hixiene
Suprimín as tres entradas anteriores deste blog. Non é por dar explicacións, pero me sentín ben ao facelo. Suprimir sempre mola.
30 de xuño de 2009
8 de xuño de 2009
análise poselectoral de urxencia
Sube Berlusconi, sube a ultradereita e os partidos de corte nazi ou de tipo populista-autoritario. A dereita arrasa. A esquerda integrada entra en crise. A esquerda alternativa mantense entre a nada e os dous diputados. A esquerda-esquerda ten menos votos que socios o Celta de Vigo. Os abstencionistas son a gran maioría dos europeos. Eu votei, con desgana, a un BNG que en Vigo pasou do 13% ao 8,8%. Algo cheira a podre nesta esquina de Europa. Como di o funambulista coxo, estamos en sintonía con esta Europa temerosa, xenófoba, populista e de dereitas. Para unha vez que estamos en sintonía con algo, é con radio-merda-europa fm. Mañá martes, as 21.00 h. manifestación de apoio aos traballadores do metal en folga en Vigo. Alí estaremos. Tentarei convencerme de que Europa é algo máis que esa mezcla de puticlub berlusconiano, sacristía mayor orejiana e teleserie de aventuras sarkozyniana que presentan os resultados electorais. Tentarei convencerme de que, pese ao crecente apoio en Holanda, Austria, Dinamarca ou Inglaterra aos herdeiros dos nazis, aínda quedan restos de dignidade ao vello estilo europeo.

6 de xuño de 2009
racaille
Lembro en 2005 a un Sarkozy aínda ministro do interior francés chamando aos manifestantes das banlieue "racaille". Os medios falaron desta palabra no seu momento, traducíndoa por algo así como "canallas". Un compañeiro do coleixo, nativo francés, contárame que a palabra que elixira Sarkozy era tremenda. Racaille referírese as pedriñas que quedan ciscadas polos camiños, a unha especie de "rolling stones" sobrantes e molestas que estorban o paso. Na fala coloquial é case o último que lle podes chamar a alguén. Claro, despois diso veu o apocalipse en versión francesa que, dalgunha forma, deunos un aviso sobre a deriva dunha Europa que estaba (e está) esvarando polos perigosos camiños da inxustiza, o racismo, o odio aos inmigrantes, a explotación e o desmantelamento do estado frente ás esixencias das finanzas internacionais, tirándose de cabeza nas mans dos populismos de corte autoritario que salpican á maioría dos países "civilizados".
Lembrei todo iso grazas ao conflicto do metal que se está a vivir en Vigo. Nun acto de miserabilismo bastante calculado -habitual por desgracia hoxe en día-, un xornalista vigués, situado polo seu plantexamento na posición dun espectador sen contexto algún, autoconnotado como "cidadán benpensante", cargaba contra os obreiros do metal, a súa protesta última e os seus métodos criminalizados unanimemente pola prensa local e nacional. En último termo, o xornalista viña a queixarse de que estropeaban a imaxe da cidade coa súa violencia nas rúas e o seu vandalismo sen control. Esta visión, reaccionaria, temerosa e clasista, é a que veñen alimentando todos os medios dende que empezou o conflito. As novas danse dende o punto de vista dunha ficticia "clase media" que cre que a cidade é só o escenario onde dar corpo ás súas fantasías de clase social dominante, con xardíns de céspede perfectamente recortado, parterres de flores en tódolos recantos e beirarúas de granito nas zonas "nobles". Frente a ese pesadelo no que o triunfo do cursi vertebra un discurso de dominación baixo o argumento do "bó gusto", os obreiros do metal saen á rúa non á protagonizar unha mascarada hipetrofiada de amor ás margaritas e ás rúas recén baldeadas, senón a loitar polos seus dereitos laborais e pola súa dignidade como traballadores. Saen as rúas a demostrar que non están axeonllados. Que non queren estalo e que non van a permitir que os fodan máis. De paso, a devolver ao sistema parte da violencia estrutural que permite que unha persoa cobre mil euros brutos mensuais por xornadas de nove ou dez horas traballadas diariamente e por riba teña que darlle as grazas ao empresario por non despedilo.
Pero claro, ao cidadán benpensante as multitudes na rúa póñeno dos nervios. Agás se levan un cirio na man e van en fila india detrás dunha imaxe piadosa. Ao cidadán benpensante a masa que vai pola cidade expresando a súa ira dalle noxo: a desorde é inxustificábel. Que é iso de cortar o tráfico. De queimar contenedores do lixo. De queimar un bus urbano. A inxustiza de tódolos días, en cambio, pois que se lle vai facer. O mundo e así. Hai ricos e pobres. E qué é iso de que estean tan organizados. Xa non se leva algo tan antiguo. Hoxe en día cada quen ten que salvar o seu cú. Que demodés estes do metal, todos xuntiños, prendéndolle lume ás rúas, enfrontándose á policía.
Estimados traballadores do metal: duro con eles, cos empresarios, coa policía, co mobiliario urbano e co que faga falta. A dignidade dos traballadores e os seus dereitos están por riba de calqueira das cousas anteriores. Eu emociónome ao ver as barricadas na Porta do Sol, as cargas contra os antidisturbios, as moreas humanas tomando as rúas, celebrando o poder do seu número, a festa da súa forza. Significa que non todo está perdido, que nestes tempos de fondísima reación temos un exemplo a seguir, un modelo a imitar, uns alguéns a quen admirar sen reservas. Grazas.