11 de out. de 2012

42: un poema

Basta de chorimiquear a solas cando a tele xa está apagada,
basta do lirismo carrefour (grazas a cossimo por este achádego inmenso)
que infecta a nosa visión das cousas
basta desa cousa miserable
de tratar de facer frases fermosas e de ser coherente (grazas a Rubem Fonseca por esta frase)
basta con ese debate interno planteado en termos de "realmente quero o que desexo?" (grazas a Zizek por esta pregunta que é unha resposta en si mesma)
basta das estratexias de autoconvencemento da inutilidade de todo
basta desta ausencia do mundo
desta existencia morixerada
desta escritura afectada e insignificante
e de toda a seriedade
que sirve para disimular
todo ese pánico
por vivir.

Rubem Fonseca

Ultimamente derivei de forma accidental cara á lectura de certo tipo de novela negra: malahostiada, seca, sen pretensións líricas ou románticas, sen antiheroes, fragmentaria, con tendencia á non resolución das tramas, existencial no sentido mersaultiano, etc. Entre os libros que lin quedei moi pillado con "O cobrador" de Rubem Fonseca. Buscando por google adiante atopei unha páxina con varias citas súas. Unha delas é tan deslumbrante que non me podo resistir a poñela aquí (só a atopei en castelán e non me vexo tan sobrado como para traducila):



 Pasiones del water

Hay personas que por comodidad, por prudencia, por religión, por avaricia evitan quedar a merced de las pasiones amorosas. Esas personas o se entregan de manera compensatoria a las obsesiones adquisitivas –dinero (no sólo los avaros), propiedades, bienes, honores, erudición, saber (“la naturaleza del ser humano es desear el saber”, Aristóteles)- o crean un rígido sistema de protección moralista y deontológico; el deber principal es evitar, cueste lo que cueste, la influencia nefasta del amor carnal –el deseo esclaviza, la ascesis libera. Montaigne se enorgullecía de ser poco proclive a las pasiones violentas –“tengo una sensibilidad naturalmente grosera y la vuelvo aún más espesa y empedernida por medio de razonamientos diarios”. El supremo placer físico de esas personas es defecar. Defecar alivia, es placentero, es saludable, es seguro, es barato, es inocente, es natural, es higiénico, sobre todo si después uno puede lavarse con jabón en el bidé. Y también puede ser educativo e intelectualmente excitante –son incontables los que adoran leer y meditar cuando están descargando los intestinos en el retiro secreto y calmante de su baño. Lutero concibió las más importantes de sus 95 Tesis revolucionarias, que lo hicieron la mayor figura de la Reforma protestante, sentado en la taza del excusado. Mi pasión es la mujer.

4 de out. de 2012

O paso a acción

"Desertar da realidade" é o lema non escrito número un da maioría dos membros da miña xeración (os que rondan os 40 agora mesmo, tres ou catro enriba ou abaixo). "Cultivar a vida privada" é o lema non escrito número dous da maioría dos membros da miña xeración (os que están a ter fillos unha década máis tarde que os seus pais mentras enfrontan o que os psicoanalistas chaman "o trauma da futura morte probable" mentras eses fillos empezan a camiñar polo mundo). "Non renunciar ao placer en calquera circunstancia" é o terceiro lema non escrito dos membros da miña xeración" (aqueles que foron educados no tramo final do franquismo, remplazando a ciénaga nacional católica polas areas movedizas dunha transición que se quixo despolitizadora, invertindo a carga das enerxías transformadoras do campo do social e o político ao campo do cultural). "Faga como min, non se meta en política" é o cuarto lema non escrito da maioría dos membros da miña xeración (aqueles que nunca militaron nun partido político ou nun sindicato ou mesmo nunha asociación veciñal ou calqueira outra forma de asociacionismo que os sacara do útero familiar e da roda das amizades escolares). "Fuxir de todo todo o rato" é o quinto lema non escrito da maioría dos membros da miña xeración (aqueles que, descuberta a súa imposibilidade de conseguir transformacións globais renunciaron incluso a pelexar polo local nunha cadea de razoamentos interiores autoindulxentes que simplemente reproducía ao nivel dos esquemas mentais as estruturas sociais). "O que hai é o natural, ir contra elo é de radicais intransixentes" é o sexto lema non escrito da maioría dos membros da miña xeración (aqueles que ven natural seren persoas máis ou menos acomodadas na parte media dunha pirámide social edificada, na súa parte baixa, a base de miseria, sufrimento e privacións materiais e, na súa parte alta, a base de privilexios - os herdados e os conseguidos de novas-, inmunidades de todo tipo e excesos materiais simplemente intolerables).

Etc.