23 de xul. de 2012

2002-2012

O 18 de xullo de 2002 comecei a escribir neste blog.

A miña primeira entrada dicía:
esto es una prueba para el diario de willy sifones

A partir de aí, todo foi en picada. Excepto o senso do humor que, como poden comprobar, non fixo outra cousa que mellorar.

Agora que os blogs morreron é unha boa ocasión para voltar a eles. Sempre me gustaron os mortos vivintes.

Dende este blog zombi proclamo: unha década non é nada, quero chegar ás catro décadas de blog. A nada estirándose na corrente do tempo, elástica, flexible, contaxiosa.

Declaro inaugurada esta cousa.