Da man da editorial (efémera) (ou non) Romero&Romero, chega o ladrillo que ninguén estaba esperando:
Ideado e producido por Cristina Romero e Rafa Romero, con un limiar do propio Rafa e outro de Antonio Doñate, e maquetado exquisitamente por Xose Carlos Hidalgo, o libro recolle todas as entradas deste blog (sen revisións nin cambio algún) dende 2022 ata 2002. Edición limitadísima de 25 exemplares, dos cales a metade están reservados para ser repartidos entre as amizades/familia do autor e a outra metade... veremos.
Síntome moi querido. E moi afortunado.
Grazas Cris. Grazas Rafa. Grazas Toni. Grazas Carlos. Sigo en shock, como un surfista borracho sobre unha onda inmensa coa que non contaba, ebrio sobre unha táboa de papel facendo saudiños tontainas aos bañistas e ás gaivotas. Que sensación.
vaia cousa isto da amizade eh!
ResponderEliminarO sistema literario está petado de peña que merece un libro moito menos que Willy, así que márcate un me lo merezco, coño! Bicos
ResponderEliminarToni
All my love para todos vos
ResponderEliminarBicos