Estás lendo

- - - -


Vivo de frases alleas. Non me interesan os discursos. As frases como granadas de man estoupando de súpeto e levando a cabo unha doble tarefa: arrasar co terreo e iluminar durante uns segundos o contorno. E no deslumbramento trato de memorizar cada letra da frase que me caiu nas mans. Despois a repito para min mesmo durante un bó rato. Se vou no coche a frase que vive na miña cabeza pode abrir unha autoestrada paralela á que vou. Coma un mantra repito e saboreo as sílabas.


Así, fai un par de semáns escoiteille dicir a un psicoanalista moi no seu papel unha frase de Lacan, "a serie é o serio". As frases cheas de homofonías ata estoupar vóltanme tolo, e esta, en particular leva varios días sobrevoando o ceo da miña cabeza, proxectando sombras e deixando caer interrogantes sobre cada cousa que fago. Estou falando con alguén. A serie é o serio. Cantas veces falei con ese alguén? Unha? Dúas? Cinco? Cando empezou a serie? A serie das conversas cunha persoa. A das conversas con varias persoas. A serie dos encontros cos amigos. O momento en que un perde a seriedade. A serie dos dentes lavados tres veces ao día. A dos tres días de deporte á semana. Cando interrumpiches a serie? Cando deixaches de lado o coidado de ti? A serie das medidas de autocontrol para non aparentar máis estúpido do que semellas nen menos listo do que pensas. Esa serie, cando se interrumpeu? Cando quedei libre da miña tendencia a medir cada sílaba que saía da miña boca? Cando unhas series rematan outras ocupan o seu lugar. A serie de horarios de espertarse cada vez máis apurados. A serie de días que chegas tarde ao traballo. A serie das excusas inverosímiles e a das medidas que pensas tomar. A serie dos días seguidos sen comer outra cousa que graxas saturadas trans e hidratos de carbono rápidos. Haberá unha serie de series? A serie é o serio. Eu quero ser serio. Quero perseverar nalgunha tarefa que non sexa a inconstancia en si mesma. Repetir o mesmo dúas, cinco, quince, mil, noventa e dous millóns de veces. Deixar xa esa outra serie, a dos principios das cousas. Subir ao tren, tirarse pola costa, coller a ola, abrirse en canal, viaxar en bus. Deixo para outro post a outra frase que me martillea ultimamente: o novo só pode xurdir na repetición do mesmo. É dicir, non hai outra liberdade que non sexa a de facer o que xa se fixo antes. A serie, a serie, a serie.

Comentarios nesta entrada

Josep

¿Por qué ya no escribes en castellano? Aunque sea algún post, para los que no somos gallegos... (en catalán también puedes ;))
¿Y por qué escribes un gallego que parece portugués? Es como si yo escribiera catalán mezclado con italiano o francés :S
Saludos
(No es trolleo! Son cosas que pienso cuando me paso por aquí de vez en cuando :P)

Anónimo

Josep, se coñéce-lo galego tan ben como para suxerir que o de Willysifones é case reintegracionista, para que ques unha tradución?!
O de escribir ou non en galego non se debería convertir nun debate nin que a ti, Willy, che xurdan dúbidas.

cossimo

¿Y por qué escribes un gallego que parece portugués?

Sospeito que é porque willy ten un club de fans na freguesia de Macinhata da Seixa, concelho de Oliveira de Azeméis.

De calquera xeito, o devandito escribía un castelán que parecía galego así que...

La habitación invisible

Willy,ni caso,teu galego, mais ista entrada mergulló en min cousas olvidadas,tes razón a "serie" e o que é y así de supeto andamos e vivimos.

Anónimo

prescioso
preciso
c

willy

Josep, escribo en la lengua en la que quiero escribir, es tan obvio que casi me da vergüenza ponerlo (está en mi naturaleza ser obvio, lo sé). No es por fastidiar a nadie (la gente a la que me gustaría fastidiar nunca leerá este blog, claro).

A modo de ejemplo inverso, decirte que sigo con asiduidad el blog de Manuel Delgado, que está casi todo en catalán, y lo poco que no entiendo lo pongo en google translator y listo. Lo del portugués sí que me sorprende, mi gallego es tan aseadamente normativo que da asco en el sentido contrario al que dices.

Y, como dice Cossimo, mis posts en castellano tenían un deje galego bastante acusado que los hacía involuntariamente cómicos.

En cualquier caso, gracias por leerme (antes). Un saludo.

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.