No ano 2010, dentro dos actos de propaganda destinados a promocionar a candidatura da Presidenta da Autoridade Portuaria á Alcaldía de Vigo e incluído no calendario de actividades guais do Xacobeo 2010, estreouse en Vigo un festival de música na onda dos eventos "modernos", "cools", "chachipirulis" e mesmo "indies" que salpicaban a xeografía hispánica no tempo de verán ou de pre-verán. Lembro a foto da presentación da 1ª edición: unha sorrinte Corina Porro anunciaba dende o centro dunha mesa hiperpoboada a boa nova: esta cidade de merda tería por fin un festival a altura da súa grandeza. E este estaba organizado pola Autoridade Portuaira, ente administrativo que até entón eu tiña por garante do tráfico de mercadorías no peirao e responsábel da aduana marítima basicamente. A maniobra, é sabido, non funcionou de todo, os concertos foron un éxito pero a candidata quedouse ás portas da alcaldía da cidade. Porén, pasado este momento fundacional-traumático, o festival xa se considera "consolidado". É sabido que só precísase unha cantidade de tempo suficiente para que as orixes bastardas das cousas sexan borradas (xa aconteceu con esa seudo feira de arte que se celebra no IFEVI, que na súa IV edición xa está bendecida pola crítica especializada) e integradas no curso normal da vida cotiá. Posiblemente o nivel de grosería intelectual e política desta maniobra só sexa superada polos usos que se lle van a dar á cidade da cultura e polo programa de actividades do pasado Xacobeo 2011, pero aínda así é difícil atopar algún detractor do invento: música "moderna", bebidas baratas, o mar, as ondas, o solpor: o contextual desbordando ao substantivo, a estética devorando calquera intento de reflexión ética. De fondo, a aceptación acrítica "do que hai" como signo dos tempos, e o "reláxate e disfruta" como modo de vida consensuado.
A novidade, nesta segunda edición xa situada en todas as axendas das revistas de tendencias e suplementos de cultura do país, é a cabeza que preside a Autoridade Portuaria agora mesmo, o exconcelleiro Ignacio López-Chaves, figura emblemática da ultradereita galaica de raigame antigalega e guerreiro infatigable en todas as loitas patrocinadas dende a caverna mediática neocon española (tal e como lembra coa súa brillantez habitual Fran P Lorenzo). Dado o historial do home, probablemente teñamos a oportunidade de asistir a outro lavado de cara e posta ao día da imaxe dun político marcado e significado inequivocamente. Será divertido escoitalo falando das virtudes dunha música que non lle interesa nada, eloxiando o ambiente xuvenil de celebración que tanto detesta ou abrazando entusiasmado ante os medios as propostas "de vangarda" que nada lle din.
En conclusión, Vigo Transforma parece ir tomando un camiño definido: unha sorte de autolavado deses que se ven nas beiras das estradas, destinado a limpar non automóbiles, senón a chapa de certa clase política que pasa transitoriamente polos sillóns de dirección da Autoridade Portuaria para, tras o festival, saír limpos, brillantes, con ese olor a novidade e frescura que caracteriza ás reunións multitudinarias da mocidade hedonista-nihilista que ateiga os festivais veraniegos. Esto si que suena brillante.
28 de xuño de 2011
9 de xuño de 2011
A soidade colectiva
Fai xa tres semanas estoupou unha pequena onda de malestar colectivo. De xeito imprevisto, os organizadores dunha difusa -e confusa- vaga de manifestacións polo territorio hispánico atopáronse con miles de persoas acampando nas principais prazas das principais cidades españolas. A necesidade de comentar o que estaba acontecendo retratou con rapidez aos medios productores de opinión tradicionais do país e a esa masa evanescente de internautas que observan sen mollarse, que tuitean por non estar calados, que miran o facebook de esguello e clican compulsivamente nos millóns de "me gusta" esparexados polo chan desa comunidade virtual.
O retrato colectivo, xa cunha perspectiva mínima, é maiormente desolador, alomenos para quen escribe estas liñas e articúlase dacordo a tres esquemas, dous deles diferentes superficialmente pero coincidentes no fundamental:
- Enfoque 1: o movemento do 15M é unha reunión de restos da sociedade, de xente non integrada incapaz de asumir compromisos concretos co seu tempo e que vive nas fantasías utópicas froito do cruce imposible entre certo neohippismo new age e determinadas correntes anarquistas-libertarias irreductibeis a todo intento de integración. Non se lavan, chean todo de lixo, as pulgas, o sexo libre e as drogas brandas son o seu selo de identidade por riba das esixencias políticas. Diagnose: que se retiren do espazo público e deixen á xente de ben levar a cabo os seus traballos honrados que son os que fan funcionar este país.
- Enfoque 2: o movemento do 15M representa unha erupción de saudable indignación crecida ao carón da crise económica e alimentada polos defectos dun sistema de partidos que exclúe a representación parlamentaria dos grupos minoritarios e permite o crecemento no seu seo de toda clase de elementos corruptos que, máis que amosar as feblezas do sistema, mostran as debilidades dos seres humanos en posicións de poder manexando grandes sumas de cartos. Diagnose: que se retiren do espazo público e formalicen as súas propostas nalgo concreto, que se incorporen ao activismo cívico e fagan valer as súas propostas nos foros pertinentes para rexenerar a vida pública e contribuir á mellora da democracia e de todo o sistema de representación que sostén a esta.
- Enfoque 3: o movemento do 15M representa o imposible que se volta real. Como acto ético constitúe unha impugnación de todo o sistema, da marca "democracia" como significante-amo desta etapa do capitalismo liberal. O movemento do 15M non pretende a reforma do existente senón a destrución do que hai, presentando como novidades formas de organización orixinais ao marxe das tradicionais. O movemento do 15M é un ensaio a pequena escala de algo máis grande que latexa nos recunchos das nosas sociedades, o alento dos que non teñen representación, da parte sen parte que carece de valor como interlocutor nas nosas sociedades. A súa existencia demostra que só os actos éticos impensables poden alterar o estado de cousas. O espontáneo, o non previsto, o fluxo do devenir-acontecemento, son as marcas da súa aparición. Diagnose: que a súa loita entre en conexión coas loitas anteriores, que as súas demandas fagan tremer as estruturas reificadas da nosa democracia liberal, que a súa voz sinale a aqueles que realmente-teñen-o-poder, e que das súas asambleas salgan novas palabras que substiúan ás vellas, que os seus soños xa non sexan os soños habituais, senón un máis alá do-que-hai que poida traer aquí e agora todo o que está sinalado como imposible: o vello sono revolucionario da igualdade e a liberdade verdadeiras, dotadas de contidos reais e non só teóricos.
(continuará)