O exhibicionismo é a forma de expresión contemporánea da soidade
Vía o tumblr de opaco descubro o chatroulette, un servicio one-on-one de comunicación vía imaxe, son e texto. Un dalle a "start" e pode elixir se quere que os demais o vexan e o escoiten ou non. Despois de probalo cinco minutos esto é o que vin: a) uns cen tipos mirando para min dende cociñas, dormitorios, baños, salóns, lugares alumeados cun flexo, b)un par de homes masturbándose en primeiro plano, c) un grupo de rock ensaiando e d) unha muller que estaba como recostada nunha cama con barrotes (!!!). Ao non ter conectada a miña cámara, os meus pares pasaban de min en centésimas de segundo, de forma que a cousa rematou limitándose a un pase de pixeladas caras de aburrimento -nin siquera expectación- e recadros negros no cal o único que estaba en xogo era a velocidade co que un lle daba á tecla "next".
Aínda non sei que pensar do invento. Mola dunha forma enfermiza, que é como molan case todas as cousas hoxe en día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa o teu comentario