6 de nov. de 2010

Unha cita de Camus

Leo na páxina dun dos meus contactos de Flickr:

"Autumn is a second spring where every leaf is a flower."
--Albert Camus

E xa se me alegrou o día. Simpleza de carácter, chámase a cousa. A cita acompaña a esta imaxe:

all that have fallen

Que é a típica imaxe que calquera pode facer coa súa cámara do móbil. É o bó de internet, nun sentido elemental: hai moitas cousas que pode facer calquera. Mesmo ser optimista sobre o outono. Simpleza de carácter. Mola. Vale, pero sen pasarse.

1 comentario:

  1. O meu calendario ten unha de Toulouse-Lautrec: "O outono é a primavera do inverno".

    ResponderEliminar

Deixa o teu comentario