8 de xuño de 2009

análise poselectoral de urxencia
Sube Berlusconi, sube a ultradereita e os partidos de corte nazi ou de tipo populista-autoritario. A dereita arrasa. A esquerda integrada entra en crise. A esquerda alternativa mantense entre a nada e os dous diputados. A esquerda-esquerda ten menos votos que socios o Celta de Vigo. Os abstencionistas son a gran maioría dos europeos. Eu votei, con desgana, a un BNG que en Vigo pasou do 13% ao 8,8%. Algo cheira a podre nesta esquina de Europa. Como di o funambulista coxo, estamos en sintonía con esta Europa temerosa, xenófoba, populista e de dereitas. Para unha vez que estamos en sintonía con algo, é con radio-merda-europa fm. Mañá martes, as 21.00 h. manifestación de apoio aos traballadores do metal en folga en Vigo. Alí estaremos. Tentarei convencerme de que Europa é algo máis que esa mezcla de puticlub berlusconiano, sacristía mayor orejiana e teleserie de aventuras sarkozyniana que presentan os resultados electorais. Tentarei convencerme de que, pese ao crecente apoio en Holanda, Austria, Dinamarca ou Inglaterra aos herdeiros dos nazis, aínda quedan restos de dignidade ao vello estilo europeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario