Estás lendo

Proba de retorno #01

De súpeto todo se volta provisional. Pingas de chuvia esbarando sobre a superficie do parabrisas dun automóbil desprendidas con violencia polas escobillas que oscilan cunha frecuencia dunha vez cada dous segundos. De súpeto todo se volta provisional. Os refugallos dun anaco de pastel de améndoa esparexados sobre a mesa dunha librería-café branca e diáfana colocada sobre unha rotonda de grandes dimensións na fronteira entre o urbano e o rururbano de Cangas de Morrazo. De súpeto todo se volta provisional. A ducia longa de redes wifi que surcan o espazo radioeléctrico no cal conviven as lonxitudes de onda da tristura amortiguada dunha tarde de agosto de chuvia coa radiación microondas dos teléfonos móbiles que agardan silenciosos sobre a mesa o despertar que os traia á vida en forma de pico de radiación contra as súas antenas invisibles. De súpeto todo se volta tradicional. Un claxon ao lonxe clamando pola atención de alguén que aínda non existe mentras no interior da librería unha guitarra retorcida de distorsión oculta a voz dun home triste que trata de pasar desapercibido entre compases sincopados que soan vellos e repetidos e fatigados. De súpeto todo se volta tradicional. Unha conversa ao fondo da librería-café sobre automóbiles e autopistas e peaxes a pagar nunha voz de muller que trae no ton da súa voz ecos doutra persoa que coñeciches antes. De súpeto todo se volta previsible. Cojones, hostia, coño. De súpeto escoitas o móbil que estaba morto por riba da voz da muller por riba do claxón por riba dos impactos das gotas de choiva contra o cristal da librería-café por riba do home triste que se afoga entre ondas de distorsión e estacazos metronómicos. Ola. Son eu. Si.

Comentarios nesta entrada

Anónimo

Que ben que estás de volta, Willy.

No perdonamos

Lo del Toome si que fue provisional...

Mike Barja nunca lleva paraguas

Coño ¡¡¡
Llueve en Galiza. Eso si que es para escribir un post.

Pingas,meu,pingas.

Diótima

Celebro su regreso apreciado Willy. Empezaba a cansarme el largo paseo de venir aquí y no encontrar nada.

Manuel

Este post está plaxiado do meu estado psico-emocional ás dezasete trinta do 27 de agosto. Como tal miragre espazo-temporal é posible xa non é cousa que teña que ver conmigo. Son un simple notario da realidade interior.

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.