11 de mar. de 2009

escoitado na conferencia de onte de fernández liria
(Textual ao 99%)
"Un estado de dereito [refírese ás democracias occidentais] cunha lei de extranxería é un campo de concentración inverso onde as finanzas internacionais fan a labor das cámaras de gas."

"O que Kant chama a mancha pútrida da humanidade é esa tendencia a considerar que un é bó simplemente porque non tivo a oportunidade de facer o mal."

"Todos os gobernos democráticos realmente de esquerdas que houbo durante o século XX remataron igual: cun golpe de estado."

(Todo a propósito do intento (desesperado? de eso ía inicialmente a conferencia) de buscar a conexión kantiana co pensamento marxista, o vínculo deste coa ilustración e a necesidade de expurgar en Marx a influencia hegeliana.)

Algunhas ligazóns interesantes aquí, aquí e acá. Como anécdota, resaltar que o Fernández Liria foi guionista do programa de televisión "la bola de cristal".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario