13 de abr. de 2009

involución
O novo presidente da Xunta de Galicia presume de carecer de ideoloxía. El defínese a si mesmo como un "xestor". Claro, isto non é ideoloxía, e xestión. É o que ten ser de extremo centro. Dentro de pouco a esta involución chamaranlle progreso. E ao destrozo total da nosa paisaxe costeira chamaranlle... eu aposto por "creación de riqueza e emprego respetuosos co medio ambiente". Anotemos. Primeira "feijoada". E non leva nin cinco minutos no sillón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario