Estás lendo

propaganda política sicotrónica
É case a 1.00 am. Mentres remato un traballo no ordenador teño a tele de fondo, facéndome compaña. Nun lapso de dez minutos voan pola pantalla da caixa tonta varios spots de propaganda política que oscilan entre o bizarre-movie e o corto gravado co mobil á saída de clase: PUM-J (partido por un mundo más justo), CDS, frente nacional, AES (qué coño significa), PCPE (coa música de matrix de fondo), falange española, rosa díez, PACMA, Extremadura Unida, MSR (movimiento social revolucionario), Izquierda Anticapitalista, democracia nacional, POSI, unicón comunista reunificada, partido humanista, solidaridad por pincipio, PSA (sen citroen), falange auténtica, familia unida, unión centrista liberal... e cando remata o lote, de súpeto, volta a empezar todo. Cada partido, 30 segundos. Un loop extravagante polas diferenzas irresolubles entre os seus fragmentos. Non podo evitar pensar que neste revolto de siglas hai algo de verdade asomando con timidez tras a penuria de medios destes vídeos caseiros. Algunhas persoas das que saen falando semellan crer no que din. Semellan ser algúns alguéns, sen apelidos, nin cartos, nin intereses empresariais detrás. Hai outros mundos.

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.