6 de xan. de 2010

saul bellow, el legado humboldt

Algunas personas aceptan sus talentos con gratitud. Otras no saben qué hacer con ellos y sólo piensan en superar sus debilidades. Sólo les interesan sus defectos, son su único desafío. Por eso los que odian a la gente pueden acabar buscándola. Los misántropos se dedican con frecuencia a la práctica de la psiquiatría. Los tímidos se convierten en actores. Los ladrones innatos buscan cargos de confianza. Los miedosos realizan actos temerarios.

Saul Bellow pertence a esa clase de escritores nos que vida e obra mestúranse e solápanse continuamente. Vitalista e intelectual, nas súas obras maniféstase unha fe absoluta en que a cultura e o sexo (vale, e o amor tamén) poden mellorar aos seres humanos nun sentido moral. O libro, un ladrillo de case setecentas páxinas, alterna momentos estraordinarios con moitas páxinas absolutamente superfluas. As peripecias da vida desenfrenada dun escritor e intelectual sesaxenario obsesionado coa figura do poeta morto Humboldt van alternándose con aburridas -a marioría das veces- reflexións sobre a vida e a morte. Bellow é un tipo moi concreto de escritor americano, lonxe do estereotipo europeo: hiperactivo sexualmente, impúdico, narcisista, exhibindo unha erudición abraiante e capaz de falar rigorosa e brillantemente de case calquera cousa, provoca no lector a impresión de que unha vida repleta de emocións e intensidade, de acción continua e reflexións profundas, de sexualidade desatada e grandes paixóns está ao alcance de calquera que se propoña tal cousa. Con vinte, con corenta ou cos sesenta anos do protagonista, a vida está para arriscalo todo continua e ininterrumpidamente se un ten o descaro, a intelixencia, o talento e as amizades correctas. En fin. Como a vida mesma.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario