20 de ago. de 2020

Las promesas de los monstruos, Donna Haraway

 "O ciberespazo, á marxe do fulgor da súa tecnoloxía punta, é a idea dunha comunidade consensual virtual... Unha comunidade virtual é, ante todo, unha comunidade de crenzas". 

Allucquére R. Stone

"Para William Gibson, o ciberespazo representa "unha alucinación consensuada experimentada diariamente por miles de millóns... Unha complexidade impensable." O ciberespazo parece ser así unha alucinación consensuada de demasiada complexidade, demasiada articulación. Constitúe a realidade virtual da paranoia, unha rexión abarrotada no último terzo do segundo milenio cristián. A paranoia é a crenza nunha densidade ininterrompida de conexións que precisa, se un pretende sobrevivir, retirarse ou defenderse ata a morte. O "eu" autodefendido rexurde no corazón da relacionalidade. De forma paradoxal, a paranoia é a condición de imposibilidade de seguir articulado. No espazo virtual, a virtude da articulación (é dicir, o poder de producir conexións) ameaza con abrumar e finalmente engolir toda posibilidade de acción efectiva para cambiar o mundo."