No ano 2010, dentro dos actos de propaganda destinados a promocionar a candidatura da Presidenta da Autoridade Portuaria á Alcaldía de Vigo e incluído no calendario de actividades guais do Xacobeo 2010, estreouse en Vigo un festival de música na onda dos eventos "modernos", "cools", "chachipirulis" e mesmo "indies" que salpicaban a xeografía hispánica no tempo de verán ou de pre-verán. Lembro a foto da presentación da 1ª edición: unha sorrinte Corina Porro anunciaba dende o centro dunha mesa hiperpoboada a boa nova: esta cidade de merda tería por fin un festival a altura da súa grandeza. E este estaba organizado pola Autoridade Portuaira, ente administrativo que até entón eu tiña por garante do tráfico de mercadorías no peirao e responsábel da aduana marítima basicamente. A maniobra, é sabido, non funcionou de todo, os concertos foron un éxito pero a candidata quedouse ás portas da alcaldía da cidade. Porén, pasado este momento fundacional-traumático, o festival xa se considera "consolidado". É sabido que só precísase unha cantidade de tempo suficiente para que as orixes bastardas das cousas sexan borradas (xa aconteceu con esa seudo feira de arte que se celebra no IFEVI, que na súa IV edición xa está bendecida pola crítica especializada) e integradas no curso normal da vida cotiá. Posiblemente o nivel de grosería intelectual e política desta maniobra só sexa superada polos usos que se lle van a dar á cidade da cultura e polo programa de actividades do pasado Xacobeo 2011, pero aínda así é difícil atopar algún detractor do invento: música "moderna", bebidas baratas, o mar, as ondas, o solpor: o contextual desbordando ao substantivo, a estética devorando calquera intento de reflexión ética. De fondo, a aceptación acrítica "do que hai" como signo dos tempos, e o "reláxate e disfruta" como modo de vida consensuado.
A novidade, nesta segunda edición xa situada en todas as axendas das revistas de tendencias e suplementos de cultura do país, é a cabeza que preside a Autoridade Portuaria agora mesmo, o exconcelleiro Ignacio López-Chaves, figura emblemática da ultradereita galaica de raigame antigalega e guerreiro infatigable en todas as loitas patrocinadas dende a caverna mediática neocon española (tal e como lembra coa súa brillantez habitual Fran P Lorenzo). Dado o historial do home, probablemente teñamos a oportunidade de asistir a outro lavado de cara e posta ao día da imaxe dun político marcado e significado inequivocamente. Será divertido escoitalo falando das virtudes dunha música que non lle interesa nada, eloxiando o ambiente xuvenil de celebración que tanto detesta ou abrazando entusiasmado ante os medios as propostas "de vangarda" que nada lle din.
En conclusión, Vigo Transforma parece ir tomando un camiño definido: unha sorte de autolavado deses que se ven nas beiras das estradas, destinado a limpar non automóbiles, senón a chapa de certa clase política que pasa transitoriamente polos sillóns de dirección da Autoridade Portuaria para, tras o festival, saír limpos, brillantes, con ese olor a novidade e frescura que caracteriza ás reunións multitudinarias da mocidade hedonista-nihilista que ateiga os festivais veraniegos. Esto si que suena brillante.
No Sinsal tamén hai moito de contextual: ondas, solpor, bermudas e todo iso.
Nada máis lonxe da miña intención que xustificar as veleidades trendies dos cosmopaletos empicharrías pero ten que recoñecer que hai poucas cousas máis clasistas que a toma da illa de San Simón; clasista no sentido de cluster urbano, universitario, postrock-synthpop,lefty e autoindulxente. E da idade inmediatamente anterior á media (á mediana, quero dicir). Si, xa sei que a diferenza é que nós somos os voceiros do bo gusto. E somos auténticos; aínda que non tanto, creo eu, como os hooligans do Lúar.
Vouvos facebookear
Trasteando en el google.
Sinsal es para la Intelligentsia “progresista” una vaca sagrada intocable: quién ose contradecir el canon académico puede retroceder ochenta y siete escalones de reencarnación. Si el centro del Hinduismo es la protección de las vacas, la protección de la reputación del Sinsal es uno de los más maravillosos fenómenos de la evolución del progresismo gafapastista.
Sabíamos de la previsible y automática reacción fóbica de la corporación de profesores universitarios, ayudantes de cátedra, becarios de investigación, articulistas, directores de revistas literarias y musicales de izquierda incluso de algún “gurú” consagrado.
Lo mismo vale para Vigo Transforma.
Vale.Lo reconozco.Me aburro porque no lo soy.
de verdade, case dez anos blogueando e aínda hai comentarios que conseguen sorprenderme e mesmo facer que me pregunte que fixen tan terriblemente mal na miña outra vida para merecelos!
Al gurú del invento le gustó tu entrada.
Me consta.
¿qin lo iba a decir?
Con lo otro, paciencia.
O una bayoneta oxidada.
Hasta pronto.
Pero máis alá das formas e da intención dos trolls (entre os que, en certa medida, me conto), por qué lle custa tanto asimilar ás críticas a certos patróns estéticos? Vostede mesmo fala de eventos modernos, cools e chachipirulis. Por non falar dos arrepíos que, segundo ten confesado aquí algunha que outra vez, lle producen as orquestras, os foghetes e as bandas de música.
regresó vd. desde nuestra querida laCoruña?
un placer volver a verte!
igualmente jm, te perdí de vista y no pude despedirme!!! (por cierto que acabamos cenando unos bocatas comprados inextremis en un plaza delante de un eroski: corulandia es un lugar molto difficile las noches de los lunes!!!)
cossimo, cito aquí a George Orwell, é un parrafo sacado dun libro de Zizek (como non):
"Todas as miñas ideas son ideas de clase media, e, para superar a miña pertenza a unha clase debo eliminar non só o meu esnobismo, senón tamén a maioría dos meus gustos e os meus prexuizos. Debo cambiarme a min mesmo de xeito tan radical que se o fixese, case non se me recoñecería como a mesma persoa"
Para a miña desgraza eu recoñézome sempre como a mesma persoa dende fai máis tempo do que podo lembrar.
Todo isto é tan obvio que dá noxo.
Entón o gusto non é (des)educable? Ou o que é peor, son todas as estéticas igual de respetables? Non hai ningunha posibilidade de redención para os seareiros de kiss fm?
ya te digo... dónde quedó el dicho de vigo trabaja y laCoru se divierte?
me replanteo hacer un par de recopilatorios de verano, a uno le sube el ego cuando le recuerdan estas cosas.
no vemos en el próximo sinsal!
Amodiño.
Os seareiros do fm sonche unhos rabudos.
Unha tropa do carallo.
Eu creo que non hai posibilidade de redención para as autodenominadas clases medias, teñan os gustos que teñan. O gusto é tautolóxico: isto gústame porque me gusta e ten a cara oculta do aspiracional, supoño: isto gústame porque é o guai, o moderno, o chachipiruli, o que me ten que molar, o que lle mola á xente que me mola, o que lle mola á xente que sabe que é o que ten que molar. Entre a tautoloxía e a aspiración que nunca é lograda movemos os nosos catálogos irrisorios de querencias e odios, guiados pola luz deslumbrante da nosa vanidade, nas súas dúas vertentes, a afirmativa e a mórbida, a que pretende destacarnos na-nosa-especifidade e a que pretende facernos salientar pola vía da autohumillación pública, pola exhibición patética da nosa miseria persoal, pola ataque dramático á autoestima e ao ideal de un mesmo.
A estética é a política por outras vías, supoño.
Total, que máis alá da hipocrisía da autoridade portuaria, o Vigo Transforma sería igual de chachipiruli có Sinsal.
Pois eu creo que non. Hai moitas clases medias; algunhas son exclusivamente monetaristas, razón pola que as súas querencias rozan o vulgar-proletario: Alejandro Sanz, El Canto del Loco, Shakira.
Outras enzóufanse cun verniz pseudo-ilustrado (como esa xente que nunca le libros pero sabe quén é Boris Pasternak):Coldplay, Bunbury.
E despois está tamén a vangarda estética (en sentido leninista)do medio-centro da que vostede constitúe un representante prototípico.
Loxicamente, (e aparte dos outsiders)dentro de cada grupo podemos atopar múltiples subdivisións; eu qué sei, hai xente máis cantautor 2.0 (Nacho Vegas, Christina Rosenvinge); e outra máis grunge downtempo (case todo o que lle gusta aos seus amigos).
En todo caso, menos mal que nos queda o alalá.
". Lembro a foto da presentación da 1ª edición: unha sorrinte Corina Porro anunciaba dende o centro dunha mesa hiperpoboada a boa nova: esta cidade de merda tería por fin un festival a altura da súa grandeza."
jejeje, qué bueno; pero si la cori es puro luar, bueno le gana en botox y en populismo al otro.
De la discuensión no entiendo nada, parece un partido de tenis entre sinsal y transforma. Muy local, eso sí.
Saludos
Ahá. Y los conciertos que tal?
Se discute sobre el desfile de carrozas 2012.Día del orgullo gafapasta.
Creo que va ganando el Sinsal,por aquello de la salud.
Postdata:Se acerca el fin del mundo.Estoy de acuerdo con Cossimo....en todo.
Publicar un comentario