Lendo a reportaxe que o xornalista Casey Newton fixo para The Verge acerca das condicións laborais dos moderadores de contidos de Facebook, descubro unha desas invencións dos departamentos de recursos humanos que parecen sacadas dun capítulo de Black Mirror: as Semanas de Actos de Amabilidade Aleatorios. En efecto, parece ser que na "cultura" empresarial estadounidense está bastante estendido levar a cabo este tipo de actividades para favorecer un bó clima de traballo e facer da actividade laboral algo -supostamente- menos inhumano reforzando -iso din- os lazos afectivos entre o personal.
A reportaxe que enlazo no parágrafo anterior describe as condicións dos traballadores nun centro da empresa Cognizant, un outsourcing deses que emprega Facebook para no ter en nómina á xente que se emporca coa lama dos contidos máis chungos que son publicados nesta rede social. Entre os trastornos laborais destes traballadores destaca algo semellante ao síndrome de estrés postraumático polo visionado intensivo e continuado de esceas de violencia e de contido degradante. As xornadas, con trinta minutos de descanso para comer, e dúas paradas de quince minutos para descomprimir, inclúen un descanso doutros nove minutos oficialmente chamado "tempo de benestar". En que emprega a forza de traballo eses 15+15+9 minutos? En tres cousas basicamente: ter sexo onde poden, colocarse a mil por hora e subirse aos tellados para sopesar a idea de tirarse abaixo.
A empresa, consciente do ambiente complicado que xenera a labor dos seus empregados, fai de cando en vez estas Semanas de Actos de Amabilidade Aleatorios. Que consisten basicamente en tirar cordas de tender a roupa con post-its colgados nelas cheos de mensaxes motivacionais e un bombón engadido. Para que unha suba do salario, unha redución da xornada laboral, un aumento dos tempos de descanso, asistencia psicolóxica continuada ou interrupcións de varios días na súa labor se poden ofrecerlles un post-it cunha mensaxe sacada das tazas de Mr. Wonderful e un bombón que son ambas man de santo para os trastornos de estrés postraumático como ben saben os profesionais da saúde mental?
Coma se dun eterno retorno se tratara, voltamos repetidamente a condicións laborais que rozan a escravitude ou a abrazan sen complexos. A forza de traballo, esplotada e violentada de todas as maneiras posibles, sofre, ademais das condicións humillantes, as solucións "creativas" deses laboratorios da estupidez que son os departamentos de recursos humanos. Dende as cervexas "afterworking" promovidas por istos ata as xuntanzas de fin de semana en campos de paintball e tolemias polo estilo, a capacidade de imaxinar actividades degradantes para que os empregados se sintan "parte da empresa" parece non ter límites. Estas Semanas de Actos de Amabilidade Aleatorios inciden nesta tendencia, desviando as reclamacións laborais cara unha sorte de sentimentalismo que pretende emborcar a problemática das condicións de traballo cara o eido do desaxuste psicolóxico persoal. Desaxuste que debe ser curado a base de abraciños, palmadiñas nas costas e dun afecto despersonalizado que supostamente debería aliviar o sufrimento do empregado.
Fronte a este invento noxento eu propoño a creación das Semanas de Actos de Odio Aleatorios. Non daría instrucións concretas, deixaría aos traballadores que a súa imaxinación voase libre a partir da súa situación persoal na empresa. Ao igual que as outras semanas, probablemente non servirán para cambiar as condicións de traballo pero iso si, co a gusto que se ían quedar de cando en vez, igual si que funcionaban como detonante para enfrontar os trastornos psicolóxicos enfocándose na reclamación dura dos dereitos laborais pisoteados. Tamén, como beneficio indirecto, posiblemente estas semanas ata deran lugar á formación de lazos persoais reais entre compañeiros de traballo e incluso poderían servir para aumentar a conciencia de clase (tan necesaria cando un está a vender a súa forza de traballo). E, claro, sen bombóns polo medio (aínda que boh, eu si que conservaría o dos bombóns, todo é mellor con eles!)

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario