Estás lendo

a demolición interior, unha aproximacion
Non pode quedar nada para que realmente exista a posibilidade de que haxa algo. Hai que derrubar e abrir e derrubar e voltar a abrir sobre o derrubado. As ruinas deben ser desinfectadas. Debe ser unha labor lenta e complicada. Debe ser como planificar un asasinato. Debe ser como ser un comando terrorista para si mesmo. Hai que botar napalm na punta da lingua, onde quedan todas as cousas que non rematamos de dicir. Hai que reptar sobre os restos e deixar un rastro baboso e infecto. O lixo de verdade non cheira tan mal como os materiais que fan crecer as cousas que forman o esqueleto do que somos. Nalgúns momentos tivemos a posibilidade de facer-nos de forma menos indigna. Sempre escollimos as opcións incorrectas enganándonos a nós mesmos sobre as nosas verdadeiras intencións. Hai mil anos que perdimos a oportunidade de ser outros, como quen deixa pasar o bus por non saber se vai a parada axeitada. Hai mil anos que tiñamos que ter comezado a fuxir das cousas que estaban a crecer en nós e das que xa é imposible escapar. Somos as nosas non-decisións e o noso non-pensar. Somos o resultado de mirar para outro lado. Somos os restos de algo que leva un río de podremia insoportable. E pese a todo, cómo nos queremos, a nós mesmos. Cómo non querernos, claro.

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.