Estás lendo

a ética do segredo bancario, unha reflexión panfletaria
Un informático suizo enamorado dunha libanesa pon á venda un CD cos datos de 1500 clientes dun banco helvético que, presumiblemente, son evasores fiscais dos seus países de orixe, Francia e Alemania principalmente. O goberno do pequeno Napoleón contemporáneo rexeita a oferta por parecerlle pouco ética. O goberno desa Margaret Tatcher contemporánea que é Angela Merkel di, OK, imos a por eles. Os alemáns desembolsan 2,5 millóns de euros e, de entrada, aspiran a recuperar 180. O informático libanés probablemente xa esté subido a algún avión coa súa amante libanesa. E a banca suiza, indignada polo feito, encabronada polo robo de datos, ameaza cun incidente internacional por violación do sacrosanto segredo bancario e por negociar con criminais.

As dúas acusacións que fai a banca suiza son os exemplos típicos de "a palla no ollo alleo e a viga no propio".

Os paraísos fiscais sosteñen o sistema financieiro mundial. Onde gardan os seus cartos os narcos? Onde gardan os seus cartos as mafias de todo o planeta? Onde gardan os seus cartos os tipos que trafican con mulleres, nenos, órganos, e calqueira cousa sucetíbel de ser mercada ou vendida (é dicir: todo)? Onde gardan os seus cartos os piratas somalíes? E Bin Laden? E Berlusconi e os seus socios? E os banqueiros, industriais e multimillonarios ultraricos evasores de impostos de todas partes? Sip. En contas opacas dalgúns dos trinta paraísos fiscais do noso mundo.

Os cartos "negros" vóltanse respectables neses lugares. Os dirixentes do planeta entero sábeno e consinten que existan. O FMI ou o BM ou a ONU non lles impoñen sancións. Non falan deles nos seus informes económicos nos que anuncian desgrazas. Os criminais que opern a escala mundial saben onde gardar os seus cartos. Os gobernos do mundo saben onde ter contas cifradas e opacas por si hai que pagar a uns mercenarios ou financiar algún grupiño antiterrorista. Todo o sistema financieiro mundial descansa sobre o seu vertedoiro. Os billóns de euros que sosteñen a merda na que vivimos entran as agochadas polas portas deses bancos deses paraísos fiscais e saen pola porta grande das grandes operacións financieiras internacionais limpos de toda culpa. Sen a pegada criminal da súa orixe. Por iso permíteselles existir.

Pero, ai, chega a crise e algúns estados precisan cartos. E resulta que coincide que un informático suizo ten unha lista de evasores e unha noiva libanesa que gosta da boa vida -din os xornais-. E vai o estado alemán e di, que coño, que son 2,5 fronte a 180. Se todo está en venda, se todo é mercancía sen importar condicións de orixe ou consideracións éticas de calqueira tipo (o lema do capitalismo neoliberal e, por suposto, destes paraísos fiscais), porqué non mercar un CD cunha lista de nomes? Hai algo menos delictivo que facer algo así? Un CD cunha lista de nomes. Texto plano para abrir co bloc de notas. Un non ten ni que ter o word instalado no ordenador.

Os bancos suizos levan unha boa dose da súa mediciña. Claro que o estado alemán negocia cun criminal e compra cousas roubadas. Pero eu me pregunto, que hostia levan facendo toda a súa vida os banqueiros suizos sen ter ningún problema? Ai, que as reglas éticas só valían para os outros. Que feo que un criminal lles robe cousas a eles. Eles, tan asépticos e limpos, tan lonxe do sangue e da fame e da miseria e da podremia do sistema global. De pronto teñen un problema cheirento na porta da súa casa, que aldraxe.

Ah si, está o problema do segredo bancario. Que van facer agora todos eses evasores e delincuentes a gran escala? De quen van a fiarse se xa nin siquera os eficientes bancos suizos son seguros? Quen lavará os cartos dos capos da mafia? Quen dará acougo aos cárteles da droga? Quen lles vai curar o corazón partido?

Estimados banqueros suizos: a f-o-d-e-r-s-e.

Comentarios nesta entrada

 

Este sitio está baixo as condicións dunha licencia Creative Commons.

RSS Feed. Feito con Blogger. Plantilla Modern Clix, deseñada por Rodrigo Galindez. Modern Clix blogger template por Introblogger.