anos). E isto plantéxame a seguinte cuestión: se no meu colexio entran uns fulanos armados de vacunas contra a gripe H1N1 e eu obxeto en plan farmacéutico que non quere vender a píldora postcoital ou médico que se nega a practicar un aborto, pode pasarme algo malo (aparte do risco de infectarme co temido virus) ou as autoridades sanitarias respetarán o meu acto "en conciencia" como fan cos exemplos anteriores?

Para rematar, e para que quede claro o aire grouchomarxista que ten toda esta historia, unhas brillantes declaracións da directora xeral da OMS Margaret Chan do pasado 4 de maio: "puede que en un mes este virus desaparezca, puede que se quede como está o puede que se agrave." Ha-ha-ha

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario