24 de mar. de 2009

expedientes x
Dende o día posterior á victoria do pp, chegan ao meu colexio puntualmente 35 exemplares diarios do xornal "el mundo" que ninguén pediu. O enigma é considerable e invita a pensar mal, non sei de que ou de quen, pero mal mal. Falei cos de administración, coa directora, co xerente, co secretario. Ninguén sabe de onde saen os 35 exemplares nin quen os paga. Amontonados na secretaría, rematan formando unha pila de 175 ao chegar o venres. Nese momento, a profesora de plástica de 4ª de primaria, acompañada por dous rapaces da ESO, os recolle e os leva á súa clase para utilizalos nas súas clases. Non como lectura, claro. Malia a xustiza poética na resolución final desta situación, sigo preguntándome a que se debe este tirar xornais por tirar. Ao mellor ten algo que ver con esta nova.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa o teu comentario