25 de feb. de 2021

American Ground Zero: the secret nuclear war, Carole Gallagher



Do prólogo de Keith Schneider:


American Ground Zero: The Secret Nuclear War is a surpassingly careful recounting of human turnoil and official indifirence. It is part of an American tradition of oral history and documentary photography that trascends other art forms in keeping alive bruising political eras. Just as Mathew Brady documented the Civil War, Walker Evans chronicled the Great Depression and modern photojournalists reported on civil rights movement and the Vietnam War, Carole Gallagher has brought us face to face with the victims of another painful chapter in American history. The consequences of the nuclear arms industry´s contamination of America will linger for centuries. Here is a document of extraordinary craftsmanship by one journalist unwilling to let this tragedy go unremembered.




16 de feb. de 2021

Mike Davis, Carole Gallagher e David Lynch

Estou a ler "Ciudades muertas. Ecología, catástrofe y revuelta" (Ed. traficantes de sueños) o libro do sociólogo Mike Davis de 2002 que ven sendo unha especie de "arqueoloxía da catástrofe urbana" centrado nas cidades estadounidenses. A súa visión da historia deste país asómase ao que a potencia imperial leva un par de siglos tratando de ocultar con desgana: o xenocidio sistemático das poboacións nativas e o ecocidio paralelo expresado nas súas mil variantes "civilizadas": cidades espalladas ao longo de centos de kilómetros, zonas suburbiais interminables, cementerios radiactivos e zonas de prácticas nucleares ao longo de varios estados, infinidade de explotacións mineiras abandonadas ou en uso aparecendo como cicatrices no terreo, vertedoiros elefantisíacos por doquier, polígonos industriais e tecnolóxicos levantados sin control, zonas de monocultivos descomunais... a lista de barbaridades é interminable e describe con claridade o tipo de relación co entorno que a "conquista" do territorio norteamericano desenvolveu nos últimos douscentos anos: basicamente a de consideralo un repositorio infinito de materias primas destinado a unha explotación ilimitada sen importar os custos, asoballado pola regla da maximización do beneficio e afastado de calquera outra consideración de tipo social, antropolóxica, cultural ou medioambiental.

Grazas a este libro descubro a obra da fotógrafa Carole Gallagher, unha das integrantes do Gremio de Fotógrafos Atómicos, posiblemente "a colaboración socio-documental máis importante dende os anos trinta do século XX, cando a Unidade Fotográfica da Administración de Seguridade Granxeira de Roy Striker xuntou as famosas lentes de Walker Evans, Dorotea Lange, Ben Shahn, Rusell Lee e Arthur Rothstein". Nos anos oitenta Carole Gallagher comezou a estudar a historia oral  das vítimas do programa estadounidense de probas nucleares. Froito do seu traballo é o impresionante American Zero Ground: The Secret Nuclear Wars, libro no cal detállanse as consecuencias do machaque radiactivo durante décadas nas áreas que circundan o deserto de Nevada: taxas de incidencia de cancro moi superiores a calqueira outro lugar do planeta (incluido, si, Chernobyl), miles de animais nacidos con deformidades espantosas, innumerables casos dos denominados "bebés medusa" (fetos irradiados que creceron dentro de molas hidatidiformes), solos contaminados durante décadas, acuiferos estragados... e todo ocultado polas autoridades correspondentes ata que a magnitude da desfeita fixo imposible seguir negando as evidencias.

No libro recóllese a historia de dous veteranos do exército da localidade de Hood (onde detonouse nas súas proximidades unha bomba de hidróxeno de 74 kilotóns en xullo de 1957). Estes lembran a visión do inferno que atoparon ao adentrarse no deserto:

Percorréramos unha curta distancia cando un dos meus homes dixo: "Xesucristo, mira iso!" Mirei cara onde el estaba apuntando e o que vin horrorizoume. Había xente dentro dun valado -un cerco de cadeas con arames de púas de espiño. Caíaselles o cabelo e parecía que a súa pel estaba a descascarse. Levaban vaqueiros pero sen camisas.
Eu estaba feliz, cheo de vida antes de ver a bomba. Nesa contorna entendín a maldade e nunca foi o mesmo... Entendín como pode terminar o mundo


En 2002 era imposible que Mike Davis puidera ver a terceira tempada de Twin Peaks (tería que esperar, como todos, ata 2017). Nela, David Lynch colle ao protagonista axente Cooper das dúas primeiras e devólveo amnésico e inutilizado durante a maior parte dos capítulos a un mundo no cal o mal que este combatía camina solto encarnado nun magnético doppelganger seu. No celebérrimo capítulo oito desta terceira tempada Lynch leva a súa cámara ao corazón da primeira explosión nuclear da historia: a que tivo lugar o 16 de xullo de 1945 no deserto de Jornada del Muerto (Novo Mexico), no lugar que posteriormente se chamaría White Sands. E nela sitúa a orixe do nacemento do mal na súa propia cosmogonía. Un mal expresado en forma de vagabundos fantasmais que repiten incansables a quen se lles achega (antes de morrer inevitablemente): "Gotta Light?"

A historia que recolle Carole Gallagher en American Zero Ground e que Mike Davis reproduce no seu libro semella ser un antecedente non planeado dese oitavo capítulo lynchiano. Como se o director tivera coñecemento inconsciente do relato e este se lle colara no argumento da súa historia. O mal que cristaliza nos experimentos nucleares e que estará na base da guerra fría durante a segunda metade do século XX. O mal que sintetiza a actitude ridícula dunha boa parte da humanidade, ignorante do coidado que lle debemos ao noso fogar -o planeta no que vivimos- e das consecuencias dun modo de vida demencial resumido no libro de Davis nunha frase do poeta Sayyid Qutb: "se todo o mundo se convertira en América sería a ruina da humanidade". Nesas estamos.