29 de dec. de 2012

Saying goodbye to 2012

É Nadal de 2012.

Digo Nadal como se a palabra conservara algo do seu valor intacto cando non garda nada xa.

Intacto, fermosa palabra.

[GOOGLE: El adjetivo intacto procede del latín intactus, formado del prefijo privativo IN- y de tactus, participio del verbo tango, tangere (tocar). En latín, intactus significa no tocado, sin heridas, nuevo, etc. Por lo tanto lo intacto, es lo que no se ha tocado y, en sentido figurado, lo puro, sin mezcla.]

O seu valor sen feridas. Pero a palabra Nadal xa leva consigo todas as feridas do mundo.
Cando era unha palabra tan nova. En 1976 ou mesmo en 1979.
Agora que todo é aburrimento e feridas a fin doutro ano chega como o recordatorio puntual doutra cousa.
Unha conta atrás que avanza cara adiante.

E vexo á xente facendo listas. Tratando de dicir: aí queda iso. Para máis adiante. Para no 2015 poder mirar nelas e dicir: xa volo dicía eu.
E vexo á xente lendo as listas. Tratando de trazar a súa cartografía do aburrimento e da perda ao tempo. Todo o que fixen pasou e algo meu quedou aí.
E vexo á xente pasando das listas. Finxindo que a fin do ano é un bó motivo para unha festa. Cando realmente é o único que podemos facer. Unha festa máis para olvidar as festas que xa deixamos atrás.

Somos unha sucesión de festas que tratan de obturar a lembranza das festas que xa tiveron lugar.

Poñemos aturdimento e narcose no lugar das feridas. Non van, pero non temos outra cousa que poñer. Engadimos máis festas por riba e novas doses de aturdimento e narcose. Pensamos que a lucidez consiste en saber que estamos a narcotizarnos. Que están a narcotizarnos co nosos consentimento. Aceptas a Deus todopoderoso. Si, acepto.


A miña lista de 2012:
- o inverno é o inferno, e cada ano vai a peor.
- a primaveira promete cousas que non cumplirá
- o verán é o lugar da eternidade, sabemos que estaremos aí pouco tempo
- o inferno, inverno de novo

Fixen cousas durante este ano buscando unha posición diferente no mundo, pero creo que xa é tarde para mudar. Debería darme a volta por completo. Quitar a pel. Quedar coa carne de debaixo ao ar. Quitar esas capas de tecido orgánico, as tuberías, o servizo de limpeza, as canles vermellas polas cales corretea a vida. Quedar nos osos e desmontalos coma un moble de IKEA. E despois poñelo todo no sitio de novo de calqueira maneira.

Creo que non notaría a diferenza.

Lembro cando era Nadal e a palabra tiña algún significado.
(Algunha palabra significa algo aínda?)
Era 1980 ou por aí. Antes de 1980.
Lembro os pes fríos descalzos polo chan do pasillo da casa dos meus avós. Entre a escuridade todo era emoción.
Lembro o reconfortante ruido de fondo da charla dos adultos. Un mundo sin fisuras ante o mundo de verdade.

E agora, sen velos, o mundo, sen escuridade, sen emoción.
Xa nunca máis os pés descalzos daquel modo.
Xa nunca o frío así. Aquel frío.
Xa nunca aquela calor ao voltar á cama.

E así.

Adeus 2012. Como antes 2011, 2010, 2009, 2008, 2007, 2006, 2005, 2004, 2003, 2002, 2001, 2000, 1999, 1998, 1997, 1996, 1995, 1994, 1993, 1992, 1991, 1990, 1989, 1988, 1987, 1986, 1985, 1984, 1983, 1982, 1981, 1980, 1979, 1978, 1977, 1976, 1975, 1974, 1973, 1972, 1971 e os tres meses de 1970.

10 comentarios:

  1. ¿Renuncias a Satanás y a todas sus obras, la vana pompa y gloria efímera de un orinal de peltre?

    ResponderEliminar
  2. Hay que ser agonías30 decembro, 2012 11:07

    Eso de "Fixen cousas durante este ano buscando unha posición diferente no mundo, pero creo que xa é tarde para mudar. Debería darme a volta por completo. Quitar a pel. Quedar coa carne de debaixo ao ar. Quitar esas capas de tecido orgánico, as tuberías, o servizo de limpeza, as canles vermellas polas cales corretea a vida. Quedar nos osos e desmontalos coma un moble de IKEA. E despois poñelo todo no sitio de novo de calqueira maneira" ya lo hizo en un vídeo,el tal Robbie Willians

    ResponderEliminar
  3. Hay notas de suicido más alegres que esto.
    ¿No te lo pasaste bien cuándo te linchamos en Agosto?

    ResponderEliminar
  4. Antes de hacer lo último,deja todas las claves en The Burp&The Fart,que menuda gracia sino.....

    ResponderEliminar
  5. Llegado a este punto,uno o :
    1-Se suicida.
    2.- Es un desgraciado los días que le quedan por venir.
    3.- Pide ayuda profesional (valen japonesas)
    4.- No busca en el google,acude al DRAE.

    ResponderEliminar
  6. Non digas mais nin pasiño atrás. Mira o mundo cara adiante.

    Un bico o moitos biquiños

    ResponderEliminar
  7. Coño,desde que lo publicaron en el facebook de la Anglo,se han duplicado los suicidios en Tractorville

    ResponderEliminar
  8. La alegría de la puta huerta.....

    ResponderEliminar
  9. Tanto tiempo al extremo de una cuerda dan para comerse la cabeza....

    ResponderEliminar
  10. ¿Qué?
    Cara a 2013, ¿No se publica nada en tus dominios?

    ResponderEliminar

Deixa o teu comentario