el momento adecuado
Teniendo en cuenta la que nos espera, creo que es buen momento para poner esta carta que llegó a mi correo y que anda circulando por internet:
O pasado 17 de febreiro o Consello Escolar de Estado aprobou unha resolución pola que se pedia ó Goberno que a asignatura de relixión deixase de formar parte do currículo na escola pública renegociando os acordos co Vaticano no que fora preciso.
A votación, cunha asistencia minoritaria, resultou empatada polo que a Presidenta, Marta Mata, fixo valer o seu voto de calidade para aprobar a resolución.
As organizacións e os medios partidarios da situación anterior desenvolveron desde entón unha dura campaña personalizada na figura de Marta Mata pedindo a súa dimisión e rexeitando o contido da resolución.
Os que pensamos que a presencia da relixión na escola é un residuo histórico, un atranco para integración e unha vulneración dos dereitos das persoas vemos con preocupación este tipo de actuacións. Pero a preocupación tornase en indignación cando se somete a unha persoa como Marta Mata a todo tipo de recriminacións.
Sabemos moi ben o que representa Marta Mata: a continuidade histórica cos tendencias transformadoras da II República, o traballo colectivo dos movementos de renovación pedagóxica durante o franquismo e a persistencia nestas metas na democracia que a levou a presentar a dimisión do Consello escolar do estado durante o goberno do PP e a asumir a presidencia de novo despois do 14 de marzo.
Recoñecemos en Marta Mata a un colectivo que loita pola transformación da escola e por iso queremos facerlle chegar a nosa solidariedade e vos invitamos a facelo enviando correos de apoio ó c.escolar@educ.mec.es ou "pegando" comentarios en http://martamata.blogspot.com/
Para facilitar o envio de correos achegamos un modelo
A/A Dª Marta Mata.
Presidenta do Consellor Escolar de Estado
Quero facerlle chegar a miña solidariedade e apoio na tarefa que ven desenvolvendo a prol da educación. Comparto con vostede a necesidade de remover atrancos que impiden que a nosa escola poda ser un lugar de encontro civico e aprendizaxe democrático donde non existan discriminacións. Aplaudo a súa valente actitude diante do tratamento da relixión e confio que entre todos poidamos dar pasos na boa dirección.
Reciba un saúdo.
Asdo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario