Lendo o libriño "La balada de Al Capone. Mafia y capitalismo" (1969) de Enzensberger descubro unha cousa divertida. Resulta que a palabra "camorra" é española. E resulta que o crime organizado como tal cousa é un invento tamén español. O autor rescata un fragmento de "Rinconente y Cortadillo" no cal se fala da "honrada Hermandad", unha sorte de sindicato do crime con xerarquías, estatutos e rigorosas normas de conducta para os seus membros. A "honrada Hermandad" era eficiente, fiable, cumpría escrupulosamente os seus contratos e tiña contactos a todos os niveis: clero, policía, nobreza, ministros e incluso a corte e o propio rei. O modelo español, nacido durante o século XV, acada o seu esplendor nos séculos XVI e XVII. En Europa convértese nunha referencia. Tanto que, na subdesenvolvida rexión de Nápoles, alá polo 1842, tomarán boa nota da existosa empresa española e aplicarán os seus métodos para fundar o que hoxe coñecemos como "camorra".
A maior organización criminal do planeta -se exceptuamos á banca e ás grandes multinacionais, pero iso é outra historia- está inspirada nunha irmandade hispánica medieval.
He he he.
E os seus descendentes acaban de comprometerse a cumprir un código ético. E o dixeron sen rirse nin un pouquiño.
Publicar un comentario